BRL-CAD, un AutoCAD libre

Creado polo exército norte americano o BRL-CAD é un programa do tipo CAD (Computer Aided Design, deseño asistido por computador), cun desenvolvemento activo de máis de 20 anos!, open source (licenzas BSD, GPL e LGPL), moi semellante ao privativo AutoCAD. Con el poderás facer proxectos electrónicos, pezas, ferramentas, vestiario, pezas automobilísticas, casas completas ou só unha parte, planta dunha superficie, en fin, os máis detallados deseños en dúas ou tres dimensións (2D ou 3D).

BRL-CAD é multiplataforma, é dicir, ten versións para todos os sistemas operativos o cal garante unha xenerosa vantaxe sobre os aplicativos similares.

Concordo coa fonte desta nova xa que a pesar do potencial deste software e da súa importancia económica non hai comunidades de usuarios/as de tipo CAD (enxeñería, arquitectura, proxectistas en xeral), programación e tradución, para promover probas, adaptacións, perfeccionamentos e, de existiren, a eliminación de erros.

Livre S.O. compilou e creou o paquete instalable da última versión facilitada deste software. Trátase dun paquete beta, de 105 MB, con máis de 400 aplicativos en modo texto xunto ao MGED que é o modelador gráfico da suíte BRL-CAD. En teoría, este paquete poderá ser instalado en calquera distribución baseada no Debian Stable, non obstante algunhas bibliotecas básicas serán atualizadas.

Tras instalar o paquete, toda a suíte de aplicativos poderá ser encontrada no directorio /opt/brlcad. Vostede poderá executar estes aplicativos premendo en «Aplicacións-> Gráficos-> BRLCAD«

Para instalar o BRL-CAD basta adicionar o repositório de Livre S.O. á súa sources.list, procurar no Synaptic o paquete brlcad e executar a instalación tal e como se explica neste sitio.

A ver se dunha vez conseguimos quitar de diante o lastre do aplicativo privativo de turno, sen dúbida, un dos lastres que persisten para que varias persoas troquen a SwL.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp