Ford presenta dispositivo anti-choque de código aberto

Ford anuncia un software construído a partir de código aberto. O que isto significa para Ford non está moi claro pero é interesante comprobar o esforzo que a multinacional adica a estas verbas no seu anuncio. Con certeza, o código aberto (open source) fóra do ámbito da informática é observado como algo absolutamente positivo sinala a fonte desta nova.

Ford aproveita a tecnoloxía do avión de combate F22 para o seu novo modelo Taurus. Esta tecnoloxía está destinada a evitar os accidentes avisando acusticamente xunto a unha alarma de voz no sistema de navegación e prendendo luces vermellas cando o vehículo se atope moi preto doutro. Inclúense tamén outras funcioanalidades como MyKey válido para o control do coche cando se desexe limitar velocidades máximas.

Crese que se este dispositivo de aviso de colisión estivera equipado no ano pasado nos vehículos norteamericanos podería ter salvado 7.000 vidas, sinalan fontes de Ford á BBC.

A tecnoloxía pode ler a estrada e identificar árbores e persoas. Engadíronse algoritmos específicos para determinar se os obxectos son ou non un «vehículo-obxectivo».

Paga a pena lembrar que este esforzo de Ford por retomar os postos perdidos no liderado na industria automobilística segue a corrente encabezada por BMW e outras compañías coa súa plataforma aberta GENIVI.

Outra curiosa iniciativa é a do Fiat Mio, anunciado como o primeiro coche Creative Commons.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Italia, domingo – 20090913

Previo

Comezando polos pesos de saída cabe mencionar que Alonso sae bastante cargado pero coido que desta vez haberá que descontar o  peso do KERS. O máis cargado de entre os dez primeiros é Rubinho aínda que pode ser penalizado con cinco posicións por mor dun posible troco na súa caixa de cambio danada tralo incendio que tivo o motor ao remate de Spa. Nun recente comunicado, Brawn confirma que Barrichello non trocará a súa caixa. No grupo entre el, o quinto, e o noveno (VET)  apenas hai centésimas.

Alguersuari pecha a grella por tempos pero faríao igualmente pois tivo que trocar a súa caixa de cambios. Daí que diga: «desexo que chova como no ano pasado e así tería máis opcións. Tocarame cantar esta tarde«. A posibilidade de choiva existe e máis tendo en conta que a primeira carrareira da GP2 celebrouse onte á tarde baixo unha arroiada.

Para rematar este previo dicir que tralas protestas dos pilotos a organización decidiu baixar os bordos da primeira chicane.

Carreira

Mailos presaxios de choiva, a carreira da comezo en seco. Alguersuari sae dende a liña de boxes porque tamén trocou a especificación da súa suspensión dianteira.

As diferentes estratexias de paradas e mailo accidente final de Hamilton decidiron moito o resultado final: BAR BUT RAI SUT ALO (5º) KOV HEI VET FIS NAK (10º) GLO HAM BUE TRU GRO ROS LIU ALG KUB WEB

Semella que a batalla polo campionato será entre pilotos da Brawn a pesares de ter marcado un puntiño Vettel.

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Italia, sábado – 20090912

Previo

Durante os adestramentos de onte sabíase xa que Renault e Briatore deron comezo unha acción criminal contra os Piquet, pai e fillo, e até houbo comentarios sobre a vida persoal de Nelsinho. Tamén onte, o xornal brasileiro especializado no mundo do motor Grande Prêmio ofrecía un amplo e elocuente artigo co diálogo mantido entre o observador da FIA Herbie Blash e e Pat Symonds xunto á telemetría do que aconteceu no accidente e até un resumo do diálogo entre os boxes e o s pilotos de Renault.. A conclusión dese artigo é a confirmación da FIA de que «existe unha evidencia que, en xeral, suxire que o choque de Piquet foi deliberado e facía parte dun plano destinado a asegurar un benefício para o equipo, en que polo menos un membro da cúpula de Renault foi cúmplice«. É dicir, a FIA cre en Nelsinho.

Fóra disto, cabe dicir que Schumacher extende o seu acordo con Ferrari e sinala que disfrutou de participar no desenvolvemento do Ferrari California, o 430 Scuderia e o novo 458 Italia que será presentado o vindeiro martes no Frankfurt Motor Show.

No eido estritamente deportivo, Alonso afirma que precisa gañar de novo canto antes e que neste GP as posicións finais poden decicirse por décimas. Alguersuari está comprobando o duro que é pilotar un F1 neste trazado pois é o máis rápido e polo tanto con mínimo apoio aerodinámico.

Fisico estreou o seu Ferrari nos adestramentos libres da mañá saíndo na Parabólica o cal deixoulle como o derradeiro desta etapa. Resultado: SUT BUT HEI BAR HAM KOV LIU ALO (8º) GLO KUB (10º) GRO RAI TRU NAK BUE ROS WEB VET ALG FIS. Alguersuari semella que tivo problemas na caixa de cambios e deu mesno da metade das voltas que o seu compañeiro.

Cualificación

Na Q1 quedaron fóra GLO NAK ROS BUE ALG e tivo o seguinte resultado: RAI HAM BUT BAR KOV VET SUT LIU HEI ALO (10º) WEB FIS GRO KUB TRU

Na Q2 quedaron fóra TRU GRO KUB FIS HEI e pasaron á final BUT HAM BAR SUT LIU WEB RAI ALO KOV VET.

A cualificación da Q3 deixou a seguinte grella de saída: HAM SUT RAI KOV BAR BUT LIU ALO (8º) VET WEB (10º) TRU GRO KUB FIS HEI GLO NAK ROS BUE ALG

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Italia, venres – 20090911

Previo

Moitas novas neste tempo entre GPs. Aínda que en principio o máis importante debería ser a confirmación do patrocinio do Banco Santander a Ferrari por cinco anos, realmente a noticia estrela é a denuncia feita por Nelsinho Piquet perante a FIA polo acontecido no GP de Singapur de 2008, aquel no que Alonso dominou en adestramentos pero na calificación o seu monoposto tivo unha falla mecánica e obrigou ao asturiano a sair moi atrás e cunha estratexia agresiva. Naquel no que Alonso sairía moi leve, abastecería na volta 12ª e grazas a un inesperado accidente de Nelsinho e maila saída do pace car recuperou moitas prazas e, sen desemerecer a súa abraiante carreira, rematou gañando ese GP. Todas as fontes subliñan que Alonso non sabía nada desta historia, algo que é confirmado polo propio piloto.

Pois be, tes a tradución completa (ao pt-br) da declaración feita por Nelsinho ante a FIA. Nela o fillo do tri-campión brasileiro di que tal accidente foi proposto pola dupla Flavio Briatore e Pat Symonds. Até confirma que Briatore lle deu as grazas ao remate dese GP. Tras isto a FIA abriu oficialmente unha investigación na que as partes declararán o vindeiro 21 de setembro. Pola súa banda, o compatriota Rubinho alfineta en Nelsinho afirmando que «Se fez isso, não merece estar no esporte«. Outro brasileiro, o presidente de Renault, Carlos Ghosn, ameaza con procesar a Nelsinho tralo resultado da reunión da FIA.

Noutra orde de cousas, o pobre espectáculo dado por Badoer defendendo as corres de Ferrari provocou un monte de novas especulacións dunha anticipada entrada de Alonso na Scuderia. Maila todo isto non aconteceu pois o elixido foi Fisichella. Tamén soaron os nomes de Kubica e até o de Rossi. Sexa como fora, Fisico estará actuando como primeiro piloto nos derradeiros cinco GPs de 2009 porque agrárdase que Massa xa estea plenamente efectivo para o primeiro GP de 2010.

Outros asuntos chamativos foron, en breve, o suposto interese de Marcedes en ser accionista maioritaria da Brawn, o regreso de Williams e Force India á FOTA, a procura de compradores da escudería BMW-Sauber, a confirmación de que Renault empregará o KERS en Monza, a contratación de Liuzzi en Force India, a elevación dos bordos das chicanes de Monza ou que Alguersuari fixo unha frustada tentativa no campionato do mundo de karts categoría KZ1 onde gañou, unha vez máis, a gran promesa belga Jonathan Thonon.

Adestramentos

Agás os sustos de Hamilton e Timo Glock provocados polas elevadas cebras das chicanes, todo transcurríu con normalidade. Os resultados da primeira sesión foron HAM KOV SUT ALO (4º) HEI BUE BUT FIS WEB RAI (10º)  KUB BAR ROS NAK GRO LIU ALG VET TRU GLO. A velocidade máxima foi atinxida por Alguersuari a 344.1 km/h, seguido polo seu compañeiro de escudería.

Os segundos adestramentos tiveron este resultado: SUT GRO ALO KOV KUB GLO HEI RAI NAK BUE (10º) HAM LIU WEB ALG (15º) BAR ROS VET BUT FIS

Chuzame! A Facebook A Twitter

ModularIT, arquitectura orientada a servizos virtualizados

ModularIT e unha arquitectura orientada a servizos virtualizados cunha contorna engadida de monitorización e xestión. Todo iso utilizando Software Libre e orientado a administradores de sistemas.

ModularIT está formado por servizos modulares despregados en máquinas virtuais que poden combinarse coma se fora un quebracabezas o cal confire múltiples vantaxes.

Para coñecer o estado de cada servizo cando sexa necesario, ModularIT incorpora un sistema de control e xestión.

O sistema de monitorización está deseñado como axente independente instalado en cada máquina virtual que chequea e corrixe problemas e erros comúns. O sistema de monitorización é distribuído e multinivel (xerárquico) de modo que grandes organizacións poden dispor do seu propio sistema de monitorización independente ou escravo doutro, xestionado por eles mesmos ou un fornecedor externo.

ModularIT inclúe os seguintes servizos:

  • Copias de seguridade
  • LDAP
  • Servidor de arquivos
  • Correo
  • Mensaxería Instantánea
  • Telefonía
  • Fax
  • Ferramenta de traballo en grupo
  • Sistema de xestión de documentos
  • Servizos adicionais

ModularIT foi naceu debido á dispersión xeografica que hai en Canarias, polo que varias empresas desenvoleveron unha arquitectura de servizos que lles permitira ofrecer servizos TIC a terceiros da forma máis eficiente posible. Algúns dos requisitos son que o despregamento poidera ser realizado completamente en remoto cunha plataforma de xestión e monitorización dos servizos instalados.

ModularIT

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática.

Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. Na Universidade de Málaga sinalan que tal caída é do 43% nos últimos cinco anos, na Escola de Enxeñaría Técnica Informática de Xixón baixou un 20% nos últimos catro anos e a metade no pasado curso e segundo un estudo da Universidade Politécnica de Catalunya haberá en España un 32% menos de titulados en carreiras TIC en 2010 que no período 2005-2006.

Uns fan a pregunta «Non gusta estudar Enxeñaría Informática en España?» e algún medio sinala que tal caída tamén abrangue ás carreiras científicas (Física, Química ou Matemáticas).

Poderíase entrar na obxectividade de tales informacións pois, por exemplo, en ningún deles coméntase o que acontece con eses mesmos datos se temos presente a pirámide poboacional para eses períodos. Outros moitos factores poderíanse pór en riba desas cifras e seguramente todo ilo daría unha visión moito máis clara do que está a acontecer.

Porén a min chámame a atención un detalle, se cadra, nimio e anecdótico. Trátase dalgo que ten que ver coas xeneracións Spectrum e a máis recente xeneración Tamagotchi. Non me refiro con precisión absoluta a eses períodos dado que á do Tamagotchi aínda estará estudando bacharelato ou a ESO.

Refírome ás xentes que comezaron xogando con trebellos aos que había que meterlles man para facelos rular cos máis novos programas como acontecía con quen tivo nas súas mans algo semellante a un Spectrum, vellos PC sen conexión á rede, con contornos gráficos primitivos e así por diante. Estas persoas teñen a curiosidade necesaria por achegarse ao fondo dun kernel ou a un programa de baixo nivel.

Esa xeneración aínda non coñecía Internet pois esta fíxose realmente popular a partires da segunda metade dos noventa, xusto cando popularizábase tamén a telefonía móbil, as videoconsolas e nacía o Tamagotchi (1996). Quen na infancia xa tivera a ocasión de navegar pola rede, ter sistemas operativos con contorno gráfico amigable, unha ampla variedade de xogos e consolas, chamar por móbil e até disfrutar cun Tamagotchi terá hoxe unha idade moi próxima á adolescencia ou no tempo de escoller a súa futura profesión. Posiblemente, esta persoas disfruten máis empregando a tecnoloxía que progamando esa tecnoloxía, máis como usuarias e menos como desenvolvedoras. Posiblemente porque sempre tiveron diante interfaces gráficas amigables e unha chea de posibilidades comunicativas.

Insisto, chámame a atención esta idea aínda que, se cadra, sexa nimia e anecdótica.

Outra das motivacións, seguro que máis importante que todo o que en riba comento, pode vir da ambigüedade do termo ‘informático‘ como profesión. Hoxe auto-noméanse así quen fixo a carreira, sexa superior ou técnica, quen fixo FP ou un sinxelo curso e até quen é catalogado como «manitas» cos computadores. Isto leva tamén ao desprestixio social e a manter uns soldos baixos en relacións ás outras carreiras. Como lle dixeron ao amigo Óscar «un informático pode ser calquera«.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Velocidade de resposta ante problemas de seguridade

Slashdot sinala que vendedores de software privativo, neste caso Microsoft e Cisco, finalmente publicaron os seus parches para vulnerabilidades no protocolo TCP tras un ano de coñecerse! Esas vulnerabilidades afectaban a todos os dispositivos de Cisco que executasen o software IOS e un elevado número de sistemas Microsoft, tanto servidores como de escritorio. Esta última empresa aínda está sen dar solución a esa vulnerabilidade para algúns dos seus sistemas.

É certo que calquera sistema pode comprometerse debido ás vulnerabilidades. Maila certeza desa premisa, xorde a cuestión: canto demoran os responsables deses sistemas en arranxalas? No bando do Sw Libre, sonado foi o caso de Debian pois non se decatara dunha delas en dous anos. Iso si, cando se soubo arranxouse decontado. Fóra dese caso, en SwL a velocidade de reacción adoita ser case que inmediata. Así, perante un exploit no kernel 2.6 as 10 maiores distros GNU/Linux resolvérono en menos de 48 horas. O mesmo pode dicirse nos casos de phishing e outros males do navegador Firefox xa que logo en horas adoitan ser arranxados.

Se cadra unha boa proba da seguridade que nos outorgan os sistemas libres sexa que o propio Comité para os Servizos Armados dos EE.UU. recomenda ao Departamento de Defensa dese país «considerar o uso de software aberto pola redución de custos e a seguridade do mesmo«. Outros bos exemplos poden ser as bolsas de valores ou a banca.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot:

«Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha viaxe arriscada e pode que non regrese con vida. Agárrate forte e disfruta da viaxe. Polo de agora, estou a chamar este proxecto OpenShot Video Editor!«

Nestas alturas de desenvolvemento este editor xa acada un alto nivel de usabilidade. Tamén inclúe varias funcionalidades dignas de editores maiores como:

  • Soporte a diversos formatos de video, audio e imaxe (baseado en FFmpeg)
  • Integración con Gnome (soporte de ‘arrastrar e soltar’ ou ‘drag and drop‘)
  • Múltiples pistas
  • Redimensionado, recortado, snapping
  • Transicións de video con previsualizacións en tempo real
  • etc.

Tes a túa disposición diversos paquetes preparados. Por exemplo, para unha CPU de 32 bits con Ubuntu 8.10 os pasos a dar serían:

  1. Descarga o paquete openshot.
  2. Descarga o paquete de dependencias e descomprímeo. No directorio que inclúe os paquetes deb fai: sudo dpkg -i openshot-*
  3. Logo instala á vez uns paquetes que has necesitar: sudo apt-get install libgoocanvas3 libgoocanvas-common python-pygoocanvas
  4. Por último, vaite a onde teñas o binario principal e instálao: sudo dpkg -i openshot.deb
  5. Tes a opción de instalar tamén paquetes para obter a interfaz traducida (castelán, portugués…).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Instalacións masivas automatizadas con SystemImager

Sei de SystemImager pola resposta que deu o amigo Óscar Casal nunha lista de correo. SystemImager é un programa que automatiza instalacións masivas de GNU/Linux, distribución de software e implantacións de produción.

Segundo a súa wiki, SystemImager fai máis doado a automatización de instalacións (clons), distribución de software, distribución de contidos ou datos, cambios de configuración e actualizacións do sistema operativo na túa rede de máquinas GNU/Linux. Até podes actualizar cara unha nova versión de GNU/Linux!

Tamén pode ser usado para garantir implantacións de produción segura. Ao gardar a imaxe actual dunha produción antes de actualizar cara a nova imaxe de produción, tamén tes con ilo un mecanismo de continxencia altamente confiable. Se o contorno da nova producción é errada, simplemente fas un roll-back cara a anterior imaxe cun sinxelo comando.

Algúns casos típicos de uso: granxas de servidores de Internet, granxas de servidores de base de datos, clusters de alto rendemento, laboratorios de informática e ambientes de escritorio corporativo.

Tes este artigo explicando como instalalo e mailos casos máis comúns.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Educación migrará plataforma de correo-e a SwL

O DOG nº 171 publica unha resolución do 24 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servizo de migración da plataforma de correo electrónico corporativo desta consellería a unha arquitectura baseada en software libre.

A dependencia que tramita o expediente é Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos e só hai dez días contados ata a data límite de presentación. O importe é 180.000 €.

Máis datos no DOG nº 171 do pasado martes 1 de setembro de 2009, páxina 14.241 e na páxina dos pregos relativos.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp