GP Australia, sábado – 090328
Da comezo o sábado co terceiro adestramento libre. Estouno seguindo por tv e internet (nos pasados anos estaba cos comentarios ao vivo de Grande Prêmio, tamén ao vivo en F-1 na web e maila telemetría oficial).
Varias novas van confirmando as sospeitas. McLaren xa pensa estrear o famoso difusor na China xusto trala resolución definitiva sobre os difusores que será o 14 de abril. Briatore protesta moito pero dou por sentado que Renault e en xeral todos están preparando os seus novos difusores. Outra novidade, Virgin ten ao seu fundador Branson nos boxes da Brawn, sinal inequívoco dun acordo de patrocinio apoiado polo propio Ecclestone. Trátase dun patrocinio moi natural pois é ben coñecida a afección á aeronáutica por parte do millonario Branson.
Están xerando graves problemas en todos os equipos os neumáticos extra-brandos. Son 1seg mellores ao principio pero van perdendo moitas décimas por cada volta adicional. Poden aproveitar tal problema quen se clasifique a partir do 10º posto porque irán cargados na saída e poderán facer un terceiro stint máis curto, xusto o que precisan os neumáticos brandos. O final da carreira pode ser interesante e até beneficiar a quen salga atrás, e máis se hai algún pace car, típico no circuito Albert Park de Melbourne.
Adestramento Libre
Así as cousas, o adestramento libre previo á clasificación deixou novamente a Nico Rosberg de primeiro e en menos de oito décimas aos dez primeiros. NIco fixo 1’25″808, case que igual có ano pasado. É correcta a interpretación do regulamento en canto aos difusores? Max Mosley leva anos anovando regras para baixar a velocidade… e reducir custos. Por encuanto Massa chega en 4º e Raikonen de último por algunha falla técnica. Rubinho é 6º a medio segundo. Melloran BMW e McLaren a costa dos Renault (17º e 19º), xa a máis de segundo e medio.
Cualificación
Sen moitas sorpresas na Q1, os Brawn primeiros con 15º Hamilton que pecha a 1’4seg de Rubinho. Todo moi apretado onde no terceiro sector marcan diferencias «os tres do difusor». Forá quedan BUE PIQ FIS SUT BOU. Hamilton a pesar de salvarse queda nese posto por unha traba técnica na caixa de cambios, nin sae á Q2.
Na Q2 Alonso erra na penúltima curva e entra en boxes. Quedan fóra Heidfeld, Alonso, Nakajima, Kovalainen e Hamilton. Cara de felicidade en Richard Branson pois o seu recente patrocinio a Brawn dalle réditos ao ocupar as primeiras prazas. A derradeira quedou reservada a Kimi.
A Q3 que define a grella de saída da un resultado histórico. A estreante Brawn GP ubica os seus monopostos na primeira liña, con certeza un récord! Non é novo porque antes da Brawn xa o fixeron Mercedes no 54 e March no 70. Grella: BUT 1 26 602 BAR VET KUB ROS GLO MAS TRU RAI WEB HEI e ALO no 12º posto.
A análise desta cualificación fágoa daquí á carreira.
En: Racing por Roberto Brenlla
