A falacia da Fundación Gates

Só son "Nubes escuras sobre os bos traballos da Fundación Gates" segundo sinala o xornal Los Angeles Times, un medio do propio país da fundación presidida por Bill Gates e maila súa esposa que onte estivo en entrevista persoal co presidente do goberno Zapatero. A mesma fundación á que lle deron o premio Príncipe de Asturias no 2006. Daquela, cando recibira ese premio, escribín que tal feito era vergoñento. Ao dia seguinte dubidaba "Non sei se estou errado". Agora acho que non.

Tal artigo ofrece datos sorprendentes. Ceñíndome ao que resume Paul Brawn (director de Linux Magazine), por quen souben desta nova, a fundación

Só o 10% da fundación adícase á caridade e filantropía. O resto invéstese en banca, petro-químicas, faramaceúticas, etc.

É certo, ao tempo que investen para erradicar a poliomielite e sarampelo $218 millóns tamén, case o dobre, $423 millóns van para Eni, Royal Dutch Shell, Exxon Mobil Corp., Chevron Corp. e Total (Francia) que polucionan máis aló do permitido a delta do Níxer. Os investimentos poden ser xestionados por diversas organizacións dependentes da fundación, por exemplo a Bill & Melinda Gates Foundation Trust é unha delas.

Para coñecer estes e outros investimentos en detalle hai que acudir á fonte pois o seu artigo é ben extenso.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Responses to “A falacia da Fundación Gates”

  1. Din onte con ese artigo a través deste comentario que alguén deixou nunha entrada en barrapunto. Moi esclarecedor desde logo.

    O que sí é de agradecer é que os medios de comunicación dos EE.UU. teñan esa capacidade de independencia como para sacar unha información tan pouco favorable á imaxe dun dos tipos máis ricos do mundo e compatriota seu.

  2. [...] novas co Sw Libre como protagonista. Comezo cunha case en ton de humor pois ZP confirmou que o filántropo lle dixo que “había unha rexión en España que destacaba no liderado mundial pola extensión das [...]

Leave a Reply