GP Bahrein, domingo – 20090426
Previo
Demorei en pór este previo porque instalaba a Jaunty, dende a que xa escribo.
Practicamente o único interesante son os pesos, que diferencian a grella, e maila ausencia da presunta treboada de area. Os neumáticos igual cós de Australia e Malasia, superbrandos e medios.
Carreira
Primeiras voltas espectaculares! Na 13ª volta iban BUT HAM VET BAR RAI TRU ALO ROS GLO PIQ, cando xa pararon os Toyota, que cargan moito e montan duros. Ramatan as primeiras paradas na 21ª con Raikkonen comandando, por fin un Ferrari neste ano! Por certo, Massa trocou de alerón dianteiro por un toque na primeira volta. Na seguinte volta RAI ALO ROS van 8º, 9º e 10º, xuntos igual có comezo.
Na segunda parada é onde as diferenzas son máis acusadas, estendéndose aínda máis Raikkonen e Rosberg.
Finalmente, poucos abandonos, ningún SC e os dez primeiros postos quedaron así:: BUT VET TRU HAM BAR RAI GLO ALO ROS PIQ.
En: Racing por Roberto Brenlla
