A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre!

Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo.

Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns concellos, centros de formación ao profesorado e pouco máis. Maila ausencia de apoios oficiais, facíanse xornadas de difusión, traducíase software, nacían GUGLs (Grupos de Usuari@s de GNU/Linux), consolidábanse as primeiras empresas forncedoras… todo un conxunto de ítems que axudaron a que as diversas forzas políticas levaran ás eleccións autonómicas, evidentemente en distinto grao de intensidade e credibilidade, propostas a prol dos estándares abertos e o SwL.

A partires de 2005 sucedéronse excelentes novas. No acordo de goberno acadado polo bipartito facíase mención expresa tanto o SwL como os estándares abertos. «Será certo? Serán só declaracións?«, pensábamos con ansiedade.

Trocamos ansiedade por paciencia cando agardamos un ano completo polo nacemento da ben querida mancomun.org en maio de 2006. Logo viñeron PEGSI, Rede de Dinamización, o contundente apoio á língua, o diálogo cos diversos axentes da comunidade e outras moitas emblemáticas actuacións. Moitas positivas, todas mellorables, algunhas até criticables pero non temo errar ao afirmar que a valoración xeral en canto ao SwL foi positiva maila vir todo dunha única consellería.

Do lado desesperanzador véu a nulo cumprimento do PEGSI dentro dos propios órganos do goberno bipartito da Xunta. Proba dilo é que o sw privativo aínda está a imperar na abrumadora maioría dos escritorios, a documentación interna manexada segue sendo intercambiada con formatos pechados e a integración de SwL apenas deixa de ser testimonial. O que hai neste eido é máis debido á teima de individualidades que ás decisións firmes de quen lle competía facelo.

Máis no meu outro blog.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL.

Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por parte de AGASOL estivo o seu xerente Luis A. Fernández, collín o relevo para a segunda na que pretendín amosar as necesidades de AGASOL e as propostas/suxestións para o futuro.

Na posterior rolda de prensa, Mar Pereiro deixou clara a estratexia do actual goberno da Xunta nesta materia, especialmente en materia de cumprimento de estándares abertos. É de agardar que estea dispoñible a presentación empregada. Salientable foi a confirmación da continuidade de Mancomun.org perante unha pregunta directa da prensa.

Tes nesta ligazón a nota de prensa oficial emitida pola Xunta de Galicia.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apollo 11 publica os seus códigos fontes

Para comemorar o 40º Aniversario do «Home na Lúa» foron publicados os códigos fontes do módulo de comando código (Comanche054) e módulo Lunar código (Luminary099).

Estes programas poden ser executados grazas ao emulador do AGC (Apollo Guidance Computer) do proxecto Virtual AGC and AGS e o propio AGS co seu código dispoñíble en Google Code (varias liagazóns).

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sources List Generator

Lembro coñecer algunha solución ao respecto pero non a dou atopado nas entradas que escribín… total, velaquí vai (de novo?). Se queres xerar o teu «sources.list», o arquivo que sinala os teus repositorios para a procura de aplicacións, dun xeito cómodo tes esta opción de SimplyLinux.ch, Linux für alle.

Tanto para Debian como para Ubuntu, seleccionas o teu país/estado (refírese ao país de onde prefires ter o teu repositorio, idelamente canto máis preto de onde esteas mellor), a versión instalada e, en función do que elixas como repositorios adecuados, terás á túa disposición unha chea de repositorios axeitados ao teu gusto.

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Android invadirá casas

Iso é o que vaticina Bill Brown, vicepresidente de marketing da Touch Revolution. Tamén cre que neste mesmo ano 2009 diversos fabricantes de dispositivos electrónicos han lanzar trebellos con Android, o GNU/Linux de Google.Android invadirá os nosos fogares

O executivo dixo á Forbes que famosas empresas producirán os máis variados tipos de produtos: sistemas para control doméstico, dispositivos multimedia e teléfonos residenciais baseados no sistema operativo.

Ademais sinala que cada produto traerá conexión Wi-Fi e pantallas táctiles (sensibles ao tacto, touchscreens) entre 4,3 e 10 polgadas. Algúns deles funcionarán como tablet PCs, haberaos gañando espazo nas paredes de salas e cociñas.

Os principais motivos nas que apoia as súas hipóteses a prol da adopción masiva de Android: versatilidade, recursos para interfaces táctiles e distribución gratuíta (libre).

A propia Touch Revolution vén de anunciar un «desk-phone«, chamado Nimble, con pantalla de 7 polegadas touchscreen e Android e que debe chegar ao mercado en 2010.

A fonte a punta cara esta nova orixinal.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

MERCOSUR recomenda Sw Libre aos Estados membros, especialmente en Educación

Na reunión do Cúmio Social da MERCOSUR que tivo lugar o xoves 23 de xullo de 2009 en Asunción (Paraguai), integrantes do goberno e de organizacións sociais dos países do bloque – reunidos pola temática «Novas Tecnoloxías de Información, Inclusión Dixital e Educación» – acordaron a promoción do Software Libre aos gobernos, en particular a súa inclusión a través da educación pública.

Participan na reunión representantes gobernamentais e da sociedade civil dos seguintes países do MERCOSUR: Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai.

Máis na fonte que apunta cara esta nova orixinal.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

EOI publica estudo sobre a oportunidade do SwL

EOI, escola de negocios fundada en 1955, xerentada pola Fundación EOI de carácter público, sen ánimo de lucro e dependente do Mº de Industria, Turismo e Comercio, vén de publicar un estudo titulado «La oportunidad del software libre. Capacidades, derechos e innovación«.

Tal estudo é conciso, directo, de rápida e doada consulta. En apenas 15 páxinas amosa os mapas de viabilidade (tecnolóxica, económica, administrativa, xurídica e política), de recomendacións cun un repertorio delas. Tales recomendacións van dirixidas maioritariamente a mandatarios políticos, valorando cada unha delas de 1 a 3 (valor máximo) por novidade, custo, rapidez, visibilidade e eficacia.

Podes descargar este documento, liberado baixo licenza Creative Commons
Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza, directamente aquí.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre.

A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: «Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, nos seus sistemas de información e no manexo dos datos, garantindo o respecto aos dereitos da propiedade intelectual«.

O texto agrega que o software privativo só utilizaríase como unha excepción por motivos de seguridade ou incompatibilidade.

Soamente entre o 2003 e o 2004, o Goberno central gastou ¢5.000 millóns (colóns costarriqueños, aproximadamente uns 6,42 millóns de euros) en licenzas para poder operar programas informáticos privativos. Outros estamentos públicos como o Instituto Nacional de Seguros informou de que só no 2007 orzou máis de ¢650 millóns para licenzas (830.000 euros).

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Hungría, domingo – 20090726

Previo

Espertei hoxe coas novas referidas ao grave accidente de Felipe Massa de onte: «Objeto atinge Massa, e piloto sofre forte acidente no treino na Hungria mas o Felipe Massa não corre risco de morte. Com pequena lesão no cérebro, Massa está em coma induzido«. A ampliacións de todas estas informacións telas aquí.

Onte, durante a cualificación, comenteille a un amigo que se fixara nun detalle, un recadro que amosa en verde a presión no acelerador e vermello a do freo. As dúas cores están a tope, acelerando e freando a tope á vez, o cal suxire que Felipe xa ía desmaiado a carón da barreira de neumáticos, chocando cunha forza G de valor 5, o equivalente a cinco veces o peso do seu corpo. No seguinte video da TV Globo confirman esta idea:

De todos os xeitos, teño total confianza na forma física de Massa e de calquera piloto de F1. Neste caso a sorte, pódese dicir así, foi a que fixo que a mola fora impactar xusto no límite do casco e a visera. De ter impactado na visera, hoxe estaríamos lamentando algo moito máis tráxico.

Fóra disto, a publicación dos pesos dos monopostos confirman a estratexia agresiva de Alonso quen tentará, igula que en 2003, pór terra por medio antes da súa primeira parada. Salvo o seguemento desta estratexia, a carreira de Hungría pode ser un auténtico tostón, coma sempre, xa que logo o circuito non é proclive aos adiantamentos.

Carreira

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP de Hungría, sábado – 20090725

Previo

A estrea de Alguersuari como piloto da Toro Rosso foi moi satisfactoria maila ser o último de cada unha das tandas do venres. Hai que ter en conta que o rapaz só andivera uns 200 km cun F1 antes desta estrea e rematar a poucas décimas do seu compañeiro de equipo, o mesmo que derrotaba ao demitido Bourdais, é un gran éxito. Alguersuari confesa que se sintiu moi cómodo e até ten outro importante defensor, Vettel, quen critica ás regras da F1 que prohiben facer adestramentos privados, feito que impede o acceso a novos pilotos á categoría.

Souben que os rumores que sinalaban a saída de Nelson Piquet Jr de Renault eran certos. De feito, botárono fóra e logo dunha xuntanza coa familia Piquet ao seguinte martes tras Alemaña volveu ser readmitido. As tensións son evidentes pois Nelson xa afirma que «Briatore não entende porra nenhuma«. Daquela, o divorcio semella ser inevitable.

Nos adestramentos libres do sábado, Alguersuari soprende marcando o sextoa vinte minutos do remate, logo o segundo mellor tempo e remata mellorándoo. Pouco despois é Alonso que o supera e provisionalmente comandou a lista ata que Hamilton recupera o posto de honra na seguinte volta. O resultado final foi: HAM (1’21″009) HEI ROS KOV BUE GLO MAS NAK WEB VET (10º) KUB TRU BAR PIQ RAI ALO (16º) BUT ALG FIS SUT.

Os McLaren confirman a súa gran melloría.

Cualificación

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Hungría, venres – 20090724

Previo

Aínda agardando o acordo definitivo FOTA-FIA, foron outras, realmente poucas e de pouca trascendencia, as novidades a salientar entre GPs agás a confirmación como piloto de Toro Rosso do catalán Jaime Alguersuari, o campión máis novo da F-3 británica e tamén o máis novo en estrearse aos mandos dun F1.John e Henry Surtees

Outras novas foron as dos plans de Mercedes de fornecer a tres equipos de F1 a partir do vindeiro ano, o falso anuncio de dimisión de Nelson Piquet Jr pola Renault maila seguir estando o seu posto en perigo, a nova que sinala o interese de Alonso de crear un novo equipo de ciclismo, a candidatura de Jean Todt (ex-Ferrari)  á presidencia da FIA contando co apoio de Max Mosley, máis rumores sobre Raikkonen pois dícese que está ofrecéndose a Brawn e Toyota así como o interese de Villeneuve en voltar á F1 e a confirmación de que Danica Patrick non pilotará na F1 no 2010.

Como nota tráxica está a morte de Henry Surtees, fillo do ex-campión de F1 e motociclismo, morto en accidente de F2 en Brands Hatch. O video (outro máis) do accidente amosa como un monoposto sae da pista perdendo unha das súas rodas, con tan mala sorte que xustamente foi caer na testa de Henry.

Adestramentos Libres

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL anova a xunta directiva

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de difusión.AGASOL

A nova xunta directiva está composta por:

  • Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix.
  • Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal.
  • Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede.
  • Tesoureiro: Xaime Garaboa Fernández de Signo.
  • Vocal: David Pardo de Corunet.
  • Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom.
  • Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG.
  • Vocal: Marcos Pita de Egalcom.

Dado que asumín a presidencia de AGASOL, a miña carga de traballo increméntase notablemente. Maila todo, seguirei loitando para tentar manter o compromiso tácito de escribir a cotío. Aproveito para anunciar que posiblemente mude o meu cara Tegnix (irá a brenlla.tegnix.com) onde me centrarei en asuntos técnicos e empresariais, deixando o actual para a restante temática.

Agradezo ás empresas de AGASOL a confianza que me deron,a Javi Vázquez polos seus consellos e adicación na anterior etapa, a Luis A. Fernández, xerente da asociación, pola súa enerxía e absoluta entrega e á nova xunta directiva polo traballo voluntario que de seguro lles esixirá moito esforzo persoal.

O anuncio oficial de AGASOL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp