Sw Libre tamén en aplicacións médicas
Os proxectos de código aberto e Sw Libre creados para o seu uso en aplicacións médicas e de saúde prometen reducir significativamente os custos e mellorar a eficiencia en organizacións de saúde, de acordo con Black Duck Software, un fornecedor líder mundial de produtos e servizos para acelerar o desenvolvemento de software de fonte aberta.
Empregando o modelo de estimación de custos (COCOMO) para determinar o montante de producir software, Black Duck estima que preto de 800 proxectos de software de código aberto para a saúde equivalen a 6 millóns de dólares en desenvolvemento con 31.000 persoas implicadas.
«A administración Obama, na súa proposta de reforma do sistema de saúde, reserva miles de millóns de dólares en estímulo para promover a adopción de rexistros médicos electrónicos na Sanidade«, di Eran Strod, director de Marketing de Produtos Black Duck Software . «Usar o software de fonte aberta para enfrentar ese reto – e rachar co actual ‘status quo’- representa unha oportunidade significativa para implementar rapidamente sistemas de rexistros médicos electrónicos cunha redución drástica dos custos para o país«.
O artigo inclúe a lista dos dez proxectos de código aberto e Sw Libre máis importantes especializados en Saúde. Entre eles están, por exemplo, CARE2X, dcm4che (Open Source Clinical Image and Object Management), Elexis Praxisprogramm, FreeMED, etc.
