Ad Bard Network, a rede de publicidade da FSF
Ad Bard Network é unha rede de publicidade deseñada especificamente para achegar a quen desenvolva, xestione, empregue ou participe na comunidade de Software Libre. Esta rede permitirá a anunciantes comunicarse directamente con clientes clave nesta excitante área.![]()
Co gallo de manter un alto nível de calidade da publicidade, estase a falar de produtos e servizos que amosen un alto grao de compromiso co SwL e maila súa comunidade. Polo tanto o software privativo «non será benvido aquí«.
A rede limita o número de aparicións publicitarias por mes e páxina, non consentindo ningunha outra publicidade, veña donde veña. Deste xeito garántese exclusividade coa audiencia potencial. Teranse anuncios sinxelos, minimalistas, elegantes e moito mellores cás franxas (banners) ou texto enmarcado en bloques doutras empresas.
Quen lea nos sitios da rede Ad Bard representa a persoas que constrúen e soportan proxectos de SwL. Desde GNU a Linux, MySQL ou Postgres, hai moita xente que inflúe e déixase influír en produtos e servizos que teñen éxito na comunidade de SwL.
Podes ter…
- Un dos 25 espazos publicitarios (slots) dispoñibles cada mes, en constante rotación a traverso de toda a rede Ad Bard.
- Unha imaxe de 120 x 90 píxeles de alto.
- E 80 caracteres de texto para acompañar á imaxe.
Tarifas
As tarifas de publicidade en Ad Bard Network son determinadas polo número de sitios web que participen na rede. Os anuncios dispoñibles para xuño e xullo de 2009 a $1.000 $250 por anuncio. Para celebrar o lanzamento da rede ofrécense cun desconto do 75%.
Tes máis información na páxina de Ad Bard e no anuncio feito pola FSF.
asennadas![]()
