Centro Multimedia Moovida soporta Jamendo
Moovida, o Centro Multimedia antes nomeado como Elisa, está a ter un sólido e rápido desenvolvemento. O proxecto é multiplataforma (descargas), co núcleo baixo licenza GPLv2 e tamén dispoñible baixo acordo de licenza comercial da empresa catalá Fluendo S.A..
Os plugins danlle máis funcionalidades ás que veñen por defecto en Moovida. O último deles e o plugin de Jamendo para Moovida co que podes escoitar hoxe máis de 21.000 álbums Creative Commons. Será un dos plugins que virá instalado por defecto en Moovida.
Máis información sobre Jamendo.
asennadas![]()
En: AGNIX, Cultura Libre, FLOSS, Internet, Negocios por Roberto Brenlla

Leave a Reply