Matará SaaS ao SwL?
No outono de 2006 estreei unha presentación titulada "Cara onde vai o Software Libre?" que logo repetín o 7 de febreiro de 2007 na CISL de Badaxoz cun mínimo de tempo dispoñible. Daquela decidín centrarme tan só na visión pesimista dun sempre hipotético futuro. 
Os puntos tratados foron: DRM (Digital Rights Management), Hardware Privativo, Innovacións e Ciclos Tecnolóxicos, Comunidade e Ofertas Disgregadas, Eleccións Políticas, Patentes, Licenzas Libres e leis, SaaS (Software As A Service), Só para nerds, geeks e frikis?, Venda minorista, Recoñecemento de Voz do Vista.
Co paso do tempo algúns deles semella ter sido só un pánico infundado provocado por efectivas campañas comerciais, como é o caso do Vista, pois até véu ben a súa chegada ao mercado porque a xente comezou a cuestionarse intensamente o por que actualizarse a esa morralla. Doutros puntos si poderíamos seguir a falar aínda que precisaría máis artigos.
No caso concreto do SaaS a cousa segue a ser unha ameaza e se cadra aí quede para sempre, nunha ameaza máis ou menos sólida. Entendo que siga a causar temor como leo hoxe neste artigo (atopado en menéame.net) aínda que case repita o que sinala Wikipedia.
Pasaron máis de tres anos desde que fixen esa presentación reflexionando sobre isto mesmo e, a dia de hoxe, a cousa semella non ser para tanto. Pode ser un nicho de mercado en auxe pero temo que non coa velocidade necesaria para ser unha ameaza nin a medio prazo. Para cando esteamos nese medio prazo pode que teñamos outro escenario ben diferente no que si, con certeza, estamos a ser testigos de excepción: a concentración de terminais móbiles.
En: Eventos, FLOSS, Negocios, Pensamento, Persoal, Relatorios por Roberto Brenlla

[...] O problema da fenda dixital “non é tanto polo acceso ao hardware senón pola cuestión do software”, segundo o delegado de Economía e Emprego do Concello, Miguel Anxo Villanueva, polo que ‘Madrid on Rails’ estudará o plan de negocio dos proxectos innovadores que se presenten. Logo desenvolverán, de xeito gratuíto, ferramentas de software personalizadas e baseadas en tecnoloxías abertas que respondan ás necesidades reais de cada empresa. O centro tamén impartirá formación e ofrecerá software de xestión de empresas empregando metodoloxía SaaS. [...]