SwL, eleccións e crise

O SwL non ten ‘cor’ política.

O SwL é un dereito da cidadanía, unha obriga legal e ética de implementalo e promocionalo por parte de quen nos goberne (polo tanto é imposible ser ‘neutral‘ ante ilo), un aforro económico nun sector estratéxico que ata o de agora posúe unha constante transferencia neta negativa de capitais cara o exterior, unha oportunidade de xeración de emprego endóxeno de alta calificación, unha vantaxe competitiva determinante nun mundo agresivamente competitivo en contínuo cambio, un intrumento contra a crise, unha aposta de múltiples gobernos das máis diversas cores e unha ringleira ben longa de beneficios como os feitos demostran.

Precisamente din comezo o artigo pola ausencia de ‘cor’ política que caracteriza ao SwL por mor das nosas recentes eleccións autonómicas. Unha característica na que levo facendo fincapé en cada relatorio que din dende hai anos. Unha mostra e proba dilo é a páxina 17 desta presentación na que representei a AGASOL, a Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre). Alén doutros moitos exemplos dispoñibles, AGASOL amosa ben ás claras que o SwL é unha realidade en rápido crecemento: pouco máis dun ano de vida dende a súa fundación, 25 empresas asociadas, achegándose aos 7 millóns de euros de facturación e sobrepasando os 150 empregos.

A comunidade galega de asociacións e voluntariado sempre foi coherente cos seus obxectivos. Presionamos, criticamos, aplaudimos, berramos e até demandamos actuacións irregulares, gobernase quen gobernase. Agora, polo cambio de ‘cor’ política isto tampouco mudará. A comunidade (páxina 11 da mesma presentación), é dicir, toda persoa relacionada co SwL saberá agardar, manter a esperanza de que a lóxica e o sentido común hase impor para o ben de toda a sociedade, e tamén estar preparada para correxir as desviacións que poidan producirse. Así o fixemos e así faremos, goberne quen goberne.

asennadas

Nota: Conscientemente non engadín ligazóns ao artigo porque refirireime a el con frecuencia, desglosando cada unha desas afirmacións e negretas deixadas.

3 ResponsesSwL, eleccións e crise to “”

  1. Totalmente de acordo. Trátase, en definitiva, dunha boa xestión dos recursos públicos, investindo con sentido común os fondos do común dos cidadáns. Algo ao que deberían aspirar todos os representantes políticos.

  2. Confiemos en que o sentido común impere mailas presións e intereses que de seguro haberá na súa contra.

  3. […] que las Consellerías del PSOE llegaron a acuerdos con Microsoft tampoco habrá mucha diferencia. Habrá que ver el cambio con las Consellerías del BNG, que potenciaban y subvencionaban software libre, iniciativas como ManComún en la que estaban […]