Symbian anuncia o seu plan de desenvolvemento aberto

Tralo anuncio da compra de Symbian por parte de Nokia en xuño de 2008, rematada en decembro de 2008, a multinacional sinalou que liberaba a plataforma creando para ilo Symbian Foundation.

Dende aquela a fonte sinala que houbo unha morea de actividade referida ao desenvolvemento de software para todos os equipos dos diferentes volumes que compoñen a plataforma Symbian. O plan é ambicioso dado que haberá dous lanzamentos da plataforma cada ano, replicando o que fai Ubuntu.

symbian ^ 2, que está baseado na S60 5.1, chegará a un estado funcional completo a meados do presente ano e fortalecerase a final do ano. Isto significa que os primeiros dispositivos baseados en symbian ^ 2 podería acadar o mercado este mesmo final deste ano en función dos planos de integración, a nivel de personalización, deseño e as escollas feitas polos fabricantes.

Entra pois no mercado un duro competidor e as recentes previsións que sinalan ao Android de Google como o claro dominador posiblemente teñan que ser revisadas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 Responses to “Symbian anuncia o seu plan de desenvolvemento aberto”

  1. E falando de Open Source e novas vias de traballo, que opinas de isto::
    http://geeks.ms/blogs/ciin/archive/2009/03/15/microsoft-y-el-open-source-van-de-la-mano-aunque-algunos-no-lo-vean.aspx

    Será outra estratexia para meter os seus tentaculos ainda máis fondo do que xa os ten metidos dentro do Open Source?

    É posible entender o Open Source, tan só como un novo camiño de negocio de M$ traballando sobre un S.O. privativo e sobre ferramentas privativas?

  2. O mercado está mudando cara un modelo baseado en coñecemento aberto e ingresos por servizos especializados no canto do modelo de licenzas. Porén o cambio é duro e lento para moitas das empresas 100% privativas. Lembremos o caso de Sun, agora máis aberta tras un longo e aínda inacabado camiño.

    O caso de M$ non pode ser moi diferente agás por ser ata o de agora a clara dominante dun modelo pechado. A transición pode ser moito lenta. Sen embargo, dubido que muden 100% a un filosofía aberta, como moito terán unha política mixta, como IBM por exemplo, onde xoguen cada vez máis con cartas abertas e conservando outras pechadas.

  3. [...] desenvolver, é un troco de estratexia bastante importante. Hai un ano, a Nokia mercou Symbian e abriuna de xeito semellante ao Android pero a resposta a esa apertura foi infructuosa. Pola contra Android está a atraer a [...]

Olark Livehelp