Parlament balear insta ao Govern ao uso de SwL

O Parlament balear aprobou hoxe instar ao Govern balear a que a comunidade autónoma incorpore o software libre na administración pública.

A Proposición Non de Lei, presentada polos socialistas, contou co voto favorable de todos os Grupos da Cámara que consideran positivo que a Administración facilite o acceso da cidadanía ao software libre.

Respecto diso, o deputado do PSIB, Miquel Anxo Coll, apuntou que as novas tecnoloxías da información e da comunicación deben contribuír á integración e cohesión social, un obxectivo polo que deben velar as entidades públicas que, ao seu xuízo, teñen a responsabilidade de «crear vías para que as ferramentas dixitais sexan totalmente gratuítas«.

Desde o Grupo Mixto (UM), o deputado Bartomeu Vicens, encomiou a «efectividade, eficacia e austeridade» do software libre, cuxa aplicación, afirmou, mellora a competencia no libre mercado, favorece a investigación e reduce custos. Así mesmo, referiuse á aceptación que está tendo noutros lugares do mundo, como Alemaña e Francia, así como noutras comunidades autónomas que xa se sumaron a esta iniciativa.

Para rematar, o PP coincidiu nos beneficios que supón a implementación deste programa informático, dado que permitirá ás illas porse á altura doutras rexións do país que xa contan con este formato. «Esperamos que a proposta salga adiante dunha vez por todas e non só quede nunha mera declaración de intención«, espetou a deputada popular, Misericordia Sugrañes.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp