Arranxando Firefox traballando sen conexión
Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo «Traballar sen conexión«.
Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e tentar arranxar ese gran inconvinte do navegador. A actualización de distro foi doada, o do navegador non tanto. Probei dúas solucións semellantes (unha, dúas) pero non me convenceron. Por que? Porque arranxaban o problema de conexión por modem USB (o meu pai emprega o programa externo «Escritorio Movistar«) e o do Firefox pero, se desexaba volver conectarme á rede cableada non podía porque o Network Manager que trae Gnome ficaba desactivado.
Claro, podía conectarme vía liña de comandos pero… é iso adecuado para o meu pai? Ao parecer se ese xestor está activado e non atopa rede (cableada ou inarámica) dalle a mensaxe ao resto de Gnome para anunciar que está «sen conexión» e daí que o Firefox comezara dese modo.
Solucioneino subsituíndo o NetworkManager polo Wicd, independente de Gnome maila interfaz Gtk. De feito, ao instalar Wicd o NetworkManager desinstálase.
Agora si, todo funciona coma é debido, sexa por modem, cable ou WiFi.
asennadas![]()

A min o NetWorkManager tamén me ten dado varios ‘problemillas’ sobre todo no ultraportátil.
É bo ver que hai solucción para estes problemiñas, ainda así, que o NM de Gnome teña eses problemas sendo o que esta instalado por defecto pois non da moi boa imaxe, e seguro que hai xente que pensa que é un problema de GNU/Linux en xeral… :-/
Desde que hai 6 anos ando con linux, sempre usei a liña de comandos para facer as conexións de rede. O motivo sempre foi o mal funcionamento dos xestores gráficos.
Precisamente, o de Gnome é o único que funciona ben. Nas últimas versións de Ubuntu sempre me funcionou correctamente, aínda que, como case todo en Gnome, ten problemas de usabilidade notables.
O que non tira nin patrás é o de KDE. Regaleille o meu vello portátil a miña nai, con KDE 4 e Ubuntu 9.04, e lle tiven que poñer o xestor de redes de Gnome, para que pille a rede wifi da súa casa. Pola contra, ao meu irman non lle funciona ningún dos tres (a saber como ten o portátil). sempre se conecta ás wifis por consola.
Eso sí, estou dacordo en que WICD é o mellor que teño visto ata agora, so que eu non o preciso.