M$, peor que Coca vs. Pepsi
Joel Barrios fixo unha tradución parcial dun recente artigo de Groklaw. Agora fago eu o mesmo co de Joel e engado algún comentario e ligazón máis.
É vox populi o que adoita acontecer no ramo da hostelería: ou atopas refrescos da marca Coca-Cola ou Pepsi, case nunca das dúas marcas á vez. Din que unha marca non vende se o establecemento ofrece os refrescos da outra. Ás veces até acontece o mesmo con marcas de cervexa.
Se isto acontece nun mercado altamente competitivo, que sería nun mercado oligopolista ou monopolista?
As dificultades de atopar un ultra-portátil (netbook) con GNU/Linux son evidentes maila ser este un mercado dunha potencial entrada de GNU/Linux nos fogares. Por que? O culpable foi develado, grazas a Dana Blankenhorn de ZDNet, quen participou nunha conferencia de prensa durante a Computex 09 porque fixo a pregunta correcta.
Dana preguntou a unha das mesas cara onde foi Linux. Respostoulle Li Chang, vicepresidente da Taipei Computer Association:
«Na nosa asociación operamos como un consorcio, como o consorcio de código fonte aberto. Eles queren promocionar o código fonte aberto e Linux. Pero se empezas desde PC tes medo de Microsoft. Eles intentan ir cara aos teléfonos intelixentes ou os PDA para empezar de novo».
Aos fabricantes OEM de Taiwan gustaríalles unha alternativa a Windows, pero as vendas son primeiro, antes cá produción. A galiña é primeiro. E como a galiña pertence a Hasecorp, o pingüín está indefenso aquí.
Misterio resolto. A poucos sorprendeu o recente incidente da Computex onde un dos mellores produtos, un ultra-portátil de Asus con Android e Snapdragon, un microprocesador baseado no ARM, simplemente desapareceu dun día para outro. Cóntase que os amables representantes de Microsoft solicitaron amablemente aos de Asus que sería mellor que deixaran de mostrar un dos mellores dispositivos da Computex. Asus accedeu ás amables suxestións de Microsoft, e o ultra-portátil desapareceu. Difícil corroborar con Asus ou Microsoft, pero dada a gran cantidade de testemuñas que coincidiron coa mesma historia, quedan moi poucas dúbidas de que realmente aconteceu así. «Cando Microsoft ve competencia que pode ameazarlle, simplemente esmágaa. Toda unha organización de mafiosos, corruptos, arrogantes e intolerantes«.
Semella que o que está facendo Microsoft, en todos os mercados en xeral, é presionar aos distribuidores para que só ofrezan produtos con Windows.
O que ocorreu na Computex co ultra-portátil de Asus con Android tamén foi mencionado por Dan Nystedt e Sumner Lemon en Computer World, así como por Steven J. Vaughan-Nichols.
Quen cre que isto só son especulacións erra. Erra porque non son hipóteses senón feitos as múltiples sancións que ten nas súas costas a empresa Micorsoft. A última coñecida é declaración oficial de culpabilidade feita or Corea do Sur.
Máis exemplos? Velaquí outras mostras:
- 9 millóns de euros polo Bundeskartellamt alemán, 2009
- 899 millóns de euros pola UE, 2008 (máis información)
- 1.500 millóns de dólares por violar unha patente, EE.UU. no 2007
- 280,5 millóns de euros por non ofrecer interoperatibilidade, UE en xullo 2006
- 497 millóns de euros, por abuso de posición dominante, UE en maio 2004
En: AGNIX, FLOSS, Hasefroch, Negocios, Pensamento por Roberto Brenlla

Ben, isto xa era sabido, M$ aplica a lei do máis forte, a ditadura do NON coñecer, por outra banda o que comenta o sr. Li Chang parece-me algo que non deixa de ser a pescada que se morde o rabo, se só ofreces produto M$ o cliente só vai comprar produto M$, se ofreces unha alternativa antes que despois haberá xente que adquira produtos doutra cor, máis ben parece unha forma de lavar as mans.
Con respeito a desaparición do Asus, ¿Google non vai dicir nada? un produto estrela que pode lanzar o seu S.O. ao a palestra e quedan calados… non entendo nada.
Levo unhas semanas tentando renovar o meu Asus Eee PC de 7 » por un de pantalla mais grande. É moi dificil atopar modelos con linux e incluso parecen mais caros. Algún modelos que se publicita con windows/linux no catálogo de Asus, como o S101, eu non fun quen de atopalo con linux en ningunha tenda virtual.
Algo pasa.
O caso do Asus con M$ máis barato que con SwL é un dos exemplos de fixar prezos por debaixo do ‘normal’ co gallo de derrubar á competencia. Para moitos isto pódese considerar ‘dumping‘… De demostrarse debería ser gravemente penalizado.
Fai un ano nunha charla que asistin en Madrí plantexouse este tema a un responsable de M$, que como era posible que un pc con Win2 saise máis barato que outro con un S.O libre, e a resposta notouse que a tiña moi estudada, veu a decir que son as empresas de sw que desexan que o seu producto vaia instalado en OEM os que posibilitan que unha licenza de M$ sexa tremendamente barata dado que como os seus productos son para plataformas M$ son os primeiros interesados en que o mercado dispoña de estes soporte.
Saben o que fan, e demostrar que estan a incurrir en un delito é moi díficil.
Hai que buscar unha saida a isto e eu penso que en maior parte pasa polos fabricantes de pc’s, que un día tras outro se baixan os pantalóns ante o gran imperio.