Gilberto Gil: Piratería é desobediencia civil

Nunha ampla entrevista dividida en partes que podes atopar partindo desta ligazón, o compositor e ex-ministro de Cultura brasileiro Gilberto Gil fala sobre piratería, propiedade intelectual e dereito de autor. «Piratería é desobediencia civil«, crava.

  • A indústia fonográfica cedeu a esa nova democracia?

Si. Se non cedeu aínda, parcialmente ou nalgúns aspectos, é unha cuestión de tempo, non ten moito máis para resistir. Non sei en que base esa lóxica de hexemonía e dominio do modelo industrial da cultura, sexa polo que sexa, en que base van atopar unha visión para manter os seus intereses intactos. Non sei. Non o vexo. Falo de democracia exactamente nese sentido. Hai un ímpeto. Todo o que eles propios crean, todo o que é producido polo mundo hexemónico do dominio capitalista, é elemento de fortalecimento da base democrática. Vostede colle todas as novas tecnoloxías, todo o que está na Bolsa da Nasdaq, os grandes proxectos da industria punta no mundo… Eu estaba falando dun computador de dez dólares! Vai estar aí o proxecto da India e do Xapón. Cando vostede fala dun computador de dez dólares, de cal exclusión dixital vostede pode estar falando a medio prazo? No momento en que vostede teña computadores espallados por aí, como vostede pode evitar o MP3, o MP4 e etc. etc. etc.? Non pode.

asennadas

Aínda pode haber unha RIAA, a sociedade das industrias fonográficas americanas, que fai lobby no Congreso, aínda presiona a Corte Suprema americana para non animar á causa da micidade… Aínda pode, por que? Porque é a clase media americana, a sociedade americana que ten computador. Mais os grandes mercados mundiais da música aínda están con eles, que aínda venden discos, aínda venden DVDs. No momento en que un cativo dunha tribo de non sei onde, da periferia, teña computador, e os cíber estean en todas as casas, cada casa sexa un cíber, en todas as favelas… Como van eles controlar o desenvolvemento? Non é o desdobramento natural dos produtos, das tecnoloxías, dos instrumentos, das ferramentas, que eles mesmos ofreceran?

  • Correcto…

Eles crearan o teléfono móbil. Hai cinco anos, no Carnaval de Bahia, eu lembro dun anuncio que dicía así: «Compre seu celular polo prezo dun abadá«. O marketing da comercialización feita polos axentes aquí na Bahia xa entendía o asunto. Unha cousa xa está coa outra. Que quería dicir o cartaz? O cartaz dicía dunha accesibilidade nova, dunha masificación. Como o abadá era popular aquí no Carnaval, o celular tamén xa era. Trate a idea de adquirir o móbil da mesma maneira que vostede trata a idea de bailar o Carnaval.

No Brasil, non dá para facer un cambio? Gran parte dos artistas acomodouse moito máis á visión conservadora cá propia industria fonográfica. Porque a industria reséntese no peto. Séntese máis rápido porque os artistas reciben os últimos! Eles reciben as migallas que a industria quere deixar para eles. Mais quen recibe mesmo o volume grande é a industria, eles son os que saben onde está o buraco. Eles están comezando… Mesmo que chegasen tarde tamén. Vostede ve que toda análise máis fiable que o sistema fai nos Estados Unidos e na Europa é de que eles chegaron tarde. Tanto é que eles non conseguiran moito máis, nin conseguen. A Unión Europea chegou primeiro que eles, non é? Os fórums informais mundiais, as redes mundiais, a blogosfera chegaron antes. Todos chegaron antes que eles.

  • Por que resistir?

Eles queren resistir. Porque iso é natural, eles son refratarios, son acomodados, e son recelosos dos seus intereses, que tenden a interpretar como seus dereitos. Pensan que os seus intereses teñen que ser interpretados como os seus dereitos. Ás veces non son os seus dereitos, son só os seus intereses, que non precisan ser respectados como dereitos. Non son dereitos, non. A piratería ten dereito a desafialos. Piratería é desobediencia civil. Ten que ser vista así, tamén. Non ten que ser vista só como criminalidade. Ten que ser vista como desobediencia civil! Así como as protestas das esquerdas, dos sindicatos…

  • É resposta á exclusión cultural?

É resposta á exclusión, un desafío para a creación de novos modelos, un desafío para a apertura de espazos máis democráticos, de participación. Non por nada que estea sendo politizada. O Partido Pirata xa ten 2% do eleitorado na Suecia. Xa está concorrendo, xa ten demandantes en Alemaña. Por exemplo, nós xa temos o OPP, o POP, Partido da Organización Pirata, na Suecia…

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp