Admóns Públicas tiran 40 millóns demais polo Sw Privativo
Integrantes do Grupo de I+D OpenInnova elaboraron un estudo chamado «O custo de oportunidade derivado das traxectorias tecnolóxicas» (PDF) e «O verdadeiro custo da elección tecnolóxica: Como empregar (sabiamente) os cartos do contribuínte!» (PDF) onde se fai referencia ao beneficio económico que se pode obter mediante o fomento das tecnoloxías de código aberto (FLOSS, Free/Libre & Open Source Software) na nosa sociedade. Máis particularmente, nunha primeira parte do artigo céntrase no gasto actual das TIC nas administracións públicas mentres que na segunda parte, analiza o aforro que suporía a substitución do software privativo polo de código libre e aberto.
OpenInnova é o movemento de software de fontes abertas ao redor de novos modelos de colaboración e creación de coñecemento. Ou o que é o mesmo, a necesidade de compartir e cooperar distintas empresas para a distribuír a innovación no mercado.
Baseándose no último informe bienal IRIA 2008 (PDF) (Informe sobre Recursos Informáticos das Administracións Públicas) cos datos obtidos do ano 2007 lográronse uns interesantes resultados. Sen dúbida o máis portentoso de todo o artigo son os datos que se achegan acerca da cantidade económica que as administracións públicas do noso país poderían aforrar se cambian o sistema operativo de privativo a libre. En total suporían 37,2 millóns de euros anuais (entre software e hardware). Cantidade suficiente para ter en conta a substitución. Até se o cambio non fose total senón parcial, o aforro seguiría sendo bastante substancial chegando a ser de 15,5 millóns de euros.
Se analizamos os datos de 2007, tal e como o fixo o estudo, segundo os equipos utilizados: sistemas grandes, sistemas medios, sistemas pequenos e computadores persoais (servidores, sobremesa e portátiles). Os sistemas grandes ou mainframes utilizan o sistema operativo UNIX (56%), Linux (22%) mentres que Windows NT e OS só alcanzan o 11% do total. En canto aos sistemas medios, Windows lidera cun 55% mentres que Linux obtén un 19% e Windows XP un 11%. A batalla nos sistemas pequenos lidéraa Linux cun pouco máis da metade seguido do Windows 2003 (24%). Para rematar, non podemos deixar pasar a oportunidade de nomear a hexemonía case absoluta do sistema operativo Windows (XP, 2000 e Vista) cun 98% do total de instalacións nos computadores persoais.
Tal e como expón o grupo Proinnova, a Administración do Estado gastouse 1500 millóns de euros en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, o que supón un incremento de máis de 200 millóns de euros con respecto ao último informe con datos do 2005. Unha vez máis o gasto en informática foi superior (80%) ao de telecomunicacións (20%).
Respecto dos gastos de software, a cantidade gastada polas administracións públicas é de 1241 millóns de euros repartidos da seguinte forma: 39% corresponde a servizos, 25% para gastos de persoal, software 13% e hardware, o único que sufriu un retroceso, queda co 21%.
Souben destes informes por Roberto Santos quen recomendou este artigo que da comezo tal que así: «Nada no mundo é máis perigoso cá ignorancia sincera e a estupidez concienzuda.» (Martin Luther King, Marcha en Wáshington polo traballo e a liberdade, 1963 )
asennadas![]()
