GP Gran Bretaña, domingo – 20090621
Previo
Tralos resultados da cualificación, a FIA comunicou os pesos dos monopostos. Alonso é o segundo con aparente menos carga. Digo ‘aparente’ porque os pesos reflictidos son os dos monopostos, non especificamente a carga de combustible. É posible que os Renault sexan dos coches máis lixeiros ou dos que menos consume da grella porque case sempre os cálculos dan unha entrada en boxes varias voltas antes do que acontece finalmente. Outra razón que me fai crer nesta posibilidade é que Renault foi deseñado para levar KERS, trebello que logo foi desbotado. Por certo, só Ferrari leva KERS…
A grella amosa a posible nova escudería dominadora desta fase do campionato: Red Bull. Button, sexto, non cre que a diferenza sexa tan grande cos Red Bull.
Falando da guerra FOTA-FIA, Max Mosley deu unha incendiaria entrevista á BBC na que, ao comezo sen dar nomes pero chamando a unha facción dos equipos ‘rebeldes’ como «chalada» (loony), finalmente insinúa que o tipo que ten aspiracións de ser o substituto de Bernie Ecclestone é Flavio Briatore. Ao final estende o cualificativo ‘loonies‘ a todos os persoeiros da facción rebelde. Remata sinalando que non cre que haxa unha rápida solución pero mantense certo en que as cousas voltarán á normalidade cando remate o proceso xudicial contra «Ferrari e maila FOTA» pois a italiana xa tiña asinado coa FIA antes desta guerra. A chave semella ser pois Ferrari. Onde estea ela, estarán as demais.
Carreira
A FIA da certas posibilidades de choiva… pero finalmente non acontece.
A pésima saída de Button e Trulli estragaron o percorrido de Alonso deixándoo por detrás dun Heidfeld co alerón dianteiro tocado pero suficiente para parar ao asturiano, mentras o compañeiro de grella, Kimi, pulou para o quinto lugar. A partir daí, dominio total dos Red Bull, cos Brawn en baixón.
O resultado final: VET WEB BAR MAS ROS BUT TRU RAI GLO FIS (10º) NAK PIQ KUB ALO HEI HAM SUT BUE.
Mentras imos cara o seguinte GP a atención está en comprobar que acontece co cisma FOTA-FIA. Polo de agora, as escuderías reuniranse esta mesma semana para comezar o deseño das características técnicas dos monopostos co gallo de «ofrecer a mellor competición posible a un custo razonable«.
En: Racing por Roberto Brenlla

SIIIIIIII xa hai acordo FIA-FOTA, mantense as regras de 2009 ata 2012 e Mosley marcha en outubro.Gran día o de hoxe.Un saúdo.
Pois espero que sexa para ben porque xa estaba ilusionado coa FOTA e nova F1 ao estilo NBA
Saúdos!
Parece que Alonso rematara en Ferrari e pode anunciarse o 11 de setembro en Monza , tal vez por iso Ferrari fai o seu «fin de festa» en Cheste…Saúdos.
A ver se desta vai a verdadeira! A lo menos é o que din en AS.
Por fin chegou a»III Xira de karting Galicia» ,estan na Coruña do 2 ao 12 de xullo aínda que non estou seguro ao 100%, se non eres de Coruña e para os que tampouco o son creo que ademais vai a estar el Ferrol,Santiago,Carballo ,Ourense, Pontevedra… e con respecto o de Alonso e Ferrari creo que se Ferrari atópase neses días na Coruña e coinciden conmigo nos karts creo que Alonso pódese ir esquecendo do posto e eu vestirei de vermello …xD.Un saúdo.
xDD
Xa teño unha entrada para o Karting. Vou ver se consigo a lo menos outra
Vémonos!
[...] fin, ao tema. Deixamos o GP de Gran Bretaña coa guerra FOTA-FIA en pleno apoxeo. Tralo GP, continúan as críticas e declaracións: Domenicali crita o estrago de cartos que supuxo [...]