Mapa coa actividade mundial do SwL

Red Hat vén de anunciar un mapa coa actividade mundial do SwL baixo o epígrafe Open Source Activity Map. Feito en JavaScrip, tal mapa amosa o nivel relativo da actividade do SwL en 75 países sendo a número 1 Francia e España segunda.

Hai varias ligazóns describindo como foi atinxida esa clasificación, ao parecer cuns algoritmos nada sinxelos.

Fonte da nova e da foto.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ubuntu 9.04 released

The Ubuntu team is pleased to announce Ubuntu 9.04 Desktop and Server editions and Ubuntu Netbook Remix, continuing Ubuntu’s tradition of integrating the latest and greatest open source technologies into a
high-quality, easy-to-use Linux distribution.

Read more about the features of Ubuntu 9.04 in the following press releases:

Desktop edition    http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-desktop
Server edition     http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-server
Netbook Remix      http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-unr

Ubuntu 9.04 will be supported for 18 months on both desktops and servers. Users requiring a longer support lifetime may choose to continue using Ubuntu 8.04 LTS rather than upgrading to or installing 9.04.

Ubuntu 9.04 is also the basis for new 9.04 releases of Kubuntu, Xubuntu, Edubuntu, UbuntuStudio, and Mythbuntu:

Kubuntu      http://kubuntu.org/news/9.04-release
Xubuntu      http://xubuntu.org/news/9.04-release
Edubuntu      http://edubuntu.org/news/9.04-release
Mythbuntu      http://mythbuntu.org/9.04/release
Ubuntu Studio      http://ubuntustudio.org/downloads

To Get Ubuntu 9.04
——————

To download Ubuntu 9.04, or obtain CDs, visit:

http://www.ubuntu.com/getubuntu

Como ves, tan só copiei e peguei do correo-e recibido :-)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Negueime a patentar Internet porque é de todos (Vinton Cerf)

Vinton ‘Vint’ G. Cerf, científico estadounidense, considerado como un dos ‘pais’ de Internet dino alto e ben claro: «Negueime a patentar Internet porque é de todos» en clara alusión aos efectos preversos das patentes.

A principios dos anos 70 Cerf comezou a traballar con Robert Kahn no desenvolvemento dun conxunto de protocolos de comunicacións para a rede militar ARPANET financiado pola axencia gobernamental DARPA. O obxectivo era crear unha «rede de redes» que derivou en Internet. Actualmente Vinton Cerf é o Chief Internet Evangelist de Google, ocupación que compaxina co cargo de presidente do ICANN.

O creador da Rede, Vinton Cerf, destacou onte o sentido global desta tecnoloxía, na que «só cabe o desenvolvemento en comunidade«. Díxoo na inauguración da 18ª Conferencia Internacional WWW que se está a celebrar en Madrí. O certame cadra nesta edición co 20º aniversario da World Wide Web, a tecnoloxía que «achegou orde ao caos de información e comandos que conformaba Internet«. Tamén é algo vivo, «que evolucionou moito ao longo destes vinte anos e que seguirá facéndoo no futuro» xa que hoxe «sería impensable un mundo sen Internet. Afixémonos a ter toda a información dispoñible a só uns clics«.

«A clave reside en que a comunidade de programadores envorcouse moito neste invento; desenvolveron aplicacións compatibles unas con outras e hanse amoldado ben aos descubrimentos doutros compañeiros da industria«, indica Tim Berners-Lee, creador da WWW.  E Cerf engade que «Cando creei Internet, negueime a patentalo. É unha tecnoloxía pensada para a sociedade, para que as persoas poidan informarse e comunicarse entre si. Os intereses particulares de liderar a industria con aplicacións patentadas e incompatibles coas do resto de programadores non teñen sentido aquí«.

E espeta, en clara referencia a empresas como Micro$oft: «Por suposto, as aplicacións propietarias (n.d.r. acho que sería mellor que dixera ‘privativas’) teñen cabida no mercado, pero o conxunto de Internet só poderá evolucionar a través dun desenvolvemento compartido, en comunidade«.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Arte de HACKEAR Pessoas

É o título dun libro de Antonio Marcelo e Marcos Pereira, editado por Brasport. Aborda os problemas da enxeñaría social,  os crimes dixitais, ataques de phishing e afíns.

O libro consta dos seguintes capítulos:

  • Capítulo I – Hackeando Persoas
  • Capítulo II – Presentando ao Enxeñeiro Social
  • Capítulo III – Enxeñaría Social para Diversión e Lucro
  • Capítulo IV – Scripts de Ataque e Ataques Web
  • Capítulo V – Boas Prácticas e Ferramentas de Defensa
  • Apéndice – describe os principais ataques de phishing no escenario brasileiro.

Liuz Vieira comenta o  libro polo miúdo xa que logo actúa e escribe artigos na área de Seguridade TIC e tamén actúa como sicoterapeuta, dispoñendo, polo tanto,  de dous perfís idóneos. O interesante artigo de Luiz é válido tamén como resumo do libro.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

A seguir deixo a tradución automática ao galego.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Actualizando a BIOS nun Dell

Teño un portátil Dell XPS M1330, o mesmiño có socio e amigo Carlos e daquela deixo aquí o que fixo el para anovar a versión da BIOS dende GNU/Linux, mellora da que me aporveitei hai uns intres.

O documento base provén da wiki Dell Firmware Repository. Acontece que o script que deixan aló está pensado para o inglés e se tes a contorna noutro idioma simplemente non valerá.

Comeza engadindo estes novos repositorios:

deb http://linux.dell.com/repo cross-distro dell-firmware
deb-src http://linux.dell.com/repo hardy dell-software
deb http://linux.dell.com/repo hardy dell-software

Nunha terminal como root vai facendo:

root@lhermes# aptitude install dell-repository-keys
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

root@lhermes# aptitude install dell-firmware-repository dell-software-repository
(…)
¿Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza "Si"; para abortar, introduza "Non": Si

Rematado isto instala o firmware:
aptitude install firmware-addon-dell
aptitude install firmware-tools
aptitude install system-bios-xps-m1330
update_firmware --yes

O proceso remata coa mensaxe «Update complete. You must perform a warm reboot for the update to take effect«. Só foi reiniciar en quente e agardar uns intres.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oracle merca Sun Microsystems, e que?

Finalmente e mailo interese de IBM foi Oracle a que acadou un acordo para comprar Sun Microsystems por 5.600 millóns de dólares, cantidade que representa unha prima do 42% sobre o peche do pasado venres. Se se ten en conta a débeda de Sun, a operación sairalle a Oracle por 7.400 millóns de dólares.

Dáse a circunstancia de que fai quince días o xigante IBM retirou unha oferta de compra por Sun Microsystems ao non chegar a un acordo coa empresa de Larry Ellison. IBM ofrecía 5.200 millóns de dólares, un prezo que Sun rexeitaba por ser demasiado baixo.

O conselleiro delegado de Oracle, Larry Ellison, mostrou a súa satisfacción co acordo alcanzado e afirmou que «a compra de Sun transforma a industria de tecnoloxías da información«, mentres que o presidente de Sun, Scott McNealy, cualificou a fusión (?) como a «evolución natural da relación entre as dúas empresas» e afirmou que o evento supón un «fito» na historia do sector.

Artigo orixinal é «Oracle acuerda comprar Sun Microsystems por 5.600 millones de dólares – 1179741 – 20/04/09 – elEconomista.es«.

Opinión

A igual que acontecera cando era público o interese de IBM non teño temor polos proxectos libres que lideraba Sun, a lo menos de entrada. Para comezar, será tan parva Oracle de gastarse unha morea de cartos para logo destruir eses proxectos? Ese malgasto ou derroche de cartos coido que non acontecerá, é lóxico, sería como «un tiro no pé«. Suponlle a Oracle unha oportunidade por asentarse nun mercado inevitablemente emerxente incluíndo unha oferta que apenas posuía? Dende logo! E que acontecerá cos proxectos libres se deixan de ser liderados pola nova propietaria? Coma sempre, confío na comunidade, leva anos demostrándoo en múltiples casos. Como moito habería un adiamento na continuidade dalgún proxecto porque é complexo iniciar todo un movimento social para xerar un fork libre pero, de ser preciso, facerse faise.

En todo caso, se ollamos cara atrás, mellor que veña Oracle! A entrada de IBM supuxo o nacemento da Fundación Apache, a entrada de recursos ao desenvolvemento do kernel Linux, publicidade… Coa de Sun naceu o proxecto OpenOffice.org, a liberación de Java… Coas de AOL o nacemento da Fundación Mozilla… Daquela por que termos temor?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

COMO Twitter no Pidgin

Hai uns dias atopara esta nova e deixeina compartida. Agora decidín levalo adiante seguindo o README da páxina do proxecto microblog-purple xunto aos detalles que precisei para levalo a bo termo.

Fágoo nun terminal dunha Ubuntu porque é ben máis doado xa que logo só tes que copiar e pegar ;-)

sudo su
echo "deb http://ppa.launchpad.net/sugree/ubuntu hardy main" >> /etc/apt/sources.list
exit
sudo apt-get update
gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 0CF459B8DF37ED8B
gpg --export --armor 0CF459B8DF37ED8B |  sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install pidgin-microblog

Agora vaite ao Pidgin e reiníciao, activa o complemento Twitgin e crea unha nova conta baixo o protocolo Twitter IM. Pon  nome e contrasinal da túa conta Twitter e listo!
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Simulador en SwL reproduce calquera parte do sistema nervioso

Un simulador baseado en software libre permite reproducir calquera parte do sistema nervioso humano permitindo investigar novas enfermidades ou o ensaio de novos fármacos.  Trátase dunha aplicación informática desenvolvida por un equipo científico da Universidade de Granada (UGR) e batizada como EDLUT (Event-Driven Look-Up Table na Wikipedia).  Grazas a este simulador, baseado en Software Libre, pódense observar a retina, o cerebelo, os centros auditivos ou os centros nerviosos, entre outras partes.

«EDLUT representa un avance científico que permitirá analizar e comprender mellor as funcións dos centros nerviosos, investigar novas patoloxías e enfermidades ou ensaiar novos fármacos. Ademais, servirá para perfeccionar os robots e máquinas inspirados no corpo humano e o sistema nervioso«, explicaron os investigadores da UGR.

Esta nova aplicación, a diferenza doutras parecidas que xa existían anteriormente, permite simular varios centos de miles de neuronas á vez, en lugar de varias decenas. Isto é posible grazas a que «compila» o comportamento dunha neurona ou varios tipos de neurona nunha primeira fase e logo simula sistemas neuronais de media e gran escala baseándose nestes modelos precompilados. «Este feito supón un avance tecnolóxico fundamental e repercute indiscutiblemente na calidade da simulación dos nervios«, apuntou o profesor Eduardo Ros Vidal, responsable do proxecto.

O artigo orixinal titúlase «Un simulador basado en software libre permite reproducir cualquier parte del sistema nervioso humano«.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP China, domingo – 20090419

Previo

Coa confirmación de ser o máis lixeiro da grella de saída, Alonso partíría cos super-brandos para tan só unhas poucas voltas tal e como sospeitaba. Acho que sería moi boa estratexia xa que logo quitas de enriba a obriga de usar os neumáticos máis degradantes e ficarías tranquilo e competitivo para as derradeiras voltas, cando realmente importa e sen o peso de ter que exprimir demais tales gomas.

Porén a cousa deu unha volta total porque xove en China! Aínda así non lle pintan mal as cousas aos que saen máis leves se segue a chover (FIA prevé carreira en mollado, acertará?). A pista adoita secarse co paso de moi poucas voltas, se non segue chovendo, claro. Daquela podería cadrar coa prevista entrada para facer o primeiro stint e pór cando menos os mixtos, até arriscarse aos de seco (sexan medios ou super-brandos xa que logo non haberá obriga de usar estes últimos) ou evitar posibles accidentes provocados por unha pista esbaradiza.

Mentras, a tv amosa unha reportaxe sobre Brawn, un excelente enxeñeiro, estratega, polémico por procurar sempre os ócos no regulamento e, agora tamén, un execelente empresario por aproveitar a saída de Honda para mercar un longo proxecto regado con infinidade de cartos por tan só unha libra e, por riba, ser considera escudería nova pero coas vantaxes da vella porque tamén ingresa os dereitos televisivos da Honda, xusto do que se queixa Briatore.

Carreira

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP China, sábado – 20090418

Previo

Entre GPs case que toda a atención centrouse na resolución definitva da FIA ao respecto dos difusores. Finalmente si, son legais e todas as escuderías agás as «tres dos difusores» están estresadas e investindo para axilizar a adaptación de tal interpretación regulamentaria aos seus monopostos, cousa que esixe un redeseño dende oa aleróns dianteiros ata unha posible susbtitución da caixa de cambios como lle ocorre aos Red Bull.

Durante a cea en Vigo do xoves estivemos debatindo a gran xogada de Ross Brawn. Aproveitouse dun forte investimento de Honda, deseñou con calma o monoposto, presentouno a Alonso no verán de 2008 seguros do seu éxito, segundo algunhas fontes quédase coa escudería polo prezo dunha libra a cambio de garantir a maioría dos empregos, créase unha nova escudería pero concédeselle os 30 millóns de euros de dereitos televisivos que lle correspondía á Honda (algo do que dará máis novas pola pretendida protesta que liderará Briatore)  e, coas apostas a prol da Brawn practicamente inexistentes, están a dominar estas primeiras carreiras. Se alguén apostase quen gañará este mundial obtería moitos cartos e a nosa pregunta na cea era: «terá apostado Ecclestone que a Brawn ía retamar o campionato entre os tres primeiros?» Se el ou alguén máis fixera unha aposta por Brawn pode estar a piques de recibir unha boa cantidade de cartos extras…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Todo o que se poida dixitalizar vai ser dixitalizado

Son verbas do premio Nobel de Economía de 2008, Paul Krugman. Descoñezo se son da súa orixe porque tal afirmación lévoa escoitando dende hai certo tempo. Sexa como fora,  semella unha verdade irrefutable, algo que debería ser asumido á maior brevidade por todos os sectores implicados por ser unha variable determinante. Tan determinante que pode provocar desaparicións de produtos e servizos ou cando menos necesidade de profundas adaptacións.

Tes o artigo de Krugman onde se menciona tal afirmación e unhas poucas liñas analizando os efectos da dixitalización de produtos e servizos.

A que conto véu isto? Pois ao polémico nomeamento da nova ministra de Cultura. Como a moitos, a min non me importa nin a política nin o grupo que a nomeou senón as posibles consecuencias dunha persoa cunha afinidade e interese claros nunha das bandas, á contraria á internauta e mailo coñecemento libre. Lendo sobre isto no blog de Javier de la Cueva souben do artigo de Krugman.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Intellipedia, a Wikipedia para espías

A axencia norteamericana CIA (Central Intelligence Agency) está protoganizar unha revolución tranquila en unión coas súas axencias irmás. Unha nova xeración de analistas decidiu entrar na de cheo na Web 2.0 para compartir información e favorecer o consenso interno. Para todo isto crearon Intellipedia.

Segundo a Wikipedia, Intellipedia é unha rede de tres wikis internas das redes estadounidenses de acceso restrinxido JWICS, SIPRNet e Intelink-U empregadas por 16 axencias de intelixencia dos Estados Unidos. Esta rede non é de acceso público.

En outubro do 2006, Intellipedia contaba con 28.000 páxinas e 3600 usuarios. Adícase a recoller información sobre áreas, persoas e temas de interese para as comunidades de intelixencia. Intellipedia usa MediaWiki, o mesmo software da Wikipedia. A pesar de que o seu nome aluda a unha enciclopedia, aseméllase máis a unha wiki corporativa que a unha enciclopedia.

Hoxe, de acordo coa CIA e maila oficina do Gabinete do Director da CIA, Intellipedia contén 900.000 páxinas consideradas obras maestras da espionaxe, 100.000 contas de usuario, 5000 edicións de páxinas ao dia e un intenso tráfico de rede.

O creador da Intellipedia é o analista da CIA D. Calvin Andrus, que escribiu en 2004 un documento titulado «The Wiki and the Blog: Toward a Complex Adaptive Intelligence Community«.

Outras informacións curiosas están na fonte (Wikipedia for Spies: The CIA Discovers Web 2.0)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp