GRASS, un moi consolidado SIX libre
GRASS (Geographic Resources Analysis Support System) é un sistema de información xeográfica libre, con licenza GPL, que conta con máis de 25 anos de historia.
Proxectado inicialmente para o tratamento de datos matriciais, as súas funcións esténdense a diversas áreas, incluíndo xeoprocesamento, xeoestadística, procesamento dixital de imaxes, acceso a bases de datos espaciais, simulación, etc.
Desenvolvido orixinalmente polos laboratorios USA-CERL (U.S. Army Construction Engineering Research Laboratories) durante 1982 a 1995 como unha ferramenta para a xestión de terreos e planificación de contornos con fins militares, GRASS converteuse nunha poderosa utilidade con múltiples aplicacións científicas. Velaquí unhas mostras en imaxes.
GRASS está a ser empregado por múltiples entidades entre as que paga a pena salientar NASA, NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), USDA (United States Department of Agriculture), USGS (U.S. Geological Survey) e consultoras medioambientais. Na actualidade GRASS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation que está a participar no Google Summer of Code 2009.
asennadas![]()
En: AGNIX, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
