Na procura de fianciamento para axilizar os desenvolvementos

A Comunidade somos todos/as, desde quen desenvolve ou traduce ata quen usa ou exerce mecenado interesado.

Acontece que nestes últimos dias estanse a producir iniciativas pro-activas co gallo de acadar o financiamento necesario para axilizar os desenvolvementos do SwL.

Así, GNOME dispón da campaña «Became a friend of GNOME» (Faite amigo de GNOME) cos seus apartados:

  • Adopta un hacker, 10 dólares mensuais
  • Asóciate, dende 25 a 500 dólares
  • Patrocina, de 500 a 1200 dólares
  • Sexa mecenas, a partires de 1200 dólares

Pola súa banda, KDE está a promover as diversas alternativas ás que a comunidade pode destinar doazóns, sinalando como exemplos os de Amarok, KOffice e até outros de tipo artístico, no seu sitio openDesktop.org.

Alén dos casos de financiamento vía mecenado, moitas veces directamente implicado por intereses recoñecidos como o que acontece co desenvolvemento do kernel Linux ou do servidor web Apache, podemos ollar un par deles que pagan a pena salientar pola proximidade das datas no que se conqueriron grandes resultados.

Jimmy Wales, mentor da Wikipedia, xa o fixera antes pero desta vez as expectativas superaron tódalas previsións porque o seu chamamento a prol de financiamento voluntario implicou unha recadación de máis de 6 millóns de dólares apenas nunha semana!

Outra proba do poder económico do voluntariado vén da actualidade política. No canto da clásica financiación empresarial á que recurren os partidos políticos, Obama foi quen de acadar o máis dobre do seu opoñente republicano. Namentres este seguíu a liña clásica de contactos empresariais que lle aportasen os cartos para a campaña republicana, o democrático elixiu a liña 2.0: «vaite á miña web e ingresa o que poidas«. E a masa social ingresou! Agora Obama débelle á sociedade, non ás empresas.

Poderemos a comunidade repetir estes casos de éxito? Seremos agradecidos dabondo como para facilitar un desenvolvemento do SwL aínda máis veloz có actual? Complementaremos o esforzo voluntario co económico? Confío en que si, conformaríame que fora en menor intensidade cós exemplos Wikipedia ou Obama.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL na Cámara de Comercio de Ferrol

A Cámara de Comercio de Ferrol acollerá o 20 de xaneiro ás 19 hs a xornada informativa «Software libre contra a crise. Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL». O obxectivo é dar a coñecer ás empresas da súa demarcación as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para o tecido empresarial, especialmente en tempos de crise.

Esta sesión organízase en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e coa Consellería de Innovación e Industria.

Os asistentes recibirán información sobre que é o software libre e os estándares abertos, así como sobre as súas vantaxes competitivas (aforro, adaptabilidade, independencia…) e poderán  coñecer casos de implantacións de éxito en empresas e administracións públicas.

Ademais, no decurso da xornada, vaise presentar e entregar aos participantes o DVD Ferramentas informáticas para a peme, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe unha ampla colección de software empresarial libre, gratuíto e legal.

Entre as aplicacións que incorpora este DVD figuran a suite ofimática OpenOffice.org, o navegador Firefox, o cliente de correo electrónico Thunderbird ou a ferramenta para a xestión de proxectos Openproj.

Os contidos da xornada están orientados, preferentemente, a persoal da dirección da empresa (xerencia, finanzas, estratexias..) e aos responsables de tecnoloxías da información.

A asistencia é gratuíta, unha vez realizada a inscrición correspondente que se pode formalizar no departamento de innovación da Cámara de Comercio (981 333165; innovacion@camaraferrol.org)

Parágrafos tomados intergarmente deste anuncio.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sentenza Copyleft en Pontevedra (Javier de la Cueva)

Javier de la Cueva fai unha análise dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra ditada o pasado 31 de xullo de 2008.

Os feitos foron os seguintes: a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGA€) demandou ao establecemento El Monstruo de un Solo Ojo reclamándolle a cantidade de 1.325,70 euros como importe da música que se reproducía no local. Aproveitamos para reiterar a explicación de que a SGAE non pon multas (é unha asociación privada), senón que reclama importes que lle corresponden como un provedor máis dun establecemento (como o fan os provedores de bebidas, electricidade, gas, etcétera). A SGAE fornece a música e se esta é de autores aos que representa, ten dereito a cobrar. No establecemento, segundo a sentenza, só se reproducen dous tipos de música: música libre e maquetas de autores noveis.

En primeira instancia o Xulgado determinou que a SGAE non tiña dereito a cobrar e rexeitou a demanda, con expresa imposición de costas a devandita entidade, sentenza que agora ratifica a Audiencia Provincial de Pontevedra, volvendo impor as costas á SGAE.

En dúas ocasións anteriores a Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante sentenzas de datas 29 de novembro de 2005 e 25 de febreiro de 2008, rexeitara os recursos doutros establecementos que alegaban o uso de música libre: o primeiro deles era unha cafetería sita en Marín e, o segundo, a Sala a Iguana.

(…)

Tal e como conclúe de la Cueva:

É unha boa nova este rigor da Audiencia de Pontevedra, que vén demostrar que se se proba correctamente o uso de música libre, non hai problemas para modificar criterios contrarios de resolucións anteriores dunha Audiencia Provincial. Os profesionais do Dereito coñecemos que poden existir criterios diferentes no ámbito de diversas Audiencias. Con todo, tras esta resolución, sabemos que o criterio é coincidente entre as Audiencias Provinciais de Madrí, Valencia e Pontevedra, as únicas que, ata esta data, resolveron sobre este tipo de música libre.

e, lido o anterior, recomendo o que escribira uns poucos dias atrás neste artigo. Promocionemos músicas Creative Commons porque habelas hainas!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007.

No ano 2006 xa publicaran unha primeira versión sobre a GPL 2 que actualizamos en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de Propiedade Intelectual española. A versión sobre a GPL v2 podédela descargar nesta ligazón.

Ademais do estudo referido á versión 3 da GPL, nesta ocasión, o informe inclúe a partires da páxina 39 un resumo doutro tipo de licenzas opensource para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades. Entre estas están as MPL, BSD, Affero, Apache, CCDL, etc.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Balance do Plan Avanza (2006-2008), comeza o Plan Avanza2

A nota de prensa deixa como subtítulo «O Plan Avanza pecha unha etapa de éxito e afronta unha nova fase para consolidar a Sociedade da Información en España«.

No período 2006-2008, o Plan Avanza mobilizou 6.614 millóns de euros, dos que o Ministerio de Industria achegou 4.500 millóns. Actualmente 23,6 millóns de cidadáns conéctanse a Internet, fronte aos 11,7 millóns que o facían en 2003, e o 97% das empresas conectadas a Internet fano a través de banda ancha. 174.000 familias e 100.000 PEMES beneficiáronse dos préstamos ao 0% de interese para a adquisición de equipamento TIC. O Plan Avanza2, a nova fase do plan, busca dar un salto cualitativo no desenvolvemento da Sociedade da Información e estruturarase en cinco liñas: desenvolvemento do sector TIC (PEMES), Servizos Públicos Dixitais, infraestrutura, capacitación e confianza, seguridade e accesibilidade.

A nova fase de Avanza, o Plan Avanza2 estará vixente de 2009 a 2012. Para o ano 2009, o orzamento destinado supera os 1.500 millóns de euros, cos que pretende crear preto de 45.000 empregos directos e indirectos anuais no período 2009-2012. É dicir, case 200.000 empregos de elevada cualificación nos próximos 4 anos.

O Plan Avanza2 centrarase nas seguintes áreas de actuación:

Desenvolvemento do sector TIC (Pemes)

Apoiar ás empresas que desenvolvan novos produtos e servizos con elevado compoñente TIC e promover a participación industrial española na construción da Internet do Futuro, con especial atención aos contidos dixitais.

Servizos Públicos Dixitais

Impulsar o desenvolvemento e a implantación da Sociedade da Información mellorando a prestación dos servizos públicos electrónicos ao cidadán e as empresas mediante o uso das TIC.

Infraestrutura

  • Completar a transición á Televisión Dixital Terrestre, a TDT
  • Mellorar o alcance e velocidade da Banda Ancha en zonas rurais e illadas.
  • Ofrecer á comunidade científica mellores redes de comunicacións, aplicacións e servizos.

Capacitación Cidadáns / PEMES

Fomentar o acceso e o uso das novas tecnoloxías tanto por parte dos cidadáns como por parte das pemes.

Confianza, seguridade e accesibilidade

Xerar confianza nas TIC, tanto nos cidadáns como nas empresas, a través de políticas públicas de seguridade da información.

É dicir, restan por seren destinados posiblemente máis de 5.000 millóns de euros. Cantos deles servirán para a capacitación e implantación de tecnoloxías libres? A cantidade de cartos estimada é unha importante dabondo como fonte de recursos para o futuro inmediato. Dado que o feito ata o de agora en materia de SwL foi apenas testimonial (nin siquera mencionan a contía destinada concretamente a ilo entre 2006 e 2008!), só nos queda agardar que as repetidas promesas electorais cristalicen dunha vez en medidas contundentes ao respecto, deixando cara atrás a fase de «apoios» por outra de «actuacións» e pensemos máis en Sociedade do Coñecemento (libre) fronte a unha menos ambiciosa Sociedade da Información.

Mención aparte, case que en ton satírico, é o obxectivo da «seguridade da información«. A ver como lle explican que unha tecnoloxía pechada é segura confiando no que lle digan os seus desenvolvedores!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Solucionando erro da miña conta en jabber.org (IM)

Non, non fun eu quen o arranxou senón un dos responsables de Jabber!

A historia foi tal que así:

Dende hai anos uso a conta de jabber (protocolo estándar abierto XMPP)  para mensaxería e os clientes para a mensaxería foron varios: kopete, gaim, pidgin, gajim… mais, dun tempo a esta parte, o Pidign amosábame un «Erro de análise XML«. Que será? Probei de todo! E nada, sen resultado, sempre a mesma mensaxe de «Erro de análise XML«.

Fun á páxina de preguntas frecuentes e seguín a vía dun posible erro ao trocar o meu contrasinal, a última pista que posuía de cando me funcionaba ben a conta. Seguín as intrucións (semellan un chisco paranoicas) e agardei en balde un dias.

Hoxe decidín pesquisar outro pouco máis ata atopar esta resposta perdida nunha longa páxina HTML. Alí amosa un novo enderezo da mesma persoa: Peter Saint-André. Mándolle unha copia da mensaxe que lle enviara tempo atrás e… voilá! Intres despois foron unha secuencia de mensaxes que remataron co arranxo do meu problema.

Xa me pasara tempo atrás (2001?) o mesmo cun módem PCMCIA que non tiña controlador en Linux 2.2x.. Daquela atopei o desenvolvedor de PCMCIA en Sourceforge, David Hinds, e dez dias despois desenvolveu un controlador para min e outros co mesmo chip e problema. Só colaborei enviando as saídas de comandos que el mesmo ía pedindo.

Imaxinas se tivera que agardar a que Hasefroch dera resposta aos problemas de virus, drivers… directamente?

O preto que temos aos ‘gurús‘ do SwL é unha vantaxe abraiante! Son varios os exemplos que ao longo dos anos un vai acumulando, incluíndo, como non!, ao propio RMS ;-)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha preguiceira administración de sistemas require terminal

De cotío os sistemas GNU/Linux son mellores e máis doados de seren empregados. Xa non é necesario saber o que é un terminal para quen só desexe empregar aplicacións de escritorio. Até temos unha porrada de efectos especiais en 3D grazas a Compiz e para ilo tampouco é necesario ir ao terminal. Ben, agás cando os problemas sexan máis serios…

Porén, o poder real dos sistemas libres está nel, no terminal. Unha lectura recomendable é  «Ao principio foi a liña de comandos«, de Neal Stephenson, 1999 (libro en PDF traducido ao galego por CompostelaWireless). Outra pode ser este artigo (en inglés) «Lazy Linux: 10 essential tricks for admins«. Non polos 10 trucos referidos a SSH, VNC ou á restauración do contrasinal de ‘root’ senón, ao meu entender, pola opinión expresada polo seu autor, o polaco Vallard Benincosa:

Os mellores administradores de sistemas son distinguidos pola súa eficiencia. E se un administrador de sistemas pode ralizar unha tarefa en dez minutos cando levaría dúas horas en ser completada por calquera outro mortal, entón a eficiencia do administrador de sistemas debería ser recompensada (mellor paga) porque a empresa está a aforrar tempo, e tempo é diñeiro, verdade?

(…) Conclusión

Hai milleiros de trucos que podes aprender de alguén que sexa experto na liña de comandos. As mellores vías para aprenderes son:

  • Traballar con outros. Compartir pantallas de sesións e ollar como traballan outros -verás novos enfoques sobre facer cousas. Pode que necesites tragar o teu orgullo e permitir que outras persoas te dirixan pero con frecuencia aprendes moito.
  • Le as páxinas de manual (man pages). En serio, lendo as páxinas do manual, até de comandos que coñezas como a palma da man, pódente dar un sorprendente entendemento. Por exemplo, sabías que podes programar pàra rede con ‘awk’?
  • Resolve problemas. Como administrador de sistemas sempre estás resolvendo problemas, xa foran ccreados por ti ou por outras persoas. Isto chámase experiencia, e a experiencia faite mellor e máis eficiente.

Confío que a lo menos un destes trucos te axudaran a aprender algo que non sabías. Trucos esenciais coma estes fante máis eficiente e hanse engadir á túa experiencia pero, o máis importante, os trucos daranche máis tempo libre co que facer cousas máis interesantes, como xogar con videoxogos. E os mellores administradores son preguiceiros porque non lles gusta traballar. Eles atopan o camiño rápido para facer unha tarefa e rematala repidamente para poderen seguir cos seus pasatempos.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

As miñas conferencias en ODP e CC-by-sa

Deixo na miña parcela de Slideshare unhas cantas presentacións en formato ODP (o ODF das presentacións) baixo licenza Creative Commons-by-sa. Son mostras das que fun dando por aí adiante ao longo de todos estes anos pasados e inclúen:

  • A difusión que, en representación de AGASOL, estou levando a cabo polas organizacións empresariais entre finais de 2008 e primeiros de 2009, titulada ás veces «SwL contra a crise» e outras «Vantaxes do SwL para as PEMES«.
  • «Directrices Evolutivas» referida ás migracións, dada en febreiro de 2008.
  • «Cara onde vai o SwL«, unha un tanto apocalíptica visión presentada na OSWC en Badaxoz en febreiro de 2007
  • «SwL no goberno galego«, dada en Lisboa (outubro 2007) e en Luanda, capital de Angola (en xuño de 2008). É unha visión persoal.
  • «SwL na sociedade galega«, tamén dada en Lisboa (outubro 2007) e en Luanda, capital de Angola (en xuño de 2008). É unha visión persoal.

Agradezo enormemente a quen as empregue e lle engada modificacións que me axude comunicándomo para á vez melloralas eu.

Cando rematemos a anovación da imaxe coporativa de TEGNIX heinas modificar todas para que reflictan as novas ideas que posúo, experiencias, etc. Prentendo dar o salto a «contar historias», con menos texto e máis imaxes.

AGASOL Difusión

View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: empresas agasol)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carta aberta aos fabricantes de xogos

A está a ser moi diggeada unha carta aberta escrita por un usuario de SwL ao que lle gustaría que houbera máis implicación dos fabricantes de xogos posto que ilo é unha das desvantxes para a súa máis rápida e ampla adopción.

Shannon VanWagner engade ao seu artigo unha serie de ligazóns para animalos, referidas as óptimas perspectivas de futuro do SwL nos vindeiros tres anos ou á lista de xogos que a comunidade desexa ter.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nautilus sound converter

Un xeito moi sinxelo de convertir formatos de son nun escritorio Gnome é instalares os códecs que desexas e logo engadir ao menú contextual do xestor de ficheiros Nautilus un guión nomeado «nautilus-script-audio-convert«.

Para a familia Debian, como as Ubuntu, sería:

sudo apt-get install nautilus-script-audio-convert

Alén desta extensión tes dispoñible outra interesantes como «nautilus-cd-burner», «nautilus-gksu», «nautilus-image-converter», «nautilus-share»…

Se, a pesares de instalar este ou outros scripts, non o tiveras dispoñible no menú contextual vaite ao directorio «/usr/share/nautilus-scripts«. Selecciónao e cópiao a «$HOME/.gnome2/nautilus-scripts» deixándoo con permisos de execución. Agora só tes que darlle ao menú contextual do Nautilus, submenú «Scripts» xa o terás á vista.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Historia de Internet

Unha historia de Internet é documental con gráficos animados feito por Melih Bilgil empregando gráficos e iconas PICOL.

O video abrangue a historia dende 1957 e atopeino nesta fonte. É moi didáctico e suficientemente breve (8:10 minutos) e de seguro que o hei utilizar nalgún intre.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jamendo.com, música Creative Commons

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades Creative Commons. Sirvan de exemplo, MusicaLibre.es ou SomaFM.

Desta vez hei referirme unicamente a Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Jamendo está a mellorar de seguido a súa interfaz web para facela máis amigable e participativa. Polo de agora está a acadalo con foros, wiki, área de desenvolvemento, listas de favoritos, reseñas, amizades, etc para os seus ~20.000 integrantes dados de alta.

A calidade musical, tanto artística como de produción, é moi elevada. Podes sorprenderte se é que pensas que por non seren artistas de canles privativas a súas composicións non pagarán a pena. Anímote a que entres no portal, elixas un estilo e selecciones por clasificar o resultado por «popularidade». De seguro que atoparás auténticas «xoias».

E, por suposto, xa vai sendo hora de promocionar a quen coa música fai paralelamente o mesmo que quen desenvolve, traduce, difunde… Sw Libre.

Promociona música CC!

Deixo a miña lista provisional das sorpresa que me fun atopando neste portal:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp