SwL nas fragatas españolas?
A cuestión é agora plantexada desde que se rexistrase no Índico un incidente que ata agora non transcendera aos medios de comunicación e no que, segundo parece, a fragata española da clase F-104 «Méndez Núñez» desenvolvida polos estaleiros Izar en Ferrol, do tipo máis moderno da Armada e probablemente o máis avanzado do mundo, fose burlada por piratas somalíes mediante algunha técnica informática intrusiva (o que os telexornais nomean como ‘hacking‘ e debería ser ‘cracking‘).
É dicir, os piratas somalíes secuestran barcos e mailos seus ocupantes (isto si é piratear e non o da descarga de músicas e pelis en redes P2P) e tamén son profesionais dabondo para rachar a seguranza de equipos informáticos dunha potencia occidental e, moi probablemente, acho que sen alardes de hardware e persoal cualificado.
A ministra Carmen Chacón deu unha orde inmediata: facer un estudo con caracter de urxencia das especificaciones técnicas para licitar un novo software cun perfil de vulnerabilidade ínfimo, tan ínfimo que parece que só aplicacións preexistentes de software libre poderían cumprir cunhas esixencias verdadeiramente draconianas. Ata aquí todo ben para o SwL..
Porén, en medios técnicos da mariña española sinalan: «O problema é a falta de discreción que implica unha licitación tan precipitada, sobre todo se non se realiza por procedemento restrinxido a empresas con especificacións de seguridade fiables e certificadas. Pero, polo demais, a verdade é que desde que o almirantazgo británico tomou a decisión de equipar con Windows XP os seus submarinos nucleares, aquí non as tiñamos todas. Se logramos persuadir á señora Chacón de que modere a urxencia, a idea de seu é moi plausible«. Xa sabemos que as certificacións de seu acáenlle ben ao modelo de sw privativo e non ao Libre , toda vez que o desenvolvemento «libre» e contínuo, comunitario, etc.
O sistema de combate AEGIS é un sistema moi avanzado de adquisición e seguimento automático e tridimensional de brancos, de gran eficacia sobre todo no combate antiaéreo. A particular arquitectura do seu software de xestión podería casar extraordinariamente ben con varias distribucións comerciais ou comunitarias, evidentemente modificadas para o propósito concreto. Entre os enxeñeiros da Armada, Fedora goza dun sólido predicamento e moitos especialistas utilízano nos seus escritorios particulares.
Fonte apuntando cara a Frikipedia.
Agora a pregunta: será isto unha inocentada?
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Hasefroch, Negocios, Seguridade por Roberto Brenlla
