Instalación limpa de Ubuntu desde mini.iso
Carlos Campos é un consultor informático, tamén usuario e activista de Arch Linux, distro considerada idónea para persoas con sólidos coñecementos e cunha xestión de paquetes propia. Porén, probando Ubuntu, el mesmo sinala: "percebi que se bem configurado (a começar pela instalação) ele pode ser uma distribuição muito boa, ao contrário do que a maioria dos chamados usuários “avançados” possam dizer".
Deixo aquí os pasos a dar para facer unha instalación limpa:
- Baixar a mini.iso da versión Ubuntu Jaunty (11 MB)
ou tamén, se prefires comezar a instalación desde unha chave USB
- Baixar a imaxe boot.img.gz para pendrives (11 MB)
- Grava a imaxe en CD/pendrive e arranca por ese dispositivo. No caso de USB podes gravala executando:
zcat boot.img.gz | sudo dd of=/dev/sdb - Na primeira pantalla dalle a INTRO
- Escolle "Advanced options"
- Na seguinte escolle "Expert install"
- Elixe o idioma en "Choose language" e, para o país, escolle España para que se corresponda co teu teclado
- Elixe logo o teu correspondente "locales"
- Selecciona agora a configuración do teclado e deixa o resto das opción como están por defecto (fontes da consola, etc)
- Detección do hardware de rede (podes elixir módulos USB e PCMCIA se fora necesario)
- Configurar a rede
- Escoller o mirror do Ubuntu
- Importante: elixe "Download installer components" para baixar os paquetes necesarios para instalación
- Configura a hora. Convén usar NTP e seleccionar a zona horaria
- "Detect discs", aquí tamén podes seleccionar algúns módulos se fora necesario
- Particiona o disco, manualmente ou déixao facer ao instalador
- "Install the base system" para que o sistema básico se instalado. Hai unha cuestión sobre o kernel, sendo linux-generic un dos máis apropiados
- Tipo de initrd: con todos os drivers ou só os necesarios para o sistema. Podes escoller a segunda opción "targeted" para que sexa máis axustado
- Contrasinal para o root e creación de usuario.
- Habilitar "shadow" no arquivo de contrasinais. Tamén podemos optar por cifrar o home dos usuarios.
- Configurar APT onde podes habilitar todos os repositorios.
- MOI IMPORTANTE: salta a etapa "Select and install software" dado que, aínda que non selecciones ningún paquete, o instalador poría máis de 100 paquetes que non son necesarios. O sistema básico xa foi instalado nun paso anterior, e está plenamente funcional.
- Xestor de arranque, grub ou lilo. Se optas por grub, de novo terás que escoller entre grub2 ou grub.
- Feito iso, escolle "Finish the installation"
- Reinicia o teu Ubuntu limpo, loxicamente sen Xorg ou calquera ferramenta de configuración pois todos os paquetes deberán ser instalados manuelmente.
- Para instalares o escritorio GNOME fai cmo 'root':
# aptitude install -R xserver-xorg-core xserver-xorg-input-kbd xserver-xorg-input-mouse xserver-xorg-video-XXX xfonts-75dpi xfonts-100dpi gnome-core gdm
(con XXX o que corresponda coa túa tarxeta gráfica)
Carlos Campos tamén fixo unha galería de imaxes paso-a-paso. Outros tipos de instalación están ben descritas na documentación que ofrece Ubuntu e até videos.
Fonte.
asennadas![]()

Bo artigo!!
Gardei estes pasos aquí porque case seguro que farei unha instalación limpa na seguinte versión