Ubuntu 8.10 Studio + Games

Decidín instalar nun PC un sistema que cubrise as necesidades familiares. Entre estas están a música (edición de partituras e midi, conversor de formatos…), video (principalmente produción e TV), ofimática e xogos (instalándoos se son educativos e/ou amenos, non bélicos). Acontece que non estou moi posto nin en música como xogos, a lo menos ao nível demandado, polo que pensei (e acho que acertei) facer unha combinación a partir da Ubuntu Studio 8.10 engadíndolle repositorios de xogos e aplicacións ofimáticas.

Ese PC tiña instalado unha Ubuntu do 2006 e dende aquela a hoxe houbo unha serie de melloras que tería que ter presente. Gaim pasou a ser Pidgin, Evolution mellorou o seu sistema de copia de seguridade e sistema, etc. Daquela seguín os seguintes seis pasos:

1.- Copia de seguridade do sistema anterior

Teño un disco duro externo e nel envorquei os datos do sistema orixinal. Realmente este paso foi feito polo compañeiro e amigo Carlos, quen traballa conmigo en TEGNIX. Na consola se executou:
sudo su -
passwd (púxose un contrasinal provisional a 'root')
cd /media/disk
mkdir backup-20090109
cd /
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090109/
cd /home/
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090109/home/

2.- Copia de seguridade do Evolution

Para ilo seguín os pasos deste artigo. Na actualidade, caos novas versións de Evolution xa non é preciso isto, abonda con copiar o directorio completo (~/.evolution)

3.- Instalación básica de Ubuntu Studio


Bastante doado agás porque desexaba ter o sistema de ficheiros XFS (é GPL e posúe un excelente rendemento -olla en Debian Etch-), comprobado en varios sistemas nos que o instalei). Ese sistema de arquivos non está soportado directamente polo xestor de arranque Grub en Debian e afíns (ao parecer si o está en OpenSUSE, Fedora, etc).

Para a instalación xeral seguín este manual de Howtoforge. Para poder instalar Grub co sistema de arquivos XFS empreguei este artigo que corrixe un erro deste outro no que semella basearse.

4.- Restaurando o contido gardado

Só restaba restaurar o contido que levara para o disco externo (feito no punto 1. Isto pode facerse doadamente de varios xeitos, por exemplo, co clásico mc -MidnightCommander-) e mailo cliente de correo-e Evolution (comentado no punto 2). O demais son só personalizacións.

5.- Tarxeta sintonizdora de TV

A miña taxeta é a Conceptronic CONTVFMi, é dicir, unha Bt878 segundo me sinala a saída do comando «dmesg | grep bttv*». Comprobo na lista de tarxetas Bttv do kernel, sección video4linux, que corresponde á número 120.

Daquela só tiven que engadir a liña:

options bttv card=120 radio=1 remote=0 pll=1

ao final de /etc/modprobe.d/options. Logo de reiniciar abro a miña aplicación preferida para ilo: tvtime. Só restou sintonizar as canles e axustar ao meu gusto.

Se queres un artigo sobre sintonización de TV en Ubuntu tes este.

6.- Instalación doutros repositorios, incluíndo os de Ubuntu Games

No propio manual de Howtoforge suxiren activar o repositorio «partner» e «medibuntu». Precisei dalgún máis para poder dispor de códecs privativos para a contorna multimedia que pretendía. A máis engadín o de Ubuntu Games. Daquela o meu arquivo /etc/apt/sources.list fica tal como así (eliminei os que non emprego):
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid main restricted
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid-updates main restricted
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid universe
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid-updates universe
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid multiverse
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid-updates multiverse
deb http://de.archive.ubuntu.com/ubuntu/ intrepid-backports main restricted universe multiverse
deb http://archive.canonical.com/ubuntu intrepid partner
deb http://security.ubuntu.com/ubuntu intrepid-security main restricted
deb http://security.ubuntu.com/ubuntu intrepid-security universe
deb http://security.ubuntu.com/ubuntu intrepid-security multiverse
deb http://archive.ubuntugames.org intrepid main

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Responses to “Ubuntu 8.10 Studio + Games”

  1. [...] non está ben atendido polas distintas distros. Por exemplo, hai que prestar atención á hora de instalalo e non inclúe á súa defragmentación no cron e nin tan sequera instala o seu [...]

  2. [...] máis repetín uns pasos para ter todos os meus datos a salvo: sudo su – passwd (puxen un contrasinal provisional a ‘root’) [...]

Olark Livehelp