GENIVI, fabricantes automobilístiscos crean plataforma aberta IVI
BMW Group, PSA Peugeot Citroën, General Motors, Intel, Magnetti Marelli, Delphi, Visteon e Wind River son os socios fundadores de GENIVI, unha asociación sen fins de lucro que pretende desenvolver e adoptar unha plataforma IVI de referencia de código aberto. IVI é o acrónimo de In-Vehicle Infotainment, é dicir, Informática e Entretemento no Vehículo.
Esta nova alianza xuntará á industria automobilísitca, electrónica de consumo e empresas de desenvolvemento de aplicacións para investir no mercado IVI e na innovación na condución. Este esforzo pretende acadar unha redución tanto no time-to-market (tempo dende a idea á comercialización) como o Custo Total de Propiedade.
Graham Smethurst, xerente xeral de infotainment e sistema de comunicación de BMW, presentou a iniciativa GENIVI no fórum de Código Aberto da CeBIT sinalando que BMW leva traballando dende hai algúns meses coa fornecedora de Linux embebido Wind River.
Smethurst comenta que «GENIVI vai desafiar o modelo tradicional de solucións privativas e xerará un nivel de creatividade xamais visto nese segmento. Colaborar en torno a unha plataforma común de referencia en áreas da arquitectura sen diferenciación permitirá aos integrantes de GENIVI concentrarse no desenvolvemento e integración de recursos innovadores para o consumidor«.
Coherentemente, o grupo non pretende facer tratos coa privativa Micro$oft referidos aos seus proxectos neste segmento.
Esta nova pode ser complementada con estas onde se comentan outras iniciativas sobre SwL e vehículos:

[...] Tamén podes lembrar que hai outro desenvolvemento semellante comentado na nova titulada ‘Coche Open Source da EDAG’, outro nomeado OSCar, unha tendencia á apertura que se confirma na aposta dalgúns grandes fabricantes no proxecto GENIVI. [...]