Generalitat Valenciá, Madrid On Rails, Estremadura… máis SwL

Nas últimas horas non paran de aparecer novas co Sw Libre como protagonista. Comezo cunha case en ton de humor pois ZP confirmou que o filántropo lle dixo que «había unha rexión en España que destacaba no liderado mundial pola extensión das novas tecnoloxías e o software libre, e esa rexión é Estremadura«. Non creo que lle dixera «e o software libre» pero si todo o demais.

Presentouse onte Madrid On Rails, un centro «de software libre para empresas» financiado polo Plan Avanza para implementar a Catedral das Novas Tecnoloxías, que terá un custe aproximado de 250.000 euros ao ano ao goberno municipal.

O problema da fenda dixital «non é tanto polo acceso ao hardware senón pola cuestión do software«, segundo o delegado de Economía e Emprego do Concello, Miguel Anxo Villanueva, polo que ‘Madrid on Rails’ estudará o plan de negocio dos proxectos innovadores que se presenten. Logo desenvolverán, de xeito gratuíto, ferramentas de software personalizadas e baseadas en tecnoloxías abertas que respondan ás necesidades reais de cada empresa. O centro tamén impartirá formación e ofrecerá software de xestión de empresas empregando metodoloxía SaaS.

Pola súa banda, a Generalitat de Valenciá repartirá a súa distro Lliurex a través do Impiva a diversos sectores empresariais. A responsable de Industria do Goberno valenciano subliñou que este proxecto vai mellorar a competitividade das empresas, posto que o Software Libre adáptase «perfectamente» ás súas necesidades polo que confiou en que sexan «moitas» as pemes que se interesen por incorporar Lliurex. De feito, estímase que unha peme de cinco traballadores aforrará uns 10.000 euros anuais de media o primeiro ano grazas ao uso desta ferramenta informática e 1.500 euros máis nos seguintes exercicios en concepto de actualización e mantemento.

Nesta comunidade, a Consellería de Educación xa conseguiu aforrar 26 millóns de euros desde 2004, cando se puxo en marcha esta iniciativa. Esta ferramenta informática ofrécese tanto en castelán como en valenciano e que a partir do próximo curso utilizarase na rede de Formación Profesional -ademais de Educación Primaria, ESO e Bacharelato- polo que o alumnado sairá xa formado nos programas que empregarán moitas empresas e a migración será «menos traumática», dixo.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp