Coche open source da EDAG
Non é a primeira vez que comento sobre aplicacións de SwL e de código aberto executándose en coches á venda. Tamén escribín sobre o proxecto OScar (Open Source car) que deu comezo hai uns 10 anos.
Desta vez entérome por Terramel da presentación do «Light Car – Open Source» feita pola empresa de enxeñaría alemá EDAG.
A seguir deixo un video de presentación que complementa ás ligazóns deixadas arriba nas que poderás ampliar a información:
O Light Car Open Source ten fibra de basalto, é leve e estable, con materiais 100% reciclables. A súa propulsión dispón dun sistema intelixente e eléctrico en cada unha das súas catro rodas baseado en baterías de litio. O deseño complétase co emprego de tecnoloxía (O)LED como elemento de personalización e comunicación.
O coche open source estará presente no Motor Show de Xenebra que acontecerá a partires do 5 de marzo de 2009.
En: AGNIX, FLOSS, Racing, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla

Olá amigo! Muito obrigado pela citação
Abraços
do Terrinhaf
[...] podes lembrar que hai outro desenvolvemento semellante comentado na nova titulada ‘Coche Open Source da EDAG’, outro nomeado OSCar, unha tendencia á apertura que se confirma na aposta dalgúns grandes [...]