Invisible Linux
Para Jim Zemlin, director executivo da Linux Foundation, xa non necesitas preocuparte polo teu sistema operativo.
Así o reflicte este artigo referíndose aos múltiples trebellos (gadgets) que están aparecendo no mercado.
E segue. Non compras un sistema operativo. Compras un gadget que executa un programa. O gadget e o seu software son unha unidade. O editor Dana Blankenhorn nomeáno como 'Invisible Linux'.
Dana cre que esta vía foi perdida, unha vez máis, por Window$. Os esforzos por empregar a fabricantes de equipos orixinais de Taiwan e mailos seus minúsculos netbooks para crear unha alta competitividade na venda de Window$ ao detalle foi perdida.
Jim Zemlin non se deixa disuadir. Tampouco defende Linux porque o que está a suxerir ten a súa lóxica. Isto é o que está a demostrar a feira CompuTex: "usa Linux no teu trebello, amosa unicamente o aplicativo e recolle unha marxe comercial extra".
Iso está a acontecer co novo teléfono móbil HTC, un teléfono co Android de Google feito en Taiwan. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux V2.6..
Non precisa saber se o teu sistema GPS está executando Linux, ou o teu teléfono, ou calquera outro dispositivo embutido estea a realizar un conxunto de tarefas definidas.De igual modo non se necesita saber que o buscador Google executa GNU/Linux, que a maioría dos sitios web executan servidores Apache en GNU/Linux...
A quen lle importa se Linux é visible ou invisible mentres estea aí?
E ti, pensas o mesmo?
asennadas![]()

Leave a Reply