Claudio F. Filho regresa a Brasil
Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais.
Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total liberdade para seguir cos seus proxectos comunitarios, principalmente o BrOffice, o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China...)... Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar a decisión de regresar a Brasil.
A aportación de Claudio neste tempo foi máis ca proveitosa para nós. Afondamos nos problemas e solucións cando se integra (migra a) SwL grazas á súa ampla experiencia na materia, ampliamos o círculo de expertos cos que podemos contar de primeria man, recibimos unha ampla formación na xestión destes proxectos de migración, tamén en ofimática avanzada, etc. e, como non!, coa súa compañía no dia-a-dia.
Sabemos que sempre podemos contar con el dende o momento que abramos unha conversa no Jabber. Daquela, maila tristeza pola súa partida, estamos ledos polo moito que gañamos coa nosa amizade, agora aínda máis reforzada.
Forte abraço, Claudio!
asennadas![]()
En: AGNIX, Amizade, Brasil, FLOSS, Persoal, TEGNIX por Roberto Brenlla

[...] tamén ao presidente Lula e ao amigo Claudio F. Filho deixo este video que amosa a súa entrada no FISL con Claudio entregándolle a camiseta do BrOffice [...]