Moblin para netbooks, primeiras impresións

Moblin estaba a ter unha historia un tanto rara. No pasado mes de abril Intel entregou o seu proxecto Moblin á Linux Foundation e moita xente creu que o xigante dos micorprocesadores quixo afastarse do proxecto. Porén, Intel logo anunciou que estaba traballando con Novell para levar Moblin aos escritorios dos netbooks. Semella que máis ca afastarse do proxecto, Intel desexaba ver que se trataba dun proxecto Linux e non un del.

Moblin está baseado en Fedora, emprega o escritorio e aplicacións de GNOME pero tamén é diferente de calquera outra distro.http://tbn3.google.com/images?q=tbn:MMI3h4grhNQKuM:http://www.blogcdn.com/www.engadget.com/media/2009/01/moblin-20090130-600.jpg

Como de distinta é Moblin? Ben, máis ca un sistema centrado en aplicacións como a maioría dos sitemas operativos, Moblin está centrada en funcións. No canto de abrir un navegador tes un separador na barra de menús para cambiar o teu status en Twitter ou acceder a Internet. A pantalla principal, nomeadamente M-Zone, é o centro de comando do usuario para atopar ao amizades activas e comunicarse con elas..

É eficaz o obxectivo «centrada en funcións«? Adrian Kingsley-Hughes cre que non.  A primeira vez que arrancou Moblin enfrontouse a un conxunto de misterios na navegación. O único xeito de saber o que fai cada unha desas cousas é premer nela e agardar ver que acontece. O estado actual deste sistema transforma un netbook nun dispositivo moi limitado e é posible que moita xente non chegue saber como engadir aplicacións ao sistema, cousa que en calquera distro é moito máis doado.

O proxecto é prometedor, adecuado para netbooks pero polo de agora Adrian opina que Moblin transforma o seu netbook nunha plataforma xoguete para empreglo con Twitter.

Tes varias pantallas do sistema en funcionamento e un artigo do New York Times analizando a estratexia de Intel.

En apoio da Moblin vén Linpus,  empregado principalmente en modelos como Acer Aspire One, Northtec Gecko e Airis Kira,  xa que anunciou que mostrará no Computex (Tapei, 2-4 Xuño) a súa versión de Linpus Lite baseada en Moblin 2.0 con versións da interfaz de usuario de Linpus e Intel (Fayer Wayer).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “Moblin para netbooks, primeiras impresións”

  1. [...] igual co Moblin ou o Ubuntu Netbook Remix (UNR), o obxectivo do sistema operativo Jolicloud baseado no UNR [...]

Olark Livehelp