Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da súa vida, atopes moitas e asombrosas semellanzas entre os dous.

Cando Lutero cravou as súas noventa e cinco teses na porta da igrexa de Todos os Santos de Wittenberg o 31 de outubro de 1517, non imaxinaba que aquilo ía provocar unha escisión de tal calibre na orde relixiosa imperante representada pola Igrexa, a católica ou universal. De feito era moi habitual entre os cregos iniciar debates deste xeito.

Lutero non sospeitaba que diversas copias das súas 95 teses circularan con gran rapidez. Isto foi posible grazas á aparición, uns cuarenta anos antes, da imprenta móbil de Guttemberg quen ademais tivo que perfeccionar o papel, modificar a tinta e formar a artesáns. Antes facíanse copias, existían imprentas, pero a de Guttemberg foi a que asentou as bases da nova técnica de impresión. Axiña houbo unha centea desas imprentas e antes do comezo do século XVI reproducíronse 40.000 edicións distintas, aproximadamente uns nove millóns de exemplares. Nada comparable co pasado.

Coas 95 teses Lutero pretendía debatir sobre a práctica común das indulxencias, «unha especie de cheque certificado estendido polo Papa á conta do tesouro de mérito acumulado polos santos«. Ao seu criterio, o único tesouro da Igrexa era o Evanxelio. Porén, séculos antes de Lutero houbo moita xente que desexaba atinxir a idea de «voltar á Igrexa primitiva«, mais non poideron con ese obxectivo.

Lutero chegou a mandarlle dúas copias ao Papa mentras seguía meditando, sufrindo. Loitaba contra os impulsos da carne, o odio ou a envexa e sempre perdía. «Que opcións tiña de salvarse?» Mais un dia volveu a escoitar «creo no perdón dos pecados» e nese intre tivo unha revelación, «sentín como se volvera a nacer«. Cría ter recibido a gracia de Deus, sen facer nada!

Tras proclamar a súa descoberta, comprobou que moita xente coma el, padecía a mesma ansiedade. É máis, nunha viaxe a Roma propuxo a idea de que cada home é un sacerdote, que non depende de ninguén. Nótese que home vén do latín ‘homo‘, ser humano, derivado do sánscrito ‘man‘, co mesmo significado xa que para home-macho empregábase ‘vir‘, varón.

A incipiente revolución xa definira ao seu inimigo. Non era nin a relixión nin os fieis senón o propio pontífice e mailos seus ritos máxicos, o seu proceder. Daquela, cando por fin chegou a Wittenberg a bula papal, Lutero só desexaba facer unha cousa, queimala perante a multitude.

Coa Idea asentada, xordida oportunamente e distribuída grazas á imprenta, a xente comezou a aprender as novas palabras, a propagalas e até acentualas, sobre todo quen pertencía ás novas xeracións con neófitos ás veces máis estritos e intolerantes có propio percusor da Idea. Tal é o caso de Calvino ou das máis de trescentas seitas xordidas tras Lutero. Pero iso xa é outra historia.

Paralelismos

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Na escrita pode ser máis complexo de expresar pero… ves algúns palarelismos? Por exemplo, a imprenta, a relixión vixente, o retorno ao Evanxelio, etc.

Teño que recoñecer que compartilo coas miñas amizades deume momentos realmente memorables. E compartilo con quen me recomendou o libro, Javier de la Cueva, até foi sorprendente pois a súa resposta deume mostras de total empatía: «a min pasoume o mesmo!«. A lo menos non era o único en atopar eses paralelismos.

Deixarei este artigo como o primeiro do blog uns cantos dias xa que estou en Vigo precisamente para asistir ás conferencias de Stallman que terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h.

O programa da xornada é o seguinte:

  • O movemento do Software Libre, por Richard Stallman.
  • Entrega dos diplomas aos alumnos da edición 2007/2008.
  • O perigo das patentes, por Richard Stallman.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp