Se o Open Source gañou, daquela cara onde imos?

Mateus Aslett comenta unhas cantas declaracións que se fixeron nas últimas semanas.

O Código Aberto (Open Source) gañou. Atópase código aberto en todo tipo de software, código aberto ou propietario (dígase mellor ‘privativo‘)”, sentenciou Matt Asay recentemente nun artigo de CNet, provocando un debate con Savio Rodrigues que a súa vez admite neste artigo de InfoWorld que “nolos dous gañamos” (“nós” refírese á industria global de software, Open Source ou provedores privativos).

Ou, como sinala The Economist: “O argumento gañou. Agora acéptase de xeito xeral que o futuro vai involucrar unha mestura de ambos, privativo e software de fonte aberta“.

Unha vitoria ou o derradeiro fracaso? Esta é a pregunta que está no cerne das recentes tensións entre os que buscan defender a pureza do modelo libre e do código aberto, e aqueles felices de comprobar que o código aberto está a ser asimilado dentro da corrente principal. Esta tensión estivo candente durante algún tempo.

A propia Hasefroch fixo referencia explícita sobre o código aberto “a guerra entre a privatio e código aberto xa pasou. Porén non está totalmente claro quen gañou“.

Mateus Aslett engade no seu artigo que “Gañar non é o importante, é o que fagas cando gañas o que realmente importa“.

Agora que o código aberto é aceptado por toda a industria, cara onde vai o código aberto a partir daquí? Que outros beneficios pode entregar o código aberto á industria máis aló de meramente “vencer”. Este é o enfoque que Teoría do CAOS terá que prestar atención, cre Mateus.

Siareiros do Código Aberto sempre están prestos a citar a Mohandas Gandhi: “Primeiro eles te ignoran, despois rinse de ti, logo loitan e entón gañas“.

Por certo, o artigo de Matt Asay inclúe unha imaxe titulada os “5 fases na adopción do Código Aberto“, algo semellante ao que comentei nun artigo que fixera nunha ocasión titulado “SwL, dede a indeferenza ao talibanismo“. No caso de Matt refírese ao eido empresarial e o meu ao persoal.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.