GP China, domingo – 20090419

Previo

Coa confirmación de ser o máis lixeiro da grella de saída, Alonso partíría cos super-brandos para tan só unhas poucas voltas tal e como sospeitaba. Acho que sería moi boa estratexia xa que logo quitas de enriba a obriga de usar os neumáticos máis degradantes e ficarías tranquilo e competitivo para as derradeiras voltas, cando realmente importa e sen o peso de ter que exprimir demais tales gomas.

Porén a cousa deu unha volta total porque xove en China! Aínda así non lle pintan mal as cousas aos que saen máis leves se segue a chover (FIA prevé carreira en mollado, acertará?). A pista adoita secarse co paso de moi poucas voltas, se non segue chovendo, claro. Daquela podería cadrar coa prevista entrada para facer o primeiro stint e pór cando menos os mixtos, até arriscarse aos de seco (sexan medios ou super-brandos xa que logo non haberá obriga de usar estes últimos) ou evitar posibles accidentes provocados por unha pista esbaradiza.

Mentras, a tv amosa unha reportaxe sobre Brawn, un excelente enxeñeiro, estratega, polémico por procurar sempre os ócos no regulamento e, agora tamén, un execelente empresario por aproveitar a saída de Honda para mercar un longo proxecto regado con infinidade de cartos por tan só unha libra e, por riba, ser considera escudería nova pero coas vantaxes da vella porque tamén ingresa os dereitos televisivos da Honda, xusto do que se queixa Briatore.

Carreira


Todo un espectáculo, espléndida victoria dos Red Bull, Vettel, enxeñeiro Newey e motores Renault.

Pésima escolla de troca de neumáticos de Renault con Alonso, xusto antes da saída do Safety Car.  Na primeira ocasión entrou na 7ª volta cando podía ir ata preto da 12ª pois, teoricamente, tiña combuistible para 9 voltas pero redando tralo Safety Car é claro que se consume menos. Quen foi que escolleu ese intre para o stint? Foi lamentable. Tamén cometeu un erro que lle custou cinco prazas. De novo o SC  incomodoulle mentres outros ían pasando por boxes cando volveu sair por segunda vez. Unha vez máis a estratexia de Renault quedou en evidencia durante a carreira, cando van en quente. Porén, baixo o meu parecer, fanno ben en frío.

Ferrari terá que discutir a permanencia de Domenicali porque, igual cós Renault, de estratexia e fiabilidade van baleiros… Massa out e Raikkonen tras Alonso.

Fantástico Buemi co Toro Rosso, puntando de novo. Ben os McLaren, puntuaron os dous mailos erros do campión en vixencia.

Clasificación: VET – WEB – BUT – BAR – KOV HAM – GLO – BUE – ALO – RAI – BOU – HEI – KUB – FIS ROS – PIQ

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “GP China, domingo – 20090419”

  1. [...] e como moita xente sospeitaba sobre a debacle de China, Alonso foi chamado por Renault a facer a súa entrada na volta 7ª porque [...]

Olark Livehelp