Navegador Chromium, instalando e probando
Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).
Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.
Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.
Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):
Incluir o repositiorio
deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main
Incorporar as chaves GPG e instalalo:
gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser
Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.
Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.
As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadas![]()
En: AGNIX, Cultura Libre, Curiosidades, FLOSS, Internet, Negocios por Roberto Brenlla
1 Comentario »









