gnormalize, normalizando arquivos de audio

gnromalize é unha ferramenta GPL idónea para normalizares a amplitude do audio e moito máis xa que logo podes empregalo como conversor de múltiples formatos, rippear CDs cos algoritmos de normalizacióin de ReplayGain, editar metadatos (tags) e até reproducir audio.

Del xa escribira tempo atrás en AGNIX. Desta vez o rescato por mor de desexar normalizar recursivamente un directorio completo de audio obtido prinicipalmente de Jamendo.

gnormalize require GTK+ versión 2.6.x e depende de gtk2-perl (versión >= 1.040), wavegain e cdparanoia.

Podes instalalo desde o seu código fonte ou binarios en formato rpm que podes convertilo a deb con estes sinxelos comandos:

sudo alien gnormalize-0.63-1.i586.rpm
sudo dpkg -i gnormalize_0.63-2_i386.deb

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0.

CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que se atopan para pór algunha creación baixo o dominio público.

A idea é que, no canto de licenciar a túa creación con diversas restricións, poidas renunciar aos teus dereitos tanto como sexa posible, incluídos os dereitos morais, legalmente irrenunciables na LPI (Lei da Propiedade Intelectual) como sinala o seu artigo 14. Isto déixame en dúbida sobre a súa aplicación legal no noso estado precisamente por seren irrenunciables os dereitos morais.

Daquela de seu non se trata de dominio público porén comporte teoricamente os mesmo efectos.

Para obter a renuncia CC0 tes que seguir os mesmo pasos cós que dunha licenza normal CC coa diferenza de que tes que activar o elemento clickwrap para expresamente renunciar aos teus dereitos morais.

Tes máis información no wiki de CC, na fonte e neste artigo que analiza á CC0 en profundidade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Servidor libre e económico para enchufe

É un trebello pequerrecho con SwL, endadrado na categoría plug computer, pensado para domótica ou calquera outro conxunto de servizos de rede pois ofrece abertamente as súas características para ser adaptado ou mellorado.

O SheevaPlug é unha plataforma de desenvolvemento que inclúe unha CPU a 1.2 GHz e 512 MB tanto de RAM como Flash. Conéctase á rede usando GbE (Gigabit Ethernet), ofrece rendimento de tipo escritorio e até pode substituir un servidor de tipo PC para moitas aplicacións cos periféricos conectados por USB 2.0.

O kit de desenvolvemento soporta distribucións baseadas no núcleo Linux 2.6, incluíndo o soporte específico a ports de ARM de Fedora, Ubuntu, Debian e Gentoo. Tes máis información na fonte.

Paga a pena salientar que o seu prezo é de só $100, prezo que pode ser menor se se fan pedidos masivos ou se destina ao ensino e desenvolvemento.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

COAM rexeita AutoCAD e, sen querer, abre as portas a GNU/Linux

Non é a solución idónea, xa o digo de entrada porque quen quere SwL, quere SwL e non cousas a medias como é este caso. Porén, acontece que desta vez semella un paso a carón da apertura nunha das parcela máis escravizadas por solucións privativas.

A nova sinala que o Colexio de Arquitectos de Madrí (COAM) declarou a súa guerra particular a Autodesk, a compañía creadora do programa de deseño máis estendido no mercado: Autocad. Este colectivo viviu recentemente unha agre polémica coa compañía informática, á que denunciou por enviar aos arquitectos unha carta -a través da BSA, a entidade que persegue a piratería de software- onde se lles preguntaba: «Sabe onde vai pasar as súas próximas vacacións?» O decano do colexio, Ricardo Aroca, engade que «O que viamos a continuación era un home entre reixas«.

Segundo un portavoz da BSA, «a denuncia foi desestimada por un xuíz, ao considerar que non había indicio de delito. Ademais, hai que recordar que os arquitectos teñen un índice de piratería de software do 70%«. O Colexio de Arquitectos recoñéceo, pero lles parece de mal gusto que lles traten «de delincuentes«.

Por partes. Quen ten software privativo que non permite a copia e ten copias non autorizadas/mercadas entón está en situación de ilegalidade, é así. E sendo así, pregúntome como era posible que unha porcentaxe tan elevada de profesionais nin sequera estudiara a posibilidade de comezar/reforzar/apostar por un desenvolvemento de solucións libres axeitadas aos seus requerimentos? Abonda facer as contas. E solucións hainas xa. FreeCAD ou BRL-CAD poden ser insuficientes pero de seguro que cun impulso económico, até apoiado por institucións públicas, daríanlles a solución definitiva.

O mesmo decano do Colexio sinala que «case todo o software que usamos ten un grao de madurez que non xustifica os prezos que se nos esixen. E dado que é inaceptable o uso de software ilegal, a solución é propiciar o software libre e usar a nosa capacidade colectiva de compra para adquirir software a prezo xusto«.

O COAM chegou a un acordo coa compañía Bricsnet para que os colexiados poidan adquirir un clon de Autocad, denominado BricsCad, que custa un 93% menos. O prezo da licenza individual de Briscad é de 296 euros, mentres a de Autocad elévase a 4.500. O bo desta solución é que dispón de versións para GNU/Linux (sinxelas instrucións neste blog).

Insisto, non é a solución libre e definitiva, pero alomenos xa abre a porta ao uso de SwL como plataforma base a profesións tan pechadas a el como arquitectura, enxeñaría, deseño industrial…

Algo é algo pois unha porta pechada comeza a abrirse.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sinala o aforro que pode acadar EE.UU. co SwL

En tempos de crise e até recesión, calquera medida adoptada para reducir gastos é benvida. Sobre todo se é a gran escala e no sector tecnolóxico, onde existen varios xeitos para realizar unha mesma tarefa.

Un estudo recente, publicado no sitio MeriTalk.com e realizado en conxunto con Red Hat e DLT Solutions, analizou o orzamento de 30 axencias federais estadounidenses e concluíu que en tres anos o aforro pode ser de 3,7 mil millóns de dólares co uso de software FLOSS (Free/Libre & Open Source Software), o que abondaría para mercar un smartphone e un notebook novo a cada traballador. Así de rotunda é a fonte desta información, á súa vez apuntando cara estoutra.

Outras prácticas que axudarían a aforrar algúns cartos son a virtualización (13,3 mil millóns de dólares) e o cloud computing (computación en nube), o software-como-un-servizo, nomeadamente SaaS (6,6 mil millóns).

Segundo o estudo dispoñible en PDF, o concepto de «computación en nube» rexeitado polo propio Richard Stallman diminuiría a compra de novos softwares e hardwares, o software de código aberto substituiría ao software privativo e a virtualización permitiría aforrar en servidores.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entroido, carnaval… ata a volta!

Dareime uns dias de descanso por mor do entroido/carnaval. Non vou a Xinzo nin ao sambódromo… senón a

01110010 01101111 01101101 01100001

Vémonos á volta!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Slashdot slashdotéase a si mesma

Ben coñecido é o histórico portal de novas tecnolóxicas Slashdot. O seu gran número de visitas adoita provocar efectos inesperados nas páxinas referenciadas por el, é o temido «efecto Slashdot» ou slashdotting.

O curioso é que decátome por este artigo que o propio portal sufriu tal efecto! Así o confirma o titulo no portal: «Slashdot.org Self-Slashdotted«.

Aconteceu que o portal estivo 75 minutos ‘unreachable. O post-mortem dilo foi feito polo enxeñeiro xefe de rede, Uriah Welcome. El mesmo comeza dicindo «O que tivemos foi sen dúbida un ataque de denegación de servizo (DoS). (…)«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Instalar Debian GNU/Linux 5.0 – Lenny (video)

A igual que fixera con Fefora 10, Ubuntu 8.04 e OpenSUSE 11.0, o sitio Genbeta ten un artigo explicando os detalles da instalación da nova Debian 5.0 «Lenny» incluíndo este video:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Red Hat e M$ asociados a prol da interoperatividade

Red Hat sinala que, por mor da demanda da súa clientela, vén de asinar coa privativa Micro$oft acordos de reciprocidade que capacitarán unha maior interoperativiade para as súas respectivas plataformas de virtualización.

Cada unha das empresas uniránse aos programas de ceritifación en virtualización da súa respectiva para daquela dar soporte aos mutuos clientes de servidores de virtualización.

Red Hat vén argumentando que as discusións referidas ás petentes só teñen que ver coa interoperatividade, a cal xestiónase mellor grazas a estándares abertos e código aberto. Agora ten o que quería e, ao invés do que acontece cos acordos de Novell e M$, non hai acordos que inclúen componentes sobre patentes ou pagamentos cruzados.

Os acordos refírense literalmente a:

  • Red Hat will validate Windows Server 2003 SP2, Windows 2000 Server SP4, and Windows Server 2008 guests on Red Hat Enterprise virtualization technologies.
  • Microsoft will validate Red Hat Enterprise Linux 5.2 and 5.3 guests on Windows Server 2008 Hyper-V (all editions) and Microsoft Hyper-V Server 2008.
  • Once each company completes testing, customers with valid support agreements will receive cooperative technical support for:
    • running Windows Server operating system virtualized on Red Hat Enterprise virtualization, and
    • running Red Hat Enterprise Linux virtualized on Windows Server 2008 Hyper-V.
  • Future versions of products from both companies are also planned to be validated under these agreements.
  • The agreements contain no patent or open source licensing components.
  • The agreements contain no financial clauses, other than industry-standard certification/validation testing fees.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

2º Fórum de Segurança Digital, en Lisboa

Ralf Braga comunica a celbración do 2º Fórum de Segurança Digital (2nd Digital Security Forum) os dias 26 e 27 de xuño de 2009 no Hotel Olissippo Oriente en Lisboa.

O evento atinxe ser un referente en Europa en materia de infosec, mellores prácticas, novas metodoloxías, tecnoloxías e ferramentas.

Xa hai confirmados expertos de ENISA (European Network and Information Security Agency), Information Security Forum, Google…

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hacklaviva, no Porto

Souben por sweena que en Olholivre anuncian un Hacklab para este venres 20 de febreiro 2009 no Porto (Portugal).

Quando:        sexta-feira, 20 de Fevereiro de 2009 (desde 18hs até às tantas)
Onde:          Casa Viva! Praça Marquês de Pombal, 167 – 4000 Porto :: Portugal (junto à igreja do Terço)
Mapa:          http://tinyurl.com/hackladonde
Metro:         estação do Marquês

_             __      __               __   __
_   __(_)   ______ _/ /___ _/ /_  ____ ______/ /__/ /
| | / / / | / / __ `/ / __ `/ __ \/ __ `/ ___/ //_/ /
| |/ / /| |/ / /_/ / / /_/ / / / / /_/ / /__/ ,< /_/
|___/_/ |___/\__,_/_/\__,_/_/ /_/\__,_/\___/_/|_(_)

* Sempre DIY! Nunca RTFM! *

É já esta sexta-feira: ali na zona do Marquês nasce um hacklab!

(…)

O Hacklaviva é  um espaço aberto que dá as boas-vindas a quem tenha a curiosidade suficientemente aberta para nos querer vir bater à porta. Falamos de wikis, python, gráficos livres, drupal, wordpress, streaming,
formatos abertos, sistemas operativos, copyleft, peer2peer, áudio livre, pure data, arduino, dyne:bolic, creative commons; e para quem achar estes termos alienígenas, estamos por cá para mostrar que não há nada a temer em procurar formas novas de fazer coisas novas.

Por entre biscoitos open-source, café e chá livres, deathmatches ASCII multiplayer, projecções e playlists de sons criativos e comuns, e conspirações à volta de can-tennas e motherboards, dia 20 a Casa Viva abre as suas portas aos espíritos hacker old e nu-skool, low e high tech, experts e newbies, gurus, gnus e curios@s.

E mesmo sendo recente, o Hacklaviva já tem, para mostra pública, a sua primeira peça de museu: um Apple LC III, o primeiro Macintosh a cores, vivo, operacional e acessível a quem queira matar saudades dos ícones a preto e branco e dos velhinhos screensavers das torradeiras voadoras.

A filosofia é sempre DIY (do-it-yourself), sem medo dos resultados e sem paternalismos nerd — nunca diremos RTFM! (read the fucking manual).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rolling Stones & Cía terán 95 anos…

… para explotar os seus dereitos de autor dos 50 anos actuais para obras musicais ata os 95.

Nos EE.UU., a Copyright Term Extension Act (CTEA) de 1998 tamén coñecida como Sonny Bono Copyright Term Extension Act, Sonny Bono Act ou tamén como Mickey Mouse Protection Act estendeu os prazos de copyright durante 20 anos. Antes da Acta (baixo a Copyright Act of 1976), o copyright duraba toda a vida do autor máis 50 anos, ou 75 anos para unha obra de corporate authorship; a Acta estendeu estes prazos durante a vida do autor máis 70 anos e para obras de corporate authorship durante 120 anos trala creación ou 95 anos trala publicación, independentemente da anterioridade do punto final creativo. A Acta tamén afectou aos prazos de copyright para obras con copyright anteriores ao 1 de xaneiro de 1978, incrementando tamén o seu prazo de protección durante 20 anos, ata un total de 95 anos desde a publicación.

Souben que agora é a Unión Europea quen iguala significativamente estas cifras «para fecilidade dos dinasourios» da música europea como The Beatles, Rolling Stones, Elton John, etc. Compárao con este cadro resumo da vixencia do copyright nos EE.UU.

De acordo co Convenio de Berna de 1979, os estados que o aceptaron se compromentían a prover protección de copyright por un prazo mínimo da vida do autor máis 50 anos, pero se lles permitía ampliar este prazo. Seguindo a Directive on harmonising the term of copyright protection de 1993, os estados membros da Unión Europea implementaron unha protección para un prazo que comprendía a vida do autor máis 70 anos.

Agora, o termo copyright para gravacións musicais hanse estender ata os 95 anos dende a súa primeira publicación ou reprodución segundo sinala a lexislación aprobada o pasado xoves 12 de febreiro de 2009 polo Comité de Asuntos Legais da UE.

A medida aínda necesita de ser sometida á votación en sesión plenaria do Parlamento Europeo que deberá acontecer o 11 de Marzo. A decisión final está, con todo, nas mans do Consello de Ministros da Unión Europea. Isto significa que daquí ata aló o texto final aínda pode estar suxeito a varias modificacións unha vez que nin todos os Estados membros son favorables a un prazo de protección equivalente a 95 anos. Loxicamente os do sector audiovisual tamén queren este mesmo prazo.

O dominio público adía a incorporación destas obras nun claro prexuizo para o resto da Humanidade

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp