Encarta morre, Wikipedia vive!

Como é sabido, non adoito escribir sobre a empresa de software privativo de Redmond máis co imprescindible e, certo, sempre para poñela como o «anti-paradigma» da liberdade do coñecemento.

Acontece que onte lin de pasada que «M$ pecha Encarta» apuntando cara o artigo orixinal en inglés «Microsoft To Shutter Encarta, Read All About It On Wikipedia» ou o que é o mesmo «M$ pecha Encarta, le todo sobre isto na Wikipedia«. Bo título, con certeza!

Cando dou relatorios adoito pór como caso de éxito de modelo colaborativo á Wikipedia enfrentándoa coa emblemática Britannica, a raíña ata 2005. Hoxe a Wikipedia supera á Britannica en varias comparacións: número de idiomas soportados (+230) , de artigos (+12 millóns, ~3 millóns só en inglés), en neutralidade, etc. e está a traballar en mellorar a confiabilidade xeral ou a loita contra o vandalismo que pretenden desprestixiala (como os sonados exemplos de cadeas de televisión colocando entradas falsas, sen contar tamén que axiña eran retiradas amosando a rapidez de reacción da «comunidade»). Mailas críticas, recentemente a propia Britannica sinalou que quere parecerse máis á Wikipedia.

Ler que Encarta de M$ sae deste mercado dame un pouco por rir, máxime se un le unha xa obsoleta comparativa de cada unha delas.

Morrendo e todo non a liberan nin a doan á Humanidade! Por que? Amosa ben ás claras e ata despois de morrer a calaña da súa misión na transmisión do coñecemento.

Requiescat In Pace

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

UE vota medidas teleco con torpedo

Hase votar hoxe mesmo na Comisión Europea o paquete de medidas que regularán as telecomunicacións e a sociedade da Información na UE coas consabidas «emendas torpedo«.

Con tal motivo diversas organizacións escribiron unha carta que podes mandar aos europarlamentarios que creas convinte:

Velaquí un extracto da carta aberta:

Creemos que la regulación del sector de las Telecomunicaciones se refiere al acceso y la interconexión a/de las redes, a garantizar la innovación, la competencia entre los servicios prestados y la circulación de los datos y la información y al derecho de los ciudadanos a enviarlos y recibirlos. No se refiere a la regulación de los contenidos ni a quién y cómo tiene que promoverlos o restringirlos.

Nos preocupa que las “nuevas ofertas para los consumidores”, la diversificación de las ofertas o las políticas de gestión del tráfico estén realmente disfrazando limitaciones y promocionando o priorizando determinados contenidos, servicios o aplicaciones.

Semejante cambio en la estructura fundamental de Internet llevaría a “empaquetar” Internet, restringiendo nuestros y libertades y reduciendo nuestra capacidad de comprar, aprender, crear, intercambiar, participar, colaborar, innovar, estimular nuevos negocios e ideas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hugin, creando fotos panorámicas navegables

Hugin é un programa de licenza GPL para a elaboración de fotos panorámicas e mosaicos, tamén válido para crear fotos panorámicas navegables grazas a Pano2VR (ou programas similares).

Co desenvolvemento tecnolóxico e informático, a creación de fotos panorámicas e mosaicos é moito máis doada, sexa pola posibilidade de edición das fotos ou polo uso de programas que facilitan a «costura» entre fotos. Hugin está baseado no programa Panorama Tools iniciado polo profesor de Ciencias Aplicadas da Universidade de Furtwangen, Helmut Dersch.

Souben desta aplicación polo detallado artigo de André Uebe. A máis tes a ampla documentación e titoriais (algúns en castelán) no propio sitio do Hugin.

Hugin está dispoñible en repositorios comúns, a lo menos en Debian e Ubuntu. Abonda seleccionalo no Synaptic ou abrir un terminal e executar:

sudo apt-get install hugin

que instalará a aplicación e mailas súas dependencias.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

BUM, boot-up manager

Os servizos que ofrecen os sistemas GNU/Linux axústanse nun escritorio GNOME baixo Debian e Ubuntu en «Sistema/Administración/Servizos«. Acontece que é sinxelo demais. Para afinalos máis tes que facelo manualmente e entender moi ben o que acontece baixo /etc/init.d/. Aínda e así pode que queiras simplemente desactivar algún servizo retirando permisos de execución pero:

  • Terás unha mensaxe de erro en tempo de arranque (a menos que parchees todos os scripts)
  • Estarás rachando coa lóxica cadea da política-debian referida á configuración dos runlevel

Alén disto é complexo traballar con enlaces simbólicos, permisos, ordes de execución… e para ilo fíxose BUM, boot-up manager, xestor do arranque en xeito gráfico. Maila todo, convén que leas a súa documentación e neste wiki antes de meter man nunha parte tan delicada do teu sistema.

Souben del por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crowdsourcing, exemplos

FLOSS non é un exemplo de crowdsourcing xa que logo o beneficio da colaboración é mutuo entre os colaboradores. Crowd é o termo en inglés que describe «multitude». O que fai o crowdsourcing é propoñer problemas e «recompensas» a quen solucione o problema proposto procurando reemprazar contratos selectivos, adestramentos e forzas de traballo coa participación masiva de voluntariado e auto-organización.

Deste tema tes un libro moi ameno, repleto de exemplos: «Wikinomics, la revolución de las multitudes inteligentes» e tamén este wiki que reúne exemplos clasificados segundo estas catro categorías:

  1. Negocios individuais ou sitios que canalizan o poder das multitudes en liña
  2. Iniciativas novas e patrocinadas ou foros que dependen do crowdsourcing
  3. Novas iniciativas que permiten personalizar os seus produtos
  4. Competicións patrocinadas/desafíos centrados no crowdsourcing

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Australia, domingo – 090329

Previo

Domingo, dia da carreira e cambio de horario, da comezo con diversas novidades respecto ao acontecido onte. As principais son que Hamilton troca o seu cambio de marchas e parte antepenúltimo porque as derradeiras prazas serán ocupadas polos Toyota xa que logo foron declarados ilegais os seus aleróns traseiros (en pt-br chámanos aerofólios). Pola sanción aos Toyota, orixinalmente 6º e 8º, moitos melloran a súa posición, entre eles Alonso. Williams fixo unha queixa formal contra as solucións aerodinámicas de Ferrari e RedBull, mais logo retirouna, teoricamente «polo ben do deporte«.

Unha información máis para quen asista os GPs é a lista de pesos dos monospostos (coche e combustible) antes da saída. Con esta info podes valorar máis adecuadamente as posicións da grella. Así, é máis ca sobresaínte a primeira liña dos Brawn pois son os máis cargados entre os oito primeiros, amosando claramente que van sobrados. Maila ese lastre foron quen de dominar de tal xeito que lle sacaron 0.628seg ao terceiro. Polo tanto, alén do controvertido difusor os Brawn están moi ben deseñados. De feito foron os primeiros en seren deseñados, xa desde o inicio da pasada tempada cando os primeiros resultados da extinta Honda non deron suficientes esperanzas. Daquela Ross Brawn, recentemente fichado como director técnico de Honda, propuxo esa estratexia. E agora, como se sentirán en Honda trala renuncia a seguir o mundial por mor da crise?

Coas cartas descobertas, as esperanzas de gañar aos Brawn só pasan por unha estratexia imaxinativa e a presencia de pace cars pois tamén son fiables. Dende a butaca de espectador apostaría por unha primeira saída de boxes curto de combustible e neumáticos brandos, deixando o(s) seguinte(s) stint(s) coas gomas boas, a lo menos máis consistentes, as duras. Lembra que segue sendo obrigatorio empregar os dous tipos de neumáticos na carreira. Por que? Imaxínate se a 12 voltas do remate sae un pace car. Os coches agruparíanse e quen deixara as gomas brandas (as perigosas en Melbourne por mor de rápido desgaste) para o final terían perdas de rendimento volta a volta namentres quen estivera coas duras poderían adiantar postos, xusto cando importa, ao remate do GP.

Mentres todo isto acontece, a FIA aproveita para seguir facendo grandes negocios presentando F1 ROCKS, un acordo coa Universal Studios para que en cada GP haxa un show previo que se transmitirá á audiencia de todo o mundo. «Sempre dixen que somos un negocio de entretemento e este acordo marca unha nova dimensión á F1«, sinala Ecclestone.

Carreira

Chuzame! A Facebook A Twitter

Brawn GP, difusor en GP Australia 2009

Esta é a análise feita pola Gazzetta dello Sport do polémico difusor da Brawn GP e dos seus semellantes en Toyota e Williams:

Tal e como prevía, Renault xa ten preparado o seu e os demais outro tanto do mesmo aínda que estrearalo trala resolución definitiva que a FIA fará o 14 de abril, é dicir, para usalo no terceiro GP, o da China.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Australia, sábado – 090328

Da comezo o sábado co terceiro adestramento libre. Estouno seguindo por tv e internet (nos pasados anos estaba cos comentarios ao vivo de Grande Prêmio, tamén ao vivo en F-1 na web e maila telemetría oficial).

Varias novas van confirmando as sospeitas. McLaren xa pensa estrear o famoso difusor na China xusto trala resolución definitiva sobre os difusores que será o 14 de abril. Briatore protesta moito pero dou por sentado que Renault e en xeral todos están preparando os seus novos difusores. Outra novidade, Virgin ten ao seu fundador Branson nos boxes da Brawn, sinal inequívoco dun acordo de patrocinio apoiado polo propio Ecclestone. Trátase dun patrocinio moi natural pois é ben coñecida a afección á aeronáutica por parte do millonario Branson.

Están xerando graves problemas en todos os equipos os neumáticos extra-brandos. Son 1seg mellores ao principio pero van perdendo moitas décimas por cada volta adicional. Poden aproveitar tal problema quen se clasifique a partir do 10º posto porque irán cargados na saída e poderán facer un terceiro stint máis curto, xusto o que precisan os neumáticos brandos. O final da carreira pode ser interesante e até beneficiar a quen salga atrás, e máis se hai algún pace car, típico no circuito Albert Park de Melbourne.

Adestramento Libre

Así as cousas, o adestramento libre previo á clasificación deixou novamente a Nico Rosberg de primeiro e en menos de oito décimas aos dez primeiros. NIco fixo 1’25″808, case que igual có ano pasado. É correcta a interpretación do regulamento en canto aos difusores? Max Mosley leva anos anovando regras para baixar a velocidade… e reducir custos. Por encuanto Massa chega en 4º e Raikonen de último por algunha falla técnica. Rubinho é 6º a medio segundo. Melloran BMW e McLaren a costa dos Renault (17º e 19º), xa a máis de segundo e medio.

Cualificación

Chuzame! A Facebook A Twitter

EzWeb, plataforma web para SOA

EzWeb é unha plataforma Web estándar e aberta que permite ao usuario construír a súa propia contorna de traballo mediante a selección, configuración, combinación e interconexión de aplicacións dispoñibles, para formar unha nova aplicación distribuible.

EzWeb non é só un catálogo de gadgets como os que poden ofrecer Yahoo! Widgets, Google… Usando e mellorando este concepto, a principal innovación de EzWeb reside en que permite ao usuario final interconectar estas miniaplicacións, de forma que a información producida por unha delas pode ser utilizada por unha ou máis das outras. Todo iso utilizando un modelo de desenvolvemento totalmente intuitivo.

As vantaxes son sorprendentes: a persoa adquire a capacidade de deseñar de forma extremadamente sinxela e flexible a súa propia interfaz Web para xestionar, por exemplo, o seu propio fogar dixital; as PEMES poden desenvolver contornas de operación a medida sen necesidade de investir na custosa integración e adaptación de aplicacións comerciais; e as grandes empresas adquirirán unha gran vantaxe competitiva mediante un sistema que lles permite automatizar os procesos, dotalos dunha enorme flexibilidade e optimizar o tempo de chegada ao mercado.

O proxecto EzWeb céntrase no desenvolvemento de tecnoloxías a empregar no desenvolvemento da capa de acceso web (front-end layer) aos servizos sobre Arquitecturas Orientadas a Servizos (SOAService Oriented Architecture).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ubuntu 9.04 entra en Beta incorporando ideas de Brainstorm

Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope entrou en fase beta implementando moitas suxestións e ideas que recolle a sección Brainstorm de Ubuntu. A versión definitiva sairá previsiblemente o 23 de abril.

Brainstorm é unha sección típica no mundo do SwL xa que logo permite que a comunidade opine e anote os seus desexos para vindeiras versións de software. No caso de Ubuntu inclúes as seccións sandbox, ideas populares, ideas en desenvolvemento e mailas ideas implementadas. Todas elas pódense clasificar a gusto no visitante do portal.

Paga a pena visitar o portal e, aínda mellor, participar nel para termos o que máis desexemos canto antes.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fórmula 1 (2009), en TV e internet

O pasado domingo preguntámoslle aos críos: «Que queredes ser de maiores?«. Un deles, o meu sobriño de nove anos, dixo, coma sempre, «piloto de F1«. Lembrei dese mesmo afán, a miña paixón, dende ben antes deses anos, acho que desde o catros anos aínda que, en verdade, nin lembro! Para min esta paixón e desexo de pilotar estivo sempre conmigo.

Chateando onte co amigo Tonio, tanto el como o seu pai tamén afeccionados á F1, fíxenlle un comentario sobre os baixos do morro do Reanult de Alonso desta tempada 2009 que vai comezar. Agora algo agochado tras pintalo de negro e cuns canalizadores laterais. Fíxate que é de lonxe o máis ancho do mundial e pouco elevado respecto ao alerón dianteiro. Efecto aerodinámico? Vantaxe competitiva procurando un maior agarre dianteiro? Decateime de que ao longo de tantos anos funme facendo un experto afeccionado.

En resumen, estoume animando a escribir tamén sobre isto máis a miúdo. Seica podo contar moitas cousas sobre a F1 pois é un tema amplo. Abrangue tecnoloxía, economía, historias do circo, lercheo, estratexias… e, dende logo, deporte. Daquela aproveito que madruguei para presenciar o arranque do munidial cos primeiros adestramentos de Australia para arrancar esta sección racing.

Campión quen teña máis puntos

Finalmente foi desestimada esta polémica regra e, acho que evidentemente, non pola presión da case que a totalidade de partes interesadas (afección, FOTA e pilotos) senón por incumprir co regulamentado. Daquela a regra si hase aplicar a vindeira tempada 2010, como corresponde a unha cúpula dictatorial.

Difusores si?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Extinguirase Window$ coa entrada do Cloud Computing?

Para Stallman o Cloud Computing é estupidez e para outros o noso futuro inmediato. Cloud computing (computación en nube) segundo a Wikipedia é «un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)«.

Stefan Neagu é o responsable de Tux Geek e o autor dun atrevido artigo titulado «MinWin And Small Linux OS’s Will Replace Windows In 5 Years» ou «MinWin e Small Linux OS’s ha substituír Windows en 5 anos». Traduzo libremente partes del:

A morte de Window$, moi probablemente non proveña do avance de Linux no escritorio senón a partir de sistemas operativos en nube.

Revisando todos os tipos de iniciativas emerxentes (start-ups) da Web 2.0 e, máis recentemente, o Cloud Copmputing, Stefan cre que Micro$oft está moi asustada con ilo. Micro$oft ten medo á perda de cota de mercado: Outlook está perdendo clientes polos servizos de correo web como Gmail ou Yahoo!Maill, Word e Excel perder clientes para Zoho e Google Docs. A tendencia é máis ca óbvia.

O que é menos óbvio para os usuarios finais neste momento é a existencia de sistemas operativos en nube, como o EyeOS (SwL de licenza AGPLv3).  EyeOS ofrece funcionalidade suficiente para manter un ambiente de traballo, con aplicacións de produtividade, integrando compatibilidade con documentos de M$-Office e fácil importación/exportación de arquivos.

A aparición do Cloud Computing provocou a creación de MinWin (…) como a resposta de Micro$oft para loitar na contra de pequenos Linux como DamnSmallLinux.

O diagrama lateral pode amosar mellor o funcionamento dun pequeno netbook. Unha vez conectado a EyeOS, toda a maxia acontece do lado do servidor: verificación e-mail, ollar unha película ou engadir unha cita, todos os procesos teñen lugar no servidor. A única esixencia deste modelo é unha conexión á Internet, e hoxe as temos até inarámicas: 3G sen fíos, 802.11n e logo WiMax.

A xente quere portabilidade. Transferibilidade dos formatos de documentos, datos, música, imaxes… e, é isso que é incrible, o poder dunha máquina servidora en algo tan pequeno coma un netbook.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp