GP de Gran Bretaña, venres – 20090619

Previo


Quero comezar este previo destacando as grandes victorias de Marc Gené (categoría absoluta) e Antonio García (categoría GT1) nas míticas 24 horas de Le Mans.Tamén quero salientar a inesquecible derradeira volta de Moto GP co duelo entre Rossi e Lorenzo, co italiano finalmente vencedor grazas a adiantar ao fillo de galegos na curva anterior á meta.

FOTA racha coa FIA

Agora si, hai que falar da aparente ruptura definitiva da F1. A longa historia xa presaxiaba isto maila termos todos esperanzas de que non chegara a acontecer. O anuncio (oficial en inglés) da ruptura foi feito onte trala xuntanza mantida na sede da FOTA en Enstone polos oito equipos discordantes coa FIA. Os equipos coa FOTA son: McLaren-Mercedes, BMW Sauber, Renault, Toyota, Brawn GP, Ferrari, Red Bull e Toro Rosso. Na FIA quedarían Williams, Force India, USF1, Campos e Manor. Polo tanto, a cousa non pinta ben para a FIA: sen equipos de primeira orde, sen pilotos estrela e cun dirixente de pasado turbio e caracter dictatorial.

FOTA xa iniciou as negociacións con Dorna, responsable da organización de Moto GP entroutos, para «ter unha xestión transparente, un único regulamento, animando á entrada de novos equipos e escoitar os desexos dos fans, inclusive ofrecendo prezos de entradas máis baixos en todo o mundo, así como a novos socios e accionistas. A maioría dos pilotos, estrelas, marcas, patrocinadores, promotores e compañías historicamente asociadas ao máis alto nivel do automobilismo estarán todos do lado desa nova categoría.«.

Pola súa banda, a FIA síntese «decepcionada pero non sorprendida» e  sinala que hoxe remata o prazo dado e mañá comunicarase a lista de inscritos no seu campionato de 2010. A súa intención é levar o caso á xustiza.

Adestramentos Libres

Maila estar toda a atención posta na polémica escisión entre a FIA e FOTA, os primeiros adestramentos libres transcorreron con normalidade. Paga a pena mencionar que só tres coches van co KERS: os Ferrari e Kovalainen.

Resultados: VET (1′ 19″ 400) WEB BUT BAR ALO MAS TRU HAM ROS FIS SUT KOV HEI RAI BOU GLO NAK PIQ BUE KUB

A segunda sesión deu estes resultados: VET (1’19″456) WEB SUT NAK ALO BAR HAM TRU ROS PIQ KUB KOV GLO BUT HEI BOU MAS RAI FIS BUE

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “GP de Gran Bretaña, venres – 20090619”

  1. [...] remate da xornada de onte a FIA contratacou coa súa decisión de ir á Xustiza polo que adía o anuncio oficial dos equipos [...]

Olark Livehelp