Vyatta é unha solución para teres un router, firewall e VPN de código aberto, con soporte comercial, creada para competir coas solucións privativas e inflexibles existentes no mercado, como as da Cisco. Daí que a propia Vyatta ofreza un desafío comparativo da súa solución fronte á da Cisco, de quen se declara competencia directa. Só tes que respostar a 5 preguntas…
Na súa esencia, Vyatta (páxina comercial e comunitaria) é unha distribución Linux baseada en Debian especialmente desenvolvida para funcionar como un roteador, incluíndo unha interface de xestión que facilita a configuración de diversos servizos como rutas dinámicas, DHCP, proxy, alta dispoñibilidade etc.
Por ser baseado en software libre, Vyatta pode ser instalado en calquera hardware convencional ou até ser virtualizado. Por ser un software libre, el pode ser obtido gratuitamente, incluíndo o seu código fonte. Por ser unha distribución GNU/Linux, podes instalar e configurar calquera software que non sexa orixinalmente soportado por Vyatta. Por ser un produto comercial, podes contratar servizos de soporte e formación, tendo inclusive a opción de adquirir appliances, que son hardwares especializados que xa veñen co Vyatta instalado.
Vyatta está desenvolvida pola empresa de mesmo nome, Vyatta, Inc. Acollida en Belmont, California, a empresa está composta por especialistas oriundos de grandes compañías (Cisco, Nortel, Redhat, Sun Microsystems, Redback Networks, Digital Island, Level 3, Internap, Hewlett-Packard, Oracle e AMD).
O modelo de negocios da Vyatta é baseado na venda de soporte, servizos, formación e hardware.
«Hai diferencias entre o sw descargado e o de pago?» A resposta é «non existe unha versión de pago«.
Tes un bo artigo explicando unha instalación súa a partires dunha imaxe ISO (cd-vivo) feito por Davidson Rodrigues Paulo.
En: FLOSS, Negocios, Seguridade por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »