A prol do SwL no Ensino
Diversas organismos e persoas publicamos a versión definitiva do manifesto «A prol do SwL no Ensino«. Temos versións en galego e castelán que agora hanse repartir aos medios de comunicación e partes interesadas xa que logo é previsible que mañá, durante o debate do estado da nación, o presidente do Goberno anuncie a distribución de mini-pcs ao alumnado de primaria contendo no seu interior software privativo.
Sabendo de antemán a previsible reacción da comunidade, a empresa de software privativo beneficiada está a tomar astutas medidas. Segundo sinala Roberto Santos:
«Parece que M$ está aplicando el principio de «libertad de elección«…a su manera… y está negociando con todos los integradores para que pongan «doble arranque» y que paguen en la fase de preinstalación (OEM) con lo que se asegura que él se lleva lo suyo. Incluso parece que van a meter un programa en el que elijes al principio (en el primer arranque) y elimina la otra partición, donde está el otro SO, dejándola para datos.»
Nota: Nestes intres estase a traballar no formulario que permita asinar este manifesto. Desculpa a demora na actualización da ligazón coa que remata este documento.
En: AGNIX, Cultura Libre, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla

[...] e como estaba previsto, o presidente do Goberno anunciou a entrega de mini-pcs ao alumnado de primaria. Lamentablemente [...]
[...] vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga declaración sobre [...]