Jubarte, analizador de enlaces de telecomunicacións

Jubarte é un proxecto de Software Libre que ten o obxectivo de crear unha suite completa de aplicativos para cálculo e a análise da viabilidade de enlaces de telecomunicacións. O programa contempla:

  • Radio
    • Enlaces Punto-a-punto en visón
    • Obstrucción de elipsoides de Fresnel
  • Fibras ópticas
    • Análise de enlaces ópticos en canto a atenuación e dispersión de sinais.
    • Definición de perfil da fibra.
  • Satélites
    • Cálculo de elevación, arco e ángulo de polarización de antenas para satélites xeoestacionais.
    • Análise de viabilidade de enlace.
    • Cálculo de FI para MODEMs e conversores de subida e baixada.
    • Definición de transponders en uso na banda C.

O software está sendo desenvolvido a través da IDE do proxecto Lazarus, utilizando a linguaxe Object Pascal. O aplicativo está sendo distribuído sobre licenza GPL, daquela a súa utilización e distribución son completamente libres. O programa posúe versións para Linux(Gtk) e Windows(win32).

Jubarte é desenvolvido por Benjamim Góis Ildefonso da Asubiar, antigo desenvolvedor do Mux Linux. O autor non se responsabiliza polo uso do aplicativo.

Souben de Jabuarte (pantallas, descarga) por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp