Caso Mono: C# e CLI baixo a Community Promise
Trala polémica sobre Mono SI ou Mono NON, sei por Ismael Olea que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335.![]()
ECMA 334 especifica o xeito e establece a interpretación de programas escritos coa linguaxe de programación C#, mentras o estándar ECMA 335 define o CLI (Common Language Infrastructure) pola cal as aplicacións escritas en múltiples linguaxes de alto-nivel poden ser executadas en diferentes contornos sen necesidade de seren re-escritas.
Tes máis información aquí, onde se sinala que baixo a Community Promise, Microsoft fornece garantía de que non fará valer as súas reinvidicacións, nomeadamente as Necessary Claims, contra ninguén que faga, empregue, venda, ofreza á venda, importe ou distribúa calquera implementación (Covered Implementation) baixo calquera tipo de desenvolvemento ou modelo de distribución, incluíndo as licenzas de código aberto e outras como a LGPL ou GPL.
asennadas![]()
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Hasefroch por Roberto Brenlla

Vale, e que??? non deixa de ser unha forma de control da tecnoloxia, dado que se eu uso para crear swl unha plataforma que se apoia no CLI que eles diseñan sempre estarei a súa expensa.
Por outra banda, que non vaian atacar non significa que por bendita bondade vaian liberar as últimas novidades tecnoloxicas. De tal forma que imos ir por detrás continuamente mentres que quen empregue a plataforma privativa de M$ teran sempre vantaxe.
Cada un que use o que queira, eu de usar isto uso a plataforma privativa para crear código libre e así polo menos sei que traballo co último en tecnloxia. En outro caso prefiro traballar con plataformas ou linguaxes nas que as mans do gran imperio non esten, se quero ser libre pois quero ser libre con todas as consecuencias, se non volto ao pasado.
A verdade é que isto pinta raro-raro-raro… Os de Fedora-Mono semellan moi contentos coa «futura Community Promise«. Haberá que ler con moito detemento esa Community Promise, claro, quen teña interese en desenvolver con Mono.