MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)
O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa.
MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas a FFmpeg.
MediaMosa facilita o acceso e a utilización da capacidade de almacenamento (compartido), metadatos de bases de datos, transcodificación-streaming e servidores. Ofrece funcionalidades para buscar, xogar, subir, transcodificar…
Principais características:
- Plataforma de entrega de audio, vídeo (e outros contidos)
- Streaming de calquera formato (por exemplo, Flash, H.264, MPEG-4, WindowsMedia…)
- Transcodificación baseada en FFmpeg
- Conxunto flexible de elementos Metadata
- Licenza GPLv2
(1) REST: Transferencia de Estado Representacional (Representational State Transfer) ou soamente (REST) é unha técnica de enxeñaría de software para sistemas hipermídia distribuídos como a World Wide Web. O termo orixinouse no ano de 2000, nunha tese de doutorado de Roy Fielding, un dos principais autores das especificacións do protocolo HTTP que é utilizado por sitios web da internet.
En: AGNIX, Cultura Libre, Curiosidades, FLOSS, Internet, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
