Conferencias de Stallman en Ourense e Vigo
Richard Stallman, quen forma parte do comité asesor do Máster de SwL de Caixanova e referente do mundo do software libre, estará presente en Ourense e en Vigo para impartir conferencias abertas ao público. O acto de Vigo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h.
O programa da xornada é o seguinte:
- O movemento do Software Libre, por Richard Stallman.
- Entrega dos diplomas aos alumnos da edición 2007/2008.
- O perigo das patentes, por Richard Stallman.
Podes inscribirte á Conferencia de Stallman en Vigo preme aquí.
A foto deste artigo é unha que lle fixen no CESGA durante a súa primeira estadía na nosa comunidade no 2005. Tan grande era esa «aureola» que o propio Stallman incluíuna na súa web na sección «Photos and drawings«.
asennadas![]()
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla

[...] a segunda xira de Richard Stallman ( Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un [...]
Gran conferencia hoxe en OU, unha pena o horario xa que as 10 da noite cortaron a sua exposición. A verdad que hai que dar grazas para que en Galiza podamos ter estas conferencias.
¿Brenlla tes un Landrover? pareceume verte.
Saudos,
Non Eloy, o meu é este aínda que axiña é probable que o cambie cara o novo híbrido de Toyota, o Prius, que sae en setembro.