Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.

O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 1 crédito de libre configuración.

Inscríbete!

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Bélxica, domingo – 20090830

Previo

Os titulares son unánimes xa que logo temos a máis sorprendente das cualificacións dos últimos tempos. Olla por exemplo en Tuttosport (Impresa Fisichella: pole!), Autosport (Fisichella: The best moment of my life) ou en Quatro Rodas (Fisichella surpreende e faz pole em Spa). Quen apostase algúns cartos por unha pole de Force India abofé que hoxe tería uns bos dividendos. A felicidade do multimillonario propietario Vijay Mallya é evidente.

E xa van uns cantos exemplos de veteranos acadando éxito este ano. Sen irmos moi aló, hai unha semana en Valencia foi Rubinho gañando, hoxe temos a grella de saída cos catro primeiros todos maiores de trinta anos!

En canto aos pesos, Fisico tampouco é o máis lixeiro de todos, porque Barrichello parará unha ou dúas voltas antes. E na mesma volta que Fisichella pararán Kubica e Glock. En canto ao tempo, a FIA cre que non choverá… pero, claro, isto é Spa e non sería a primeira vez que os pronósticos erran.

Carreira

Realmente emocionante maila non ser unha carreira pletórica de adiantamentos. O accidente da primeira volta deixou fóra a BUT HAM ALG GRO e logo do Safety Car Alonso tiña as de gañar moitas posicións. De feito estivo de terceiro varias voltas ata a súa parada onde, unha vez máis, outro atranco na roda, desta vez a dianteira esquerda, estragoulle calquera opción a un bo posto final.

Sobresaínte a carreira do Force India de Fisico, sempre pegado ao Ferrari de Raikkonen. A pésima saída de Rubinho e os problemas de motor de Webber e mailo do propio Rubinho nas derradeiras voltas deixáronos moi lonxe dos primieros postos. O brasileiro polo menos descontou dous puntos na loita polo mundial.

Clasificación final: RAI FIS VET KUB HEI KOV BAR ROS (8º) WEB GLO SUT BUE NAK BAD

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Bélxica, sábado – 20090829

Previo

A xornada de onte en Spa-Francorchamps deixou na práctica só a segunda sesión como a efectiva para facer probas. Dela, algúns quixeron destacar que Alguersuari ficou por diante de Alonso. Sen entrar en detalles dalgo sen importancia (a clasificación dos venres), o certo é que Jaime está sentíndose cada vez máis cómodo nun F1. Pola súa banda, Alonso está moi satisfeito e até confiado nas súas posibilidades neste GP.

Tamén seguen os rumores do anuncio de Alonso en Monza, o vindeiro GP dentro de dúas semanas. Así o confirma Lobato de acordo coas conversas que mantén con compañeiros xornalistas italianos e a contínua presión que está a sufrir Raikkonen.

Tamén estase a comentar a posibilidade dun terceiro monoposto por escudería o cal fai que até o propio Domenicali anticipe que propiciaría o regreso de Schumacker a Ferrari maila ser un grave problema de visión a causa da ausencia do alemán en Valencia.

Os adestramentos libres do sábado deron o seguinte resultado: HEI TRU SUT GRO GLO KUB ROS FIS HAM BUT RAI BUE KOV VET ALG (15º) BAR ALO (17º) BAD NAK e WEB (sen tempo).

Cualificación

Webber troca de motor, confirmando un dos poucos punto fracos dos Red Bull que provoca fallos de motor, as esixencias aerodinámicas da súa parte traseira.

Na Q1 os resultados foron: FIS TRU BAR SUT WEB VET GLO ROS HEI RAI KUB KOV ALO BUT HAM (15º), eliminados BUE ALG NAK GRO BAD

Na Q2 as sorpresas foron maiúculas sen necesidade de factores externos como a choiva. Velaquí os resultados: TRU KUB VET FIS HEI BAR GLO WEB RAI ROS (10º), eliminados SUT HAM ALO BUT KOV. Pois iso, fóra Alonso, Hamilton e Button, quen comando o mundial. Sorprendente?

Si, sorprendente! Os resultados finais foron: FIS TRU HEI BAR KUB RAI GLO VET ROS.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP de Bélxica, venres – 20090828

Desculpas

Teño que abrir unha sección pola ausencia de cobertura do GP de Europa celebrado a pasada semana en Valencia por mor de varias circunstancias. As princiapis foron que comecei un proceso gripal, estiven involucrado na instalación dun Centro Multimedia baseado en GNU/Linux co que poder gravar TV entroutras funcionalidades e tomei uns ridículos dias de vacacións nos que necesitaba afastarme dun computador (cousa que non puiden facer!).

Sexa como fora, velaquí as miñas desculpas.

Previo

Entre algunhas das cousas non sinaladas polo GP de Europa destaco que o acordo Ferrari-Santander anunciarase en Monza (11-12-13 setembro) e, segundo GPWeek, por causa do accidente de Massa o anuncio de Alonso como piloto ferrarista non acontecerá nesas datas, adiándose ata a recuperación de Felipe. Chamoume a atención que Whitmarsh de McLaren fixera público o seu inmenso arrepentimento por perder a Alonso ao tempo que da por feito que o asturiano irá a Ferrari.

A carreira en Valencia foi bastante monótona e, maila pensar moita xente que Barrichello venceu polo erro en boxes co coche de Hamilton, penso que Rubinho venceu convencendo e así o comenta o propio Lewis.

Outro detalle salientable é que en Renault están estudiando a posibilidade de incorporar de novo o KERS en Monza.

Adestramentos

Ao contrario do que adoita contecer, foron moitos os pilotos que decidiron dar voltas en Spa xa logo no comezo da sesión. Logo viuse que iso era debido a choiva que chegou con forza ao circuito impedindo mellorar eses rexistros iniciais. A choiva pode estar presente todos os dias deste GP.

A primeira sesión deu como resultado: TRU BUT ALO BUE ALG BAR RAI KOV KUB BAD FIS ROS GRO HEI NAK SUT WEB GLO, con VET e HAM sen tempo.

A segunda sesión foi xusto o contrario en canto a meteoroloxía, sol radiante e pista seca. Sabresaínte a actuación de Alguersuari pois a 20 minutos do remate permanecía no 4º posto da táboa. A orde final foi: HAM GLO RAI WEB GRO FIS TRU KUB ALG (9º) VET BUE KOV SUT ALO (14º)  NAK HEI BUT BAR ROS BAD. Ata o penúltimo, todos no mesmo segundo!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bravo á Compañía Lírica de Galicia

Esta é unha carta aberta que veño de enviar ao director do xornal La Voz de Galicia referente ao artigo que cubría a actuación desa Compañía Lírica onte na Praza de María Pita da Coruña.

Estimado Sr. Director,

Onte tiven o enorme pracer de asistir a un gran espectáculo na Praza de María Pita. Si, ben certo é que o son foi o protagonista non convidado e culpable, realmente cabe dicir que «o único culpable«, do que onte alí aconteceu. Todo, absolutamente todo, acadou o grao magnífico agás o son. Mailo seu transitorio protagonismo, o espectáculo deixou ao público efusivamente agradecido coa absoluta entrega e profesionalidade da Compañía Lírica de Galicia.

Testigos fumos dos ocasionais abucheos, especialmente os dalgún irritado espectador que tamén foi o primeiro en levantarse entre o público para defender o gran papel que estaba a levar adiante todo o elenco nesas adversas circunstancias.

O público era ben consciente do que alí acontecía pois nin «ese» atranco, nin as tres ou catro tentativas de choiva o inmutaron dos asentos. Así, ao remate de cada peza entregaba toda a súa enerxía en forma de aplauso e mailos coñecidos vítores «Bravo!, Bravo!«.

Porén, ler hoxe no xornal «La zarzuela se convirtió en mímica – El público abucheó a la Compañía Lírica de Galicia en la plaza de María Pita debido al sonido deficiente» éncheme de profunda tristeza e dor allea. Por que insultar cun titular así? É certo que o público berrou á Compañía Lírica? Quen onte estivo alí ben sabe que iso só non é verdade.

Moito do público onte alí congregado é seguidor asiduo destas compañías e asociacións culturais. Sabemos que o de onte foi ocasional, concreto e puntual. Nada que rexeitar á organización, nin ao Concello da Coruña nin a nada que non fora exactamente o sinalado: o son. Só iso!

Daquela, dado o alcance que as novas acadan en xornais tan prestixiosos coma o seu, prégolles que rectifiquen ese inxusto titular, subsanen adecuadamente o seu erro e deixen en alto lugar o que onte sempre estivo a esa altura.

Licenza:
Recoñecemento – Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España de Creative Commons.
http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.gl

Cordialmente,
Roberto Brenlla

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Europa (Valencia) -previo-, venres – 20090821

Previo

Dado que entre o anterior GP e este mediou case que un mes, resumo separadamente neste previo o moito acontecido neste tempo teoricamente vacacional.

O anterior GP pode ser lembrado por ter sido o regreso de Alonso á pole position, a estrea de Alguersuari e o grave accidente de Massa. Alonso sinalou que «Non creo que gañase, pero seguro que un terceiro ou cuarto podería ter feito. (…) Empezou a fallar a bomba de gasolina, tiña que trocar as reglaxes do volante, e logo no pit stop comezou a vibrar a roda dianteira até que foi polo aire.» Este feito provocou unha sanción inicial moi severa pois a FIA impúxolle a prohibición a Renault de correr en Valencia.

Pola súa banda, Alguersuari fixo un gran traballo e comprobou o duro que é competir da F1 dicindo «Aprendín moito, mai teño que dicir que hai algúns aspectos da F1 que me fixeron pensar: ‘caramba, isto é difícil’«.

Porén, a atención xeral estaba posta no estado de saúde de Massa tralo seu gravísimo accidente. Gary Hartstein, delegado-médico da FIA, afirmou que Felipe precisaría de meses ata recuperarse pero tamén chegou a temerse polo estado do ollo do piloto. Isto provocou que o lercheo de todo tipo dera comezo na prensa deportiva. A italiana Tuttosport apuntou a posibilidade de que Alonso correse en Valencia e logo puxo como a Schumacher como o substituto elixido. Finalmente o alemán consegue a aprobación da FOTA para realizar probas aínda que logo Red Bull e Williams xa vetan ao alemán para que tales probas sexan feitas cun F60, o monoposto desta tempada. Loxicamente, por outra parte, dado que Algersuari non tivo esa oportunidade na súa recente estrea pola prohibición regulamentaria a facer probas ao longo do campionato.

Neses intres BMW anuncia a súa saída da F1 a partires da seguinte temporada alegando «motivos ecolóxicos«! Acto seguido Epsilon Euskadi confirma de novo a súa candidatura para cubrir esa praza vacante e a FOTA propón a inclusión dun terceiro coche para as escuderías.

Renault confirma que apelará a sanción que lle foi imposta tendo ademais á RFEA presentando tamén alegacións a favor de Alonso dado que considera que o asturiano é a víctima real da sanción e isto, para colmo, aféctalle notablemente aos ingresos por entradas no GP en Valencia.

Unha curiosidade acontecida entre medias foi o grave accidente de Kimi Raikkonen no Rally de Finlandia o cal novamente dispara os comentarios da entrada de Alonso o vindeiro ano en Ferrari. Alguersuari tamén participou noutra proba distinta da F1 pois chegou en terceiro na primeira manga e gañou a segunda da Fórmula Renault 3.5 Series, proba celebrada en Portimão, no Algarve portugués. Logo diso, o catalán afirmou nunha entrevista a un xornal luso que «non diría que non a morrer nun F1 correndo«.

O 1 de agosto asínase por fin o Pacto da Concordia na F1 que garante a participación dos actuais equipos até 2012. Pouco despois tamén se anuncia que a FIA reabre o estudo de candidatas a substituir a BMW.

Para rematar este longo previo, deixo a noticia de que Alonso si correrá en Valencia (Renault tivo unha sanción de $50.000) e que finalmente será Badoer e non Marc Gené quen substitúa a Massa en Valencia porque Schumacher alegou dores no seu colo e a súa renuncia. Alguén chegou a afirmar que o alemán até sufriu un desmaio mentres pilotaba en Mugello.

A despedida final vai para Thomas Knopper, morto mentras disputaba unha proba de kart.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mercado de Sw Libre medrará a ritmo de 22,4% anual

A consultora IDC vén de publicar un informe amosando unha óptima perspectiva para o Sw Libre e mailo Open Source. Concretamente sinala:

«Os ingresos mundiais debidos ao software de código aberto (OSS, open source software) medrará a unha taxa dun 22,4% de crecemento anual composto ata acadar os US $ 8.100 millóns en 2013. Esta previsión é considerablemente maior cá feita en 2008, por tres razóns:

(1) a lista empregada para calcular os ingresos ampliouse grazas a un amplo esforzo de incluir máis proxectos neste pronóstico;

(2) o Software Libre acadou un grao de aceptación nos pasados 12 meses moito maior có esperado; e

(3), a economía acelerou a absorción e uso de software de fontes abertas no derradeiros meses de 2008.»

«O software de fontes abertas acadou un forte impulso no mercado a partir da actual crise económica«, dixo Michael Fauscette de Software Business Solutions. «OSS é cada vez máis unha parte da estratexia empresarial en software nas empresas líderes e está a ter un bo ritmo de adopción nas súas infraestruturas principais. Mentres a industria global de software segue a consolidarse, será clave para as empresas fornecedoras de OSS conquerir axeitada dimensión se estas planexan continuar como un negocio autónomo.«

IDC cita á economía como o motivo polo cal a súa predición sinala un aumento nos ingresos do software de fontes abertas. Dado que é unha previsión a longo prazo (2013), posiblemente comprobemos que, en xeral, as empresas demandarán máis estas tecnoloxías independentemente dos cambios na economía.

IDC vincula tamén outra razón para o aumento da súa optimista previsión para o mercado do software de fontes abertas. «Os grandes fornecedores de software coma IBM, Sun, Dell, HP e Oracle están obtendo cantidades significativas de ingresos indirectos das súas actividades neste sector e mailo seu apoio ao OSS. Isto axudou moito na aceptación xeneralizada que agora ten o OSS.«

Fonte.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Invidente bloguea grazas ao Sw Libre

Unha vez máis, sei por Fernando Acero que o invidente Nicomedes Flores pode, e feito é, un activo blogueiro grazas ao uso de Software Libre. Nomeadamente emprega o programa Orca baixo unha Ubuntu GNU/Linux. Con el traballa coa súa computadora (procesador de textos, chat…) e conéctase co mundo.

Orca (segundo o seu Wiki) é unha tecnoloxía de apoio libre/código aberto, flexible, extensible e potente para persoas invidentes ou con deficiente visión. Empregando varias combinacións de voz, braille e magnificación, Orca axuda a proporcionar accesibilidade ás aplicacións e ferramentas que soporten AT-SPI (por exemplo o escritorio libre GNOME).

Nicomedes, director do Centro de Rehabilitación para Persoas Cegas Manuela Garandillas en Cochabamba (Bolivia), usa unha opción da plataforma de Blogger que permite mandar un novo artigo, ler comentarios e respostalos, todo a través de mensaxes de correo-e. Tamén participa no Proxecto Accesibilidade onde un grupo de activistas de Software Libre de Bolivia implementan solucións libres para as persoas con discapacidade.

Comproba como o fai:

Concordo con Fernanco Acero na mágoa que supón a escaseza de investimentos nesta materia de poderosas organizacións como a ONCE.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$.

Para ilo preparei estas instrucións:

1.- descarga o arquivo ‘.iso’ que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty.
2.- Segue os pasos deste artigo.
3.- Ese artigo di que descargues a aplicación uSbuntu.
4.- Seguindo os pasos de (2), verás que xa o tes todo: a ‘iso’ (1) e
mailo programiña (3) que che pedirá todo. Tes que instalar ese programa
(3) tras descomprimilo, executando «uSbuntu Live Creator.exe«
5.- Para os «datos persistentes» proba poñer 250 ou 300 MB se tes unha USB
de 1 GB pois pode haber ese espazo libre.
6.- Rematado o proceso, logo fai:
6.1.- Deixa o USB conectado
6.2.- Arranca o PC e entra na BIOS
6.3.- Selecciona que arranque por USB
6.4.- Garda e reinicia
6.5.- Terá que arrancar xa polo USB e coa Ubuntu 9.04 en modo «live«, é
dicir, sen mexer para nada no sistema instalado.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

CNTG oferta varios cursos sobre Sw Libre

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010. cntg-logo.png

Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos:

  • Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte IBM
  • Administración de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 1), 80hs,  obtense certificación, data 27/10/2009, IBM
  • Goberno corporativo das TIC. Fundamentos de Cobit e implantación de IT governance, 21hs, sen certificación, data 06/11/2009
  • Fundamentos de ITIL (Vigo), 20hs, obtense certificación, data 06/11/2009, ITIL
  • Fundamentos de ITIL (A Coruña), 20hs, obtense certificación, data 20/11/2009 ITIL
  • Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE, 64hs, obtense certificación, data 25/01/2010, Red Hat
  • Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE, 80hs, obtense certificación, data 26/01/2010, Red Hat
  • Dirección de proxectos informáticos (Certificación CAPM) – Vigo, 36hs, obtense certificación, data 29/01/2010, PMI
  • Administración de bases de datos MySQL, 48hs, obtense certificación, data 01/03/2010, MySQL
  • Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache, 80hs, obtense certificación, data 06/04/2010, MySQL
  • Implementación de VoIP con Asterisk, 36hs, sen certificación, data 03/05/2010, ASTERISK

Podes descargar o folleto informativo.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Holidays? No, thanks

Xa saberás que estou migrando parte do meu traballo daquí cara este outro blog (http://brenlla.tegnix.com/), sobre todo no que atinxe ao Sw Libre. Porén, tanto nese como neste, hei deter case que totalmente de pór entradas durante as vindeiras semanas.notebook-beach

Non, non será porque vaia marchar de vacacións senón tan só porque así poderei aproveitar que moita xente, se cadra ti tamén, si estean disfrutando delas e o tráfego en internet disminúe para adiantar eu os moitos traballos pendentes que teño por diante.

Maila esta declaración, non desboto caer de cando en vez na tentación e incluír algunha entrada… non vaia ser!
Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Interoperabilidade e Administración Electrónica (carta aberta de Hispalinux)

Hispalinux vén de publicar unha Carta Aberta a prol dunha Administración Electrónica Transparente, Independente e Democrática.

A Administración Electrónica pode crear as bases dunha nova era da nosa democracia, revalorizar o papel da cidadanía e reformar «por fin» participativamente a función pública.

Con todo, a posibilidade de que o emprego masivo de tecnoloxías dixitais conduza precisamente ao contrario, desencadeando unha concentración de poder sobre a información pública e unha dificultade insuperable de control das institucións, obriga a Hispalinux a reivindicar con toda enerxía que se garanta a máxima información e participación na regulación destas materias que son os alicerces mesmos da nosa sociedade.

Falta de transparencia
Nesta ocasión, o proxecto dunha norma fundamental, o Real Decreto polo que se regulará o Esquema Nacional de Interoperabilidade foi levado por canles que facían case imposible calquera debate da cidadanía e que exclusivamente permitían a participación de grupos de intereses.

Con grave risco Hispalinux rompeu esa cadea de silencio e publicou o documento que se mantiña oculto, o proxecto de norma. Asemade, Hispalinux invitou á cidadanía a efectuar alegacións, algo que necesariamente debería saír dos nosos representantes no Goberno.

Hispalinux recorda que este indebido segredo erosiona a confianza na integridade e imparcialidade dos procesos regulatorios, nun ámbito onde a transparencia debese primar sobre calquera outra consideración no balance do resultado normativo.

Conclusións de Hispalinux
Como resultado da nosa propia análise e as alegacións ata agora efectuadas, Hispalinux fai públicas as seguintes conclusións que deberían mover ás nosas autoridades a reformularse o presente proxecto de Real Decreto:

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp