Jubarte, analizador de enlaces de telecomunicacións
Jubarte é un proxecto de Software Libre que ten o obxectivo de crear unha suite completa de aplicativos para cálculo e a análise da viabilidade de enlaces de telecomunicacións. O programa contempla:

- Radio
- Enlaces Punto-a-punto en visón
- Obstrucción de elipsoides de Fresnel
- Fibras ópticas
- Análise de enlaces ópticos en canto a atenuación e dispersión de sinais.
- Definición de perfil da fibra.
- Satélites
- Cálculo de elevación, arco e ángulo de polarización de antenas para satélites xeoestacionais.
- Análise de viabilidade de enlace.
- Cálculo de FI para MODEMs e conversores de subida e baixada.
- Definición de transponders en uso na banda C.
O software está sendo desenvolvido a través da IDE do proxecto Lazarus, utilizando a linguaxe Object Pascal. O aplicativo está sendo distribuído sobre licenza GPL, daquela a súa utilización e distribución son completamente libres. O programa posúe versións para Linux(Gtk) e Windows(win32).
Jubarte é desenvolvido por Benjamim Góis Ildefonso da Asubiar, antigo desenvolvedor do Mux Linux. O autor non se responsabiliza polo uso do aplicativo.
Souben de Jabuarte (pantallas, descarga) por esta fonte.
En: AGNIX, Brasil, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
É o maior cambio no comportamento de 




Vexamos uns exemplos. A Wikipedia ten unha entrada baixo o epígrafe 

