GP Mónaco, xoves – 20090521

Previo

Como é costume en Mónaco, a primeira xornada de adestramentos comezan os xoves.

Pero antes  hai que comentar o moito acontecido entre o GP de España e este. Ferrari trouxo a España unha evolución tan grande do seu monoposto que o chamou Ferrari B aínda que os resultados finais non lle foron favorables porque, unha vez máis, os Brawn dominaron. Barrichello semellaba que ía ser o gañador ata unha troca de estratexia durante o GP por parte da propia escudería. Isto enfureceu a Rubinho que finalmente aceptou a resposta dada por Brawn e a cousa non pasou a maiores.

Namentres isto pasaba, Renault únese á proposta de Ferrari ameazando con non participaren na vindeira temporada se persisten as intencións da FIA de esixir un máximo orzamentario nas escuderías co gallo de facilitar a entrada de novos equipos. Montezemolo até afirma que Ferrari pode ir cara outra categoría.

Ao xa incomodo case xeneralizado por mor da disputa polos difusores e maila opción de empregar KERS, Briatore afirma que o campionato estará axiña en mans dos Brawn. O único capaz de impedilo, os Red Bull, están a estrear neste GP de Mónaco os seus dobres difusores.

Chuzame! A Facebook A Twitter

PloneGov, e-goberno libre

Plonegov, é un proxecto internacional de código aberto para desenvolver aplicacións de goberno electrónico usando Plone, sistema de xestión de contidos, que vén de ser lanzado oficialmente hoxe en Sorrento, no sur da Italia.

PloneGov Italia, por exemplo, comeza con catorce integrantes, que amosan a esperanza de aumentar a reutilización de modelos e módulos desenvolvido nas administracións públicas europeas.

Varios proxectos semellantes estanse a producir noutras zonas europeas. Así, hai máis de 75 administracións públicas francesas e belgas, nomeadamente CommunesPlone, está a acadar moito éxtio.Estanse a desenvolver módulos de intranet/extranet, ferramentas de xestión de concellos, xestión de documentos administrativos, etc.

De igual xeito, entroutros máis, Udalplone é outro grupo que abrangue adminstracións públicas do País Basco de España e Francia.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GtkLauncher, IDE para GNU Smalltalk

GtkLauncher é un IDE (Integrated Development Environment) para a linguaxe GNU Smalltalk que atopei nesta fonte.

Aínda estando actualmente na súa versión 0.2.0, este IDE xa inclúe moitas ferramentas:

  • Transcript, unha especie de consola onde pór información
  • Workspace, onde podes evaluar o código
  • Browser, onde se listan os espazos de nomes, clases e métodos
  • Finder, para navegares pola contorna
  • Inspector,
  • Implementors
  • WebKit

Se queres instalar GtkLauncher, emprega SVN :

svn co http://bioskop.fr/svn/gst/GtkLauncher/trunk/
cd GtkLauncher
gst-package -t ~/.st package.xml
./gst-GtkLauncher

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guías de Sw Libre

Ao fío da nova anterior, seica hai tamén outra páxina con abundante documentación sobre Sw Libre, nomeadamente Guías Linux.

Podes descargar calquera dos seus máis de 800 manuais, sen subscribirte e abranguendo diversos temas: RFCs, administración de sistemas, ADSL, WiFi, comandos, programación, cursos completos, etc.

A máis acaban de anunciar o material dun curso bastante profundo baixo o título de «Introdución aos servizos en GNU/Linux«, baseado en Debian no que explican as configuracións de servizos como DNS, DHCP, LDAP, Correo, FTP, LAMP, etc.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante.

Púxoas a disposición de todo o mundo, porque, segundo di, «Onde estaría eu se non me nutrira do traballo xerado por outros que antes ca min creron na difusión da cultura e no software libre?«.

Todos os textos están en formato PDF (un estándar aberto) e dispoñibles baixo o seu correspondente contrato de cesión de dereitos con licenza Coloriuris Amarelo. Os temas tratados van dende o editor Vim, exercizos con SSH, LVM (Logical Volume Manager), Cron, copias de seguridade, Bash e MySQL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL na Cámara de Comercio da Coruña

O vindeiro xoves 21 de maio 2009 ás 19 hs darei un relatorio titulado «Linux e Software Libre: Garantía de Éxito para as PEMES» na Cámara de Comercio da Coruña sita na rúa Alameda 30-32 1º – 15003 A Coruña.

Se estás interesado en acudir ao evento terás que encher antes o formulario.

Farei unha descrición histórica, legalidade e casos de éxito do SwL, semellante ao feito semanas atrás en Salamanca, onde estreara unha nova versión do meu relatorio. Así que agora estouna traducindo e re-editando…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

DisplayLink libera o seu código fonte

Nunha medida esperada por quen apoia ao Sw Libre, DisplayLink anunciou a liberación e publicou o código fonte do seu software gráfico que permite transmitir video por medio do porto USB.

A librería liberada permite a creación de software para GNU/Linux co obxecto que poidan traballar co amplo universo de produtos que utilizan a tecnoloxía.

Para quen desexen baixar a librería e investigar máis do tema, poden seguir a seguinte ligazón.

Souben desta nova por Fernando Acero Martín.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifestos e apoios a prol do SwL, agardando aos feitos

Espero que sexa esta a penúltima entrada sobre o tema dos mini-pc, a lo menos ata termos a resposta definitiva.

Claro, vista a reacción da comunidade (tamén a galega) e até da asociación de consumidores FATUA (menea a nova), presionando a vaga declaración sobre a futura Escola 2.0, dan comezo agora os «manifestos» do PSOE asinado por diversas autoridades e gobernos socialistas, os programas electorais (IU, PP) e demais  parafernalias.

Cansos como estamos xa destas artimañas, só nos resta agardar aos feitos e seguir presionando para que a cordura prevaleza.

Para rematar deixo o derradeiro parágrafo do comunicado que fixemos por estes lares:
"...quen asinamos este documento esiximos unha educación pública con tecnoloxías e coñecementos libres, e non con software privativo como apuntan estas informacións; nin sequera como opción é admisible o software privativo.
Por todo isto apelamos a que vostede mostre a valentía necesaria para anticiparse ao inevitable: a liberdade acabará impoñéndose.
"

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6.

De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos servizos computacionais e mailo seu soporte funcional danlle un potencial que vai ben máis aló dese campo.

No artigo de Frank Ableson faise unha introdución á plataforma Android e apréndese a codificar unha aplicación básica para el.

Lembra que tes máis información en Google Code así como unha lista das acutais aplicacións aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fuzo, a proposta de futuro de Honda

Absolutamente abraiado ao ver a nova proposta de futuro de Honda, nomeadamente Fuzo.

Este coche do futuro voará, terá despegue e aterraxe vertical, catro turbinas para impulsalo a máis de 350 mph (+560 km/h!) e dous joysticks e pedais.

Para a seguridade Honda preparou un sistema Fly-by-Wire que confía no GPS opara evitar os choques. A máis posúe airbags que abren dentro e tamén fóra do vehículo.

Se prefires rodar por terra, o Fuzo inclúe catro rodas que se agochan cando prefires voar. Está feito con fibra de carbono, Kevlar e nano tubos de carbono. A capacidade é de tres pasaxeiros co posto de conducción dianteiro central.

Olla a foto e outras máis que hai neste artigo.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A comunidade de SwL moi crítica con ZP polos mini-pcs

A comunidade está a facer o que pode (basicamente inundar a rede con entradas e novas ao respecto) para evitar á escola 2.0 tal e como a concibe o presidente do Goberno.

Víctor Domingo, actual presidente da AI (Asociación de Internautas), nunha entrevista para ElEconomista.es sinala que ZP ten «unha oportunidade de ouro» para apostar polo Software Libre, advertindo ao xefe do Executivo sobre as «dificultades» que terá para «explicar o gasto en case medio millón de licenzas de sistemas operativos» tendo ademais «unha referencia moi importante» en Estremadura.

Hispalinux non queda atrás e rotundamente espeta «É a maior estafa que se produciu nos últimos 30 anos«.

A cousa está plantexada cun financiamento tipo «vaporware«, a cidadanía cre que sairalle gratis pero a cousa non é tal. Segundo o xornal El País, as comunidades autónomas terán que corresponsabilizarse co gasto, estendendo un bono dixital e «créditos de baixo custo para as familias máis desfavorecidas«. Daí que sexa moi meneada a nova cuxo artigo orixinal está titulado «Anda, la escuela 2.0 tenía truco» que resume a proposta de ZP tal que así:

  • Vostede pasa por caixa para comprar o computador. Toshiba (ou Intel) fai a onda.
  • Se vostede é deses millóns de españois que as pasan putas. Pase vostede polo banco. Banesto fai a onda.
  • Úseo a súa comunidade autónoma ou non, o pc virá con windows. Microsoft fai a onda.
  • Cada vez que queira un librito dixital, vostede pasará por caixa. As editoriais fan a onda.

E se vostede non fai a onda, xa sabe. Será un antipatriota que non soubo ler entre liñas o que quería dicir o artigo 27.4 da Constitución. Si, ese que di «O ensino básico é obrigatorio e gratuíto«.

Dígase tamén que entre as presumibles empresas beneficiadas, alén das multadas pola UE Intel e M$, podería estar a editorial Santillana, pertencente ao grupo PRISA (El País, Canal Satélite Digital, Cuatro…), casualmente afín ao goberno e en grave crise económica.

Hai moitos máis artigos analizando esa escola 2.0. Entre eles destaco «Un ordenador para cada niño en Primaria» e «Zapatero se equivoca«.

SwL non ten cor política

Se cadra paga a pena lembrar que o SwL non ten cor política. Son moitos os exemplos de adopcións da liberdade tecnolóxica tanto de gobernos dun extremo como doutro. Polo tanto esta voráxine de críticas contra ZP non debería considerarse nin contra o seu grupo político nin contra a súa persoa, si sobre esa medida. Obviamente, se tal medida viñera doutro grupo, doutra cor, a reacción sería exactamente e mesma, con certeza.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Teremos software con garantías?

As empresas de software poderían ser consideradas responsables pola seguridade e eficacia dos seus produtos se unha nova proposta da Comisión Europea é aprobada.

As comisarias Viviane Reding e Meglena Kuneva fixeron propostas para que a cidadanía europea teña garantías ao mercaren software do mesmo xeito  que acontece cando mercan produtos físicos.

«As licenzas deben garantir aos consumidores os mesmos dereitos básicos como cando compra un ben: o dereito a obter un produto que funciona con condicións comerciais xustas.«

Na fonte desta nova, de ser levado á realidade esta proposta, sinálase que moitos ficarían en situación delicada. M$ tería que facer abundantes pagamentos por downtime ou virus (por exemplo, polo ‘conficker’ serían 9.100 millóns de dólares) pero… como se podería dar garantías co Sw Libre? Serían as empresas forncedoras/implantadoras? Lembra que o SwL vén cunha cláusula que di «THERE IS NO WARRANTY FOR THE PROGRAM (…)».
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp