Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante.

Púxoas a disposición de todo o mundo, porque, segundo di, “Onde estaría eu se non me nutrira do traballo xerado por outros que antes ca min creron na difusión da cultura e no software libre?“.

Todos os textos están en formato PDF (un estándar aberto) e dispoñibles baixo o seu correspondente contrato de cesión de dereitos con licenza Coloriuris Amarelo. Os temas tratados van dende o editor Vim, exercizos con SSH, LVM (Logical Volume Manager), Cron, copias de seguridade, Bash e MySQL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.