Goberno do Brasil leva aforrados 55 millóns de euros grazas ao SwL

O presidente do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de gastar máis de R$ 150 millóns (uns 55 millóns de euros) nos últimos anos.

Só co Expresado (solución libre de correo-e, axenda, catálogo e fluxo de traballo) foron aforrados R$ 30 millóns (~11 millóns de euros), «e olhe que ele ainda está sendo instalado.  Já está no Serpro, grande parte do Ministério da Fazenda, Presidência da República, Fundação Chico Mendes… Quando estiver no governo como um todo, a economia será bem maior«, di Mazoni.

O Serpro está facendo un novo análise sobre o uso de software de código aberto no goberno, que debe estar listo a fin deste mes. Segundo Mazoni, alén do propio Linux nas estacións de traballo dos órganos públicos, as estrelas entre os programas libres usados son a oficina electrónica representado polo BrOffice (con procesadores de textos, follas de cálculo, presentacións etc), sistemas de bases de datos como o Postgres, e aplicacións desenvolvidas na linguaxe Java, «que não nos obrigam a ter um sistema operacional proprietário nas máquinas«.

«Temos um sistema estruturante próprio (framework), e se isso fosse proprietário custaria uns R$ 20 milhões. Seu uso gera economia direta, e isso sem falar dos programas e soluções desenvolvidos com suas ferramentas«, di. «Por isso, as políticas de incentivo em TI devem fazer com que o sistema de desenvolvimento de programas siga a lógica do software livre, uma lógica de cooperação em que o trabalho seja remunerado, e não os royalties«.

«Ao fazer essa opção, diz, o governo sinaliza um caminho diferente para a indústria e o comércio, em que a evolução tecnológica anda de mãos dadas com a evolução do conhecimento (e da própria sociedade, o que é no fim das contas o objetivo principal da filosofia do free software)«.

Na parte final do evento carioca Free Software Rio, Mazoni comparou a cuestión do software á invención do avión e á eterna rixa entre os irmáns Wright e o brasileiro Santos Dumont. Mentres os primeiros levaran dez anos para perfeccionar o seu invento, xa estaban creando coñecemento propietario con vistas a patentes e pouco podían contar con estándares coñecidos, Santos Dumont creou o 14 Bis nun ano usando todo o coñecemento público dispoñíbel sobre aerodinámica na época. Despois, cando creou o Demoiselle, liberou todos os datos sobre el. «Foi a primeira licenza Creative Commons da Historia«.

Fonte.

Enténdase ben, os 55 millóns de euros aforrrados son só no goberno federal. A cifra global do aforro de todo o país, incluíndo gobernos dos 26 estados, prefeituras, empresas, outras entidades e persoas físicas, é outra ben maior.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Portátil con Ubuntu e mailo seu logo estampado na tapa

A Gazelle Ultra de System76 é un portátil de 13.3″ cun lector biométrico que inclúe Ubuntu 8.10 «Intrepid Ibex» de 64 bits preinstalado. Por US$ 899 (uns 721€) a configuración básica da Gazelle Ultra ofrece un CPU Core Duo T3200 2.0 GHz, 2 Gb de RAM DDR2 de 800 MHz, vídeo Intel X4500HD, disco de 160 Gb, regrabadora de DVD, Wi-Fi Intel Link 5100 e un ano de soporte técnico.

O máis chamativo de todo pode ser a estampación do logo de Ubuntu na tapa do portátil e no teclado:

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conhecimento hacker

Assim, em português do Brasil, deixo em título um resumo de duas frases com as que assina Marco Lima, amigo com quem compartilhei boms tempos no Porriño (2006) e Lisboa (2007).

Eis as frases:

«Ter acesso ao conhecimento é um dever de todos; transmitir conhecimento é um dever de quem tem.«

«Na visão do hacker, o sentido da vida está em dedicar-se a uma paixão. Esta paixão é, na realidade, uma atividade significativa, inspiradora e prazerosa para o indivíduo, seja ela rotulada como «trabalho» ou como «diversão».«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

III Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo, volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 18 de Decembro.

As xornadas están patrocinadas por Igalia e Mancomun e encádrase dentro do convenio asinado polos LUGS galegos e mancomun. Ademáis nas xornadas colaboraran o GLUG , Thinetic Systems , Openhost , CGA, TEGNIX e a OSL-USC .

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30-9:30 Administración da rede educativa, baseada en swl, máis grande do mundo.

    Poñente: Rodrigo Salvador de la Concha, CGA.

  • 9:30-10:30 TCOS: terminais lixeiros en swl.

    Poñente: Mario Izquierdo, Thinetic Systems.

  • 10:30-11:00 Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org

    Poñente: David Martínez Carballo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.

  • 11:30-12:30 – Ventaxes do SwL para as pemes

    Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX.

  • 12:40-13:50 – Taller de traducción de software ó galego.

    Poñente: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.

  • 13:50-15:00 – Taller de Inkscape.

    Poñente: Denís Fernández Cabrera, Presidente de GLUG e membro da OSL-USC.

As xornadas están abertas a calqueira que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de expourense.

A esta xornada acudirei trala da CEP (Confederación Empresarial de Ourense) que terá lugar o mércores 17 ás 17 hs e da que tes máis información aquí.

Mapa (feito por Keko).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mapa conceptual do SwL (2005)

Segundo as miñas anotacións, en decembro de 2005 traducira o Mapa Conceptual de Sw Libre de René Mérou, daquela feito co OOo Draw 2.0. Lembro que o traducira, engadira algunhas imaxes para ilustralo e até lle enviara notificación co resultado final a René. Por suposto, ese mesmo mapa emprégoo a miúdo e moita xente que vira algunha das miñas presentacións saberá del.

Unha versión actualizada del foi traducida estes dias pola OSL (Oficina de Sw Libre) da USC e podes descargala en diversos formatos e tamaños A Facebook A Twitter

Video breve: rm -rf /

Se por un casual estás coma «root», é dicir administrador do sistema, e tes a intención de facer un borrado recursivo e forzado do directorio raíz do teu sistema, eis en video o que acontece:

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Freedomdefined.org, licenzas para obras culturais libres

Un dos moitos sitios web recomendados polos que interviron nas pasadas Xornadas de Dereito TIC foi o de freedomdefined.org.

Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as «obras culturais libres» (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe certas restricións admisibles que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición distingue entre obras libres e licenzas libres que poden usarse para protexer legalmente o status dunha obra libre. A propia definición non é unha licenza, senón unha ferramenta para determinar se unha obra ou licenza debería considerarse «libre».

Alén do amplo contido do sitio, destacaría o cadro resumo e comparativo das licenzas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Stallman, Cloud Computing é estupidez

Deixo claro que ese é o título traducido da nova que fai referenza a unha entrevista feita polo fundador da FSF, Richard M. Stallman, ao xornal The Guardian.

A idea de empregar programas baseados na web como o Gmail de Google é «peor ca estupidez«.

O Cloud computing (computación en nube) é «un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)«, segundo a Wikipedia. Este tipo de tecnoloxía está a ter un gran pulo nos últimos tempos grazas ás tecnoloxías de empresas como Google, Micro$oft e Amazon.

Pero Richard Stallman cre que o cloud computing é unha trampa que pretende forzar á máis xente a mercar sistemas pechados e privativos que custarían máis e máis co decurso do tempo.

«É unha estupidez. É peor ca estupidez: é unha campaña de hiper marketiing«, dixo ao xornal.

«Alguén di que isto é inevitablee cada vez que escoites alguén dicíndoo é como se fose unha campaña comercial para facelo realidade«.

Stallman cre que os usuarios de computadores deberian ser entusiastas á hora de manter as súas informacións nas súas mans no canto de deixalo en terceiras partes.

«Unha razón pola que non deberías usar aplicacións web é que perdes control. É tan ruin como empregar progarams privativos. Fai a túa computación no teu propio computador coa túa copia de programa que respecta a liberdade. Se usas programas privativos ou un servidor de alguén, estarás indefenso. Estás nas mans de quen desenvolve tal software.«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Prof. Tanenbaum amosa cal é o sistema operativo ideal

A batalla entre o creador do Minix Andrew S. Tanenbaum e Linus Torvalds é lendaria no mundo dos sistemas operativos. Antes de Linux había Minix. Torvalds creou a súa primeira versión de Linux en 1991 sobre o sistema do profesor Tanenbaum. Agora, o sr. Tanenbaum decidiu escribir un artigo para Linux Magazine. A súa opinión non mudou ao longo dos anos: Linux (e Window$) “non son confiábles”.

Logo de definir o termo «dispoñibilidade» (se 99% dos usuarios xamais proba calquera fallo durante todo o período en que o posúen),  Tanenbaum sinala que o problema básico é que os softwares conteñen erros (bugs), e canto máis software, máis bugs.

A solución para ese problema é retirar código do kernel, no cal o dano pode ser máximo, e colocar en procesos do espazo do usuario, onde bugs non conseguen causar fallos de sistema. É así que o MINIX 3 está proxectado. O sistema MINIX actual foi radicalmente revisado para se tornar un sistema altamente dispoñíbel e auto-recuperável. Segue no artigo unha breve descrición da arquitetura do MINIX pero tes máis información en www.minix3.org.

O MINIX 3 é proxectado para rodar o mínimo de código posíbel no modo do kernel, en que bugs poden facilmente ser fatais. En vez de 3-4 millóns de liñas de código no kernel, MINIX 3 ten aproximadamente 5.000 liñas de código no kernel. Às veces, os kernels dese tamaño son chamados de microkernels. Eles xestionan procesos no baixo nivel, escalonamento, interrupcións, reloxo e fornecen algúns servizos de baixo nivel para compoñentes do espazo do usuario.

Por que ninguén os usa?

Na verdade, usan, si. Probabelmente vostede executa varios deles. O seu teléfono móbil, por exemplo, é un computador pequeno, mais común en todos os outros aspectos, e hai unha boa oportunidade del executar o L4 ou o Symbian, outro microkernel. O router de alto rendimento da Cisco tamén usa un microkernel. Nos mercados militar e aeroespacial, en que dispoñibilidade é fundamental, o Green Hills Integrity, outro microkernel, é amplamente usado. O PikeOS e o QNX tamén son microkernels amplamente usados en sistemas industriais e embebidos. Noutras palabras, cando é realmente importante que o sistema “simplemente funcione todo o tempo”, as persoas usan microkernels. Para máis informacións sobre ese tópico, vexa www.cs.vu.nl/ast/reliable-os/.

asennadas (un resumo do artigo da Linux Magazine)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentouse Galinux co apoio da comunidade

Si, ben é sabido que nos fíos destes últimos dias nas listas de asociacións de SwL houbo moito material debatido e dos que aínda restan temas por aclarar pero onte todo isto fiocu en segundo plano para amosar a unión de obxectivos xerais dos GUGLs, empresas e demais entes implicados. Era o momento de celebralo e así se fixo.

A xornada principiou coa intervención de Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, resumindo todo o proceso acontecido nestes últimos anos en SwL e dando apuntamentos do que pode ser unha segunda fase desta longa andaina.

De seguido interviu Claudio F. Filho de TEGNIX explicando a experiencia brasileira, tanto erros como éxitos acadados, así como directrices e exemplos de migracións nos que participou. Foi unha mágoa que, se cadra por un exceso de nerviosismo, lle instasen a rematar prematuramente xa que logo houbo tempo máis ca sificiente ata a chegada de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria.

O conselleiro foi quen de oficializar a presentación de Galinux, unha personalización baseada en Ubuntu grazas ao desenvolvemento de Mancomun.org, nomeadamente AraOS. Tamén presentou o video divulgativo que se distribuirá ao público e que foi do agrado (acho que) unánime dos asistentes ao evento.

Tralo descanso houbo unha mesa redonda presidida por Suso Baleato, Coordenador do Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre, na que interviron Javi Vázquez, presidente de AGASOL, Denís Fdez. Cabrera, presedente do Glug en representación dos GUGLs (grupos de usuari@s de GNU/Linux), Enrique Estévez da Oficina de SwL da USC e Felipe Gil, coordenador do grupo de tradución de Ubuntu ao galego. O público asistente foi intervindo presentado polo propio Suso. Entre todos os comentarios salientaría os de Antonio Pérez Casas sobre a necesaria consolidación dunhas bases xerais ata poder chegar á presentación de Galinux, calificándoo como un fito máis no longo percorrido que resta por andar; os de Javi Vázquez facendo énfase no declive da sociedade baseada no petróleo e subliñando a oportunidade histórica que temos de coller o tren da sociedade do coñecemento; os de Denís salientando a abundante dispersión do movemento asociativo; os de Enrique Estévez sobre as dificultades que atopa para difundir o SwL na USC e maila necesidade de termos máis persoal cualificado formado dende as universidades; os de Felipe Gil, sobre o por que de facer traducións voluntarias alén da creación dunha vindeira comunidade galega de usuari@s de Ubuntu, etc.

Formei parte do público e, por sorpresa, foi requerida a miña opinión por Suso presentándome como «o avó«, promotor do «GNU/Linux para o pobo» nomeado posteriormente como GNIX. Enfaticei en que a comunidade é plural, temos que abrirnos á sociedade, implicándoa e solicitando a colaboración dos diferentes perfís, sexan da avogacía, deseño, documentación, tradución, difusión… e, loxicamente, da tecnoloxía. Amosei o meu acordo coa tese defendida por Antonio Pérez Casas de termos primeiro unha base sobre a que publicar Galinux.

Persoalmente síntome moi ledo por comprobar como Galinux semella aquel proxecto «para o pobo» que promovía en 2003, que logo apostou só pola personalización dunha Ubuntu, sen reinventar a roda. Velo agora andar, co nome que seña, dame moita alegría. Ademais, mancomun.org, o PEGSI, a Rede de Dinamización, AGASOL… fan un conxunto homoxéneo que nos debe encher de orgullo a quen participamos desta dinamización a prol da implantación da liberdade tecnolóxica e do coñecemento na nosa sociedade.

Foi un dia de festa, con certeza!

E voltando ao comezo deste artigo tamén non é menos certo que a batalla continúa.

asennadas

P.D.: Pedro Silva «goretoxo» publicou estes breves videos sobre o evento e mailo video oficial:

oficial de Galinux

Chuzame! A Facebook A Twitter

Está roto o modelo Open Source?

Así o cre Stuart Cohen, anterior CEO de OSDL (Open Source Development Labs), a organización sen fins de lucro destinada a promover Linux e que actualmente emprega a Linus Torvalds. Stuart escribiu nun artigo publicado en BusinessWeek que o modelo de negocios tradicional do Open Source, que se basea en vender soamente soporte e servizos, está roto.

«Para os que non estiveron prestando atención á industria do software ultimamente, téñolles malas novas. O modelo de negocios do Open Source está roto. O código Open Source xeralmente é moi bo e non require moito soporte. Así que as empresas Open Source que confían soamente en soporte e servizos non durarán moito neste mundo«.

«A menos que os vendedores de Open Source atopen novas formas de agregar valor para os seus clientes, especialmente na (actual) contorna económica, o crecemento das súas compañías está en serio risco«, escribiu Cohen.

O amigo Tonio Castro foi quen me recomendou este artigo, baseado noutro de Slashdot.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Parlament balear insta ao Govern ao uso de SwL

O Parlament balear aprobou hoxe instar ao Govern balear a que a comunidade autónoma incorpore o software libre na administración pública.

A Proposición Non de Lei, presentada polos socialistas, contou co voto favorable de todos os Grupos da Cámara que consideran positivo que a Administración facilite o acceso da cidadanía ao software libre.

Respecto diso, o deputado do PSIB, Miquel Anxo Coll, apuntou que as novas tecnoloxías da información e da comunicación deben contribuír á integración e cohesión social, un obxectivo polo que deben velar as entidades públicas que, ao seu xuízo, teñen a responsabilidade de «crear vías para que as ferramentas dixitais sexan totalmente gratuítas«.

Desde o Grupo Mixto (UM), o deputado Bartomeu Vicens, encomiou a «efectividade, eficacia e austeridade» do software libre, cuxa aplicación, afirmou, mellora a competencia no libre mercado, favorece a investigación e reduce custos. Así mesmo, referiuse á aceptación que está tendo noutros lugares do mundo, como Alemaña e Francia, así como noutras comunidades autónomas que xa se sumaron a esta iniciativa.

Para rematar, o PP coincidiu nos beneficios que supón a implementación deste programa informático, dado que permitirá ás illas porse á altura doutras rexións do país que xa contan con este formato. «Esperamos que a proposta salga adiante dunha vez por todas e non só quede nunha mera declaración de intención«, espetou a deputada popular, Misericordia Sugrañes.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp