Por que extirpar Mono? Como facelo?

Richard M. Stallman comenta:

A decisión de Debian de incluir Mono na súa instalación predeterminada, pongamos por caso que debido a que Tomboy está escrito en C#, leva á comunidade a unha dirección arriscada. É perigoso depender de C#, polo tanto preciso desanimar o seu uso.

O problema non só é debido a Mono xa que logo calquera implementación libre de C# tería o mesmo trato. O perigo é que Microsoft está planexando forzar a toda implementación libre de C# a moverse ilegalmente polo emprego de patentes de software. (Olla http://swpat.org e http://progfree.org.) Este é un serio perigo, e só os aparvados deberían ignoralo ata que algún dia iso aconteza. Precisamos tomar precaucións agora para protexernos dun vindeiro perigo.

Se concordas con esta visión, podes desisntalar Mono e todas as súas dependencias executando este comando (en Debian, Ubuntu e similares):
sudo apt-get remove --purge mono-common libmono0 libgdiplus
&& sudo rm -rf /usr/lib/mono

tal e como sinala este HOWTO. A máis hanse desisntalar algunhas aplicacións como Tomboy, Banshee, F-Spot ou Gnome Do.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses to “Por que extirpar Mono? Como facelo?”

  1. http://www.muylinux.com/2009/06/15/mono-si-o-no-%C2%BFpor-que/

    Xa vin este artigo fai unhas semanas

  2. O dito, non o vira… Agora véu a colación por mor do X FISL e o que dixo RMS.

  3. [...] escribín un artigo sobre o «dilema» Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o [...]

  4. [...] polémica sobre Mono SI ou Mono NON, sei por Ismael Olea que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás [...]

Olark Livehelp