M$, peor que Coca vs. Pepsi

Joel Barrios fixo unha tradución parcial dun recente artigo de Groklaw. Agora fago eu o mesmo co de Joel e engado algún comentario e ligazón máis.

É vox populi o que adoita acontecer no ramo da hostelería: ou atopas refrescos da marca Coca-Cola ou Pepsi, case nunca das dúas marcas á vez. Din que unha marca non vende se o establecemento ofrece os refrescos da outra. Ás veces até acontece o mesmo con marcas de cervexa.

Se isto acontece nun mercado altamente competitivo, que sería nun mercado oligopolista ou monopolista?

As dificultades de atopar un ultra-portátil (netbook) con GNU/Linux son evidentes maila ser este un mercado dunha potencial entrada de GNU/Linux nos fogares. Por que? O culpable foi develado, grazas a Dana Blankenhorn de ZDNet, quen participou nunha conferencia de prensa durante a Computex 09 porque fixo a pregunta correcta.

Dana preguntou a unha das mesas cara onde foi Linux. Respostoulle Li Chang, vicepresidente da Taipei Computer Association:

«Na nosa asociación operamos como un consorcio, como o consorcio de código fonte aberto. Eles queren promocionar o código fonte aberto e Linux. Pero se empezas desde PC tes medo de Microsoft. Eles intentan ir cara aos teléfonos intelixentes ou os PDA para empezar de novo».

Aos fabricantes OEM de Taiwan gustaríalles unha alternativa a Windows, pero as vendas son primeiro, antes cá produción. A galiña é primeiro. E como a galiña pertence a Hasecorp, o pingüín está indefenso aquí.

Misterio resolto. A poucos sorprendeu o recente incidente da Computex onde un dos mellores produtos, un ultra-portátil de Asus con Android e Snapdragon, un microprocesador baseado no ARM, simplemente desapareceu dun día para outro. Cóntase que os amables representantes de Microsoft solicitaron amablemente aos de Asus que sería mellor que deixaran de mostrar un dos mellores dispositivos da Computex. Asus accedeu ás amables suxestións de Microsoft, e o ultra-portátil desapareceu. Difícil corroborar con Asus ou Microsoft, pero dada a gran cantidade de testemuñas que coincidiron coa mesma historia, quedan moi poucas dúbidas de que realmente aconteceu así. «Cando Microsoft ve competencia que pode ameazarlle, simplemente esmágaa. Toda unha organización de mafiosos, corruptos, arrogantes e intolerantes«.

Semella que o que está facendo Microsoft, en todos os mercados en xeral, é presionar aos distribuidores para que só ofrezan produtos con Windows.

O que ocorreu na Computex co ultra-portátil de Asus con Android tamén foi mencionado por Dan Nystedt e Sumner Lemon en Computer World, así como por Steven J. Vaughan-Nichols.

Quen cre que isto só son especulacións erra. Erra porque non son hipóteses senón feitos as múltiples sancións que ten nas súas costas a empresa Micorsoft. A última coñecida é declaración oficial de culpabilidade feita or Corea do Sur.

Máis exemplos? Velaquí outras mostras:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Obama reformará a política de patentes

Obama vén de nomear a David Kappos, o vice-presidente e conselleiro xeral da IBM, para encabezar a Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (U.S Patent and Trademark Office – USPTO -).

Este nomeamento é particularmente salientable, non só porque IBM amosa atitudes moito máis a prol do Código Aberto cás súas rivais, senón porque o propio Sr. Kappos tamén está moi a prol e até foi descrito como»crítico coa visión americana de políticas de patentes«.

Kappos, avogado e enxeñeiro eléctrico e informático, sabe que apoiar o Código Aberto significa que «non é doado reconcialialo coa estratexia tradicional da Propiedade Intelectual, pero estamos convencidos que ese é o camiño cara onde ir no futuro» referíndose daquela a IBM.

É máis ca probable que Obama vaia reformar o actual modelo de patentes dos EE.UU toda vez que Kappos xa escribira para BusinessWeek no 2007 un artigo co clarificador título «É hora dunha reforma das patentes«.

Fonte (vaia, acabo de velo tamén en Menéame.net).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Gran Bretaña, domingo – 20090621

Previo

Tralos resultados da cualificación, a FIA comunicou os pesos dos monopostos. Alonso é o segundo con aparente menos carga. Digo ‘aparente’ porque os pesos reflictidos son os dos monopostos, non especificamente a carga de combustible. É posible que os Renault sexan dos coches máis lixeiros ou dos que menos consume da grella porque case sempre os cálculos dan unha entrada en boxes varias voltas antes do que acontece finalmente. Outra razón que me fai crer nesta posibilidade é que Renault foi deseñado para levar KERS, trebello que logo foi desbotado. Por certo, só Ferrari leva KERS…

A grella amosa a posible nova escudería dominadora desta fase do campionato: Red Bull. Button, sexto, non cre que a diferenza sexa tan grande cos Red Bull.

Falando da guerra FOTA-FIA, Max Mosley deu unha incendiaria entrevista á BBC na que, ao comezo sen dar nomes pero chamando a unha facción dos equipos ‘rebeldes’ como «chalada» (loony), finalmente insinúa que o tipo que ten aspiracións de ser o substituto de Bernie Ecclestone é Flavio Briatore. Ao final estende o cualificativo ‘loonies‘ a todos os persoeiros da facción rebelde. Remata sinalando que non cre que haxa unha rápida solución pero mantense certo en que as cousas voltarán á normalidade cando remate o proceso xudicial contra «Ferrari e maila FOTA» pois a italiana xa tiña asinado coa FIA antes desta guerra. A chave semella ser pois Ferrari. Onde estea ela, estarán as demais.

Carreira

A FIA da certas posibilidades de choiva… pero finalmente non acontece.

A pésima saída de Button e Trulli estragaron o percorrido de Alonso deixándoo por detrás dun Heidfeld co alerón dianteiro tocado pero suficiente para parar ao asturiano, mentras o compañeiro de grella, Kimi, pulou para o quinto lugar. A partir daí, dominio total dos Red Bull, cos Brawn en baixón.

O resultado final: VET WEB BAR MAS ROS BUT TRU RAI GLO FIS (10º) NAK PIQ KUB ALO HEI HAM SUT BUE.

Mentras imos cara o seguinte GP a atención está en comprobar que acontece co cisma FOTA-FIA. Polo de agora, as escuderías reuniranse esta mesma semana para comezar o deseño das características técnicas dos monopostos co gallo de «ofrecer a mellor competición posible a un custo razonable«.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Gran Bretaña, sábado – 20090620

Previo

Desta vez non puiden comentar «ao vivo» o sábado nin o domingo por mor de compromisos familiares. Deixarei os comentarios a posteriori. Algo é algo.

Chamoume a atención unha comparación que fixo Alonso e que nos pode deixar máis tranquilos ao respecto da cada vez máis probable escisión FOTA – FIA. Se preguntamos «Cal é o maior espectáculo do banloncesto mundial?» Con abrumadora maioría a resposta sería NBA. Acontece que a NBA non é un campionato oficial da FIBA… Daquela o asturiano está seguro, «No 2010 correrei na mellor categoría do mundo, chámese como se chame«.

Ao remate da xornada de onte a FIA contratacou coa súa decisión de ir á Xustiza polo que adía o anuncio oficial dos equipos inscritos. Venlle ben tamén porque, con certeza, só ten a Williams como equipo histórico, os demais serían todos novos agás Force India. Pola contra, FOTA síntese moi segura e até cre que pode atraer a máis equipos ao novo campionato. E máis aínda, pois non consideran que a FIA sexa máis un interlocutor válido, garante Briatore. Mentras tanto, as emisoras europeas de TV meditan romper os seus contratos coa FOM.

Ecclestone, nunha tentativa por salvar o petate e acadar un acordo, propón que os equipos asinen por outros cinco anos deixándoos «gastar o que queiran» a pesar de que Mosley, a quen todos os equipos piden a súa cabeza, reafírmase no seu posto e desbota dimitir.

Sorprendentemente, a lo menos para min, hai quen defende a Max Mosley!

Cualificación

A cualificación da Q1 deixou como resultado: NAK WEB VET TRU BUT RAI MAS ALO GLO ROS BAR PIQ HEI KUB KOV (15º). Fóra quedan FIS BOU SUT HAM BUE. Hamilton cae fóra e non se excusa co accidente de Sutil a menos de trinta segundos do remate, o cal provocou bandeira vermella.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP de Gran Bretaña, venres – 20090619

Previo


Quero comezar este previo destacando as grandes victorias de Marc Gené (categoría absoluta) e Antonio García (categoría GT1) nas míticas 24 horas de Le Mans.Tamén quero salientar a inesquecible derradeira volta de Moto GP co duelo entre Rossi e Lorenzo, co italiano finalmente vencedor grazas a adiantar ao fillo de galegos na curva anterior á meta.

FOTA racha coa FIA

Agora si, hai que falar da aparente ruptura definitiva da F1. A longa historia xa presaxiaba isto maila termos todos esperanzas de que non chegara a acontecer. O anuncio (oficial en inglés) da ruptura foi feito onte trala xuntanza mantida na sede da FOTA en Enstone polos oito equipos discordantes coa FIA. Os equipos coa FOTA son: McLaren-Mercedes, BMW Sauber, Renault, Toyota, Brawn GP, Ferrari, Red Bull e Toro Rosso. Na FIA quedarían Williams, Force India, USF1, Campos e Manor. Polo tanto, a cousa non pinta ben para a FIA: sen equipos de primeira orde, sen pilotos estrela e cun dirixente de pasado turbio e caracter dictatorial.

FOTA xa iniciou as negociacións con Dorna, responsable da organización de Moto GP entroutos, para «ter unha xestión transparente, un único regulamento, animando á entrada de novos equipos e escoitar os desexos dos fans, inclusive ofrecendo prezos de entradas máis baixos en todo o mundo, así como a novos socios e accionistas. A maioría dos pilotos, estrelas, marcas, patrocinadores, promotores e compañías historicamente asociadas ao máis alto nivel do automobilismo estarán todos do lado desa nova categoría.«.

Pola súa banda, a FIA síntese «decepcionada pero non sorprendida» e  sinala que hoxe remata o prazo dado e mañá comunicarase a lista de inscritos no seu campionato de 2010. A súa intención é levar o caso á xustiza.

Adestramentos Libres

Maila estar toda a atención posta na polémica escisión entre a FIA e FOTA, os primeiros adestramentos libres transcorreron con normalidade. Paga a pena mencionar que só tres coches van co KERS: os Ferrari e Kovalainen.

Resultados: VET (1′ 19″ 400) WEB BUT BAR ALO MAS TRU HAM ROS FIS SUT KOV HEI RAI BOU GLO NAK PIQ BUE KUB

A segunda sesión deu estes resultados: VET (1’19″456) WEB SUT NAK ALO BAR HAM TRU ROS PIQ KUB KOV GLO BUT HEI BOU MAS RAI FIS BUE

Chuzame! A Facebook A Twitter

Instalación limpa de Ubuntu desde mini.iso

Carlos Campos é un consultor informático, tamén  usuario e activista de Arch Linux, distro considerada idónea para persoas con sólidos coñecementos e cunha xestión de paquetes propia. Porén, probando Ubuntu, el mesmo sinala: «percebi que se bem configurado (a começar pela instalação) ele pode ser uma distribuição muito boa, ao contrário do que a maioria dos chamados usuários “avançados” possam dizer«.

Deixo aquí os pasos a dar para facer unha instalación limpa:

  1. Baixar a mini.iso da versión Ubuntu Jaunty (11 MB)

ou tamén, se prefires comezar a instalación desde unha chave USB

  1. Baixar a imaxe boot.img.gz para pendrives (11 MB)
  2. Grava a imaxe en CD/pendrive e arranca por ese dispositivo. No caso de USB podes gravala executando: zcat boot.img.gz | sudo dd of=/dev/sdb
  3. Na primeira pantalla dalle a INTRO
  4. Escolle «Advanced options«
  5. Na seguinte escolle «Expert install«
Chuzame! A Facebook A Twitter

e-Ubicuidade

Tan só é unha divagación ou a constatación dun feito. Onte engadín á miña rede de contactos a unha persoa. Comecei respostando persoalmente un correo-e seu mandado a unha lista, logo completei unha vCard cos datos completos que me deu na súa resposta. Por simple curiosidade busqueino na rede profesional que máis emprego, LinkedIn, pero tamén o fago na Xing. Si, alí estaba e convídoo a formar parte dos meus contactos, tanto nunha como na outra. Ao pouco, case sen querer, atópoo noutra rede e así por diante.

Si, é ben sabido que en informática pódese facer unha mesma tarefa de diversos xeitos, comunicarte por diversas canles. A estas alturas, o desonvelmento das TIC ofrécenos unha ampla colección de posibilidades. Máis aló do ámbito privado, onde moitas veces padecemos a síndrome de Diógenes, é común sermos onmipresentes, por así dicilo. Estamos en Twitter, tamén en Lareta, en Picassa, tamén en Flickr, en Facebook, tamén en Tuenti, e así ad infinitum!

Propoño un novo nome a esta case omnipresenza: e-Ubicuidade :-)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Extensións e novas funcionalidades do OOo 3.1

OpenOffice.org 3.1 foi anunciado hai pouco máis dun mes, concretament o 7 de maio de 2009. Maila ter transcorrido un pouco de tempo, o seguinte video é moi descritivo dalgunhas das novas funcionalidades que inclúe:

De igual modo, as extensións agréganlle ao OOo unha chea de funcionalidades máis. Olla estoutro video sobre como instalar extensións:

Ambos están nun inglés moi comprensible.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Coche Open Source movido por hidróxeno

Presentouse en Londres o primeiro coche da empresa Riversimple. Nada especial se non fora por tratarse dun coche movido por hidróxeno e desenvolvido colaborativamente a través da 40 Fires Foundation. O proxecto dispón dunha licenza Open Source e baséase na adopción de estándares abertos como pode lerse nesta FAQ.

Outra diferenza importante é que non venden o coche, tan só o deixan baixo contrato de arrendamento (leasing) cunhas condicións excepcionais. Ver para crer!

Podes informarte máis deste nesta web, ollar unha foto do modelo (realmente unha mágoa que sexa tan feo) ou ir á fonte.

Tamén podes lembrar que hai outro desenvolvemento semellante comentado na nova titulada ‘Coche Open Source da EDAG‘, outro nomeado OSCar, unha tendencia á apertura que se confirma na aposta dalgúns grandes fabricantes no proxecto GENIVI.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Venezuela crea Forxa e Repositorio públicos

Servidores da Administración Pública Nacional (APN) e diversos sectores vinculados ao sector de Tecnoloxías de Información (TI) venezolanos son os responsables de promover e fortalecer o desenvolvemento da plataforma tecnolóxica provista polo Estado, a través de compoñentes como o Repositorio Nacional de Aplicacións (RNA). Esta ferramenta foi deseñada polo Centro Nacional de Tecnoloxías de Información (CNTI) para fomentar a adopción de Tecnoloxías de Información Libres na APN, incentivar o desenvolvemento da capacidade nacional e fortalecer a industria nacional de TI, mediante a xestión do coñecemento colectivo.

De igual forma, está publicada a plataforma colaborativa de xestión e desenvolvemento de proxectos ou forxa (Forja), unha ferramenta colaborativa de xestión de proxectos que permite desenvolver aplicacións e apoiar a creación ou mellora doutras.

Pola súa banda, Gerson Contreras, líder do Proxecto de Migración a Software Libre de Corpoelec, mostrou como exemplo de traballo colaborativo exitoso o plan de migración de Edelca e asegurou que están dispostos a replicar en Corpoelec e as empresas do sector eléctrico venezolanas. Paga a pena comprobar que o sitio web de Edelca dispón dunha aula virtual de SwL.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos

O vindeiro sábado 27 de xuño terá lugar en Mugardos as VI Xornadas Software Libre Concello de Mugardos co seguinte programa:

Xornada de mañá

10:00 a 11:00 «Instalación Ubuntu – Galinux«; Oscar Amor
11:00 a 12:00 «Servidores Caseiros con GNU/Linux«; Alberto Permuy (Comunidade O Zulo)
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 a 13:15 «Virtualización: QEMU«; Vieiro
13:15 a 14:00 «Distribución Trisquel GNU/Linux«;

Xornada de tarde

17:00 a 17:45 «A situación do Software Libre nas Empresas de Galiza«; Roberto Vieito (Asociación SwLibre Ghandalf)
18:00 a 18:45 «Licenzas libres e abertas«; Roberto Brenlla (Tegnix, SL)
19:00 a 19:45 «O Dominio .gal«; Camilo Regueiro (eu.gal)
20:00 a 20:45 «Seguridade no Correo Electrónico» Andrés Díaz;
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp